/CV ZALAETA PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO XUVENIL 2018

CV ZALAETA PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO XUVENIL 2018

Finaliza a competición no Barrio das Flores coa entrega de Trofeos aos participantes neste campionato despois da disputa da 2ª xornada.

  Esta tarde dirimíanse os postos do Campionato Galego do 2018 en duas finais, dirixidas polos colexiados Jesús Vázquez e José Luis Domínguez, a primeira enfrontaba aos equipos CONAVI Xuvenil Teis co CV Ribeira Sacra que se xogaban o 3º e 4º posto a partir das 17:00, e que finalizou cun resultado de 3-0 con parciais 25-17; 2517 e 25-20.

CONAVI XUVENIL TEIS: 1 Sabela Moreno, 8 Olalla Liz, 3 Natalia Marín, 4 Antía Martínez, 5 Amalia Marín, 6 Alicia González, 7 Carla Figueroa, 9 Alma Vázquez, 11 Pilar González, 12 Catalina Marín, 13 Sara Figueroa, 14 Lucía Montaña, 18 Aida Pérez e 16 Patricia Sánchez. Adestrador Rodolfo.

CV RIBEIRA SACRA: 1 Carolina Camiño, 4 Raquel Roedríguez, 6 Andrea Gil, 7 Zaira Castro, 8 Nerea González, 9 Sofía Pérez, 10 Eva Falcón, 12 María Rodríguez, 13 María López, 14 Lucía Rodríguez, 15 Arianna Martín, 16 Clara Bussieres, 17 Silvia Díaz e 18 Andrea López. Adestradores Verónica Contreras e Manuel Martínez.

  O partido comezou favorable ao Teis que se adiantou no marcador e foi cobrando diferenza aos poucos para facerse claramente co set e poñer o 1-0 no marcador.

  O segundo , parecido ao primeiro, coas do Xuvenil por diante finalizou co mesmo resultado, pero no 3º as de Monforte adiántanse desde o comezo e forzan unha remontada do rival que en ningún momento perdeu a calma.

 Cos mesmos puntos de ataque e practicamente os mesmos porcentaxes, o Teis aproveito a súa contención en erros e sumou todos os do adversario, 31 en total. Maior eficacia co saque das xogadoras de Rodolfo que fixeron 13 ACES, sorte na que superaron claramente ao Ribeira Sacra. Carolina Camiño do CV Ribeira Sacra foi a máxima anotadora do encontro con 14 puntos, seguida de Clara Bussieres con 7 puntos, 2 bloqueos. Polo Xuvenil Alma Vázquez con 11 puntos, 2 ACES máxima anotadora seguida de Carla Figueroa con 10, 3 ACES.

  A continuación celebrábase a final, unha final a priori sen sorpresas, na que se xogaban o título o Zalaeta da Coruña e o EMEVE de Lugo vixente campión.

CLUB INSITUTO ZALAETA VOLEIBOL: 1 Lidia Mareque, 2 Iria González, 3 María Pedreira, 4 Paula Rey, 5 Emma Ordoñez, 6 Alejandra Regos, 7 Laura Vázquez, 9 Lucía Alonso, 11 Sara Carpintero, 12 Jimena Fernández, 14 Lidia Gudge e 17 Antía Vallecas. Adestradores Tania Cobos e Cristina G. Bermejo.

H. V. OLGA ACEA EMEVE: 1 Sara Vázquez, 2 Julia Paradela, 3 Paula Lorenzo, 5 Laura Barandela, 6 Sofía García, 7 Carla Gómez, 8 Uxía López 9 Ainara Burgo, 11 Paula Reija 12 Aitana Fernández 15 Lucía Prol e 16 Carmen Saa. Adestrador José Valle.

  Un primeiro parcial de 4-0 no comezo do partido, marcou o devir do primeiro set, o Zalaeta foi sempre por diante en todos os parciais, 16-6 no 2º e con iso poñen o 1-0 no marcador.

  Gañar este set puido ser decisivo no partido, os dous seguintes foron parecidos, as do instituto son as que marcan o ritmo do xogo e en todos os parciais adiántanse, unicamente víronse na necesidade de remontar ao comezo do 2º no que as lucenses comezaron por diante pero reaccionaron pronto as de T. Cobos e non deron opción ao rival.

  Partido moi serio do Zalaeta, con seguridade e facendo valer o factor cancha e o inestimable apoio da afección para impoñerse ao EMEVE con claridade e facerse co título de Campioas Galegas.

  Con 44 puntos de ataque e unha porcentaxe do 45% de acerto superaron ás lucenses, 20 puntos e un 26% de acerto. Ao saque tamén estiveron moi ben, 13 ACES e superaron a porcentaxe de recepción do EMEVE, 56% por 26%. Á contra, cometeron máis erros 19 por 14.

  O Zalaeta mostrou o mellor ataque do campionato, cun 57% de acerto e 39 puntos ante o Xuvenil e a maior eficacia no saque con 15 ACES e 13 ACES ante o EMEVE. 83 puntos de ataque e 28 ACES. Emma Ordoñez foi a máxima anotadora do encontro con 16 puntos, seguida de Antía Vallecas con 13 puntos, Laura Vázquez con 11 puntos Lidia Gudge con 8, Jimena Fdez. con 7 e María Pedreira con 6.

  Antía Vallecas sitúase como a mellor sacadora do campionato con 13 ACES (7 e 6). No partido da final Lidia Gudge con 3 ACES, 1 bloqueo e 4 ataques obtén unha puntuación de 6,9 o que lle vale a designación de Mellor Xogadora do Campionato. Por parte do EMEVE, Lucía Prol con 14 puntos máxima anotadora seguida de Julia Paradela con 8.

Parabéns á xogadoras polo bo xogo despregado e o título de Campioas Galegas, felicidades ao club e secretaría técnica polo éxito logrado.

  Mostrar o agradecemento do organizador a todas as participantes e aos seus respectivos clubs pola súa deportividade e por brindarnos unha xornada deportiva de alto nivel competitivo.

  Temos que agradecer a presenza na entrega de trofeos do Presidente da Federación Galega de Voleibol, José A. Luna Bargo, de Pili Neira Concelleira do concello dá Coruña, Estrella Pérez Directora do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) e o Presidente do Club organizador Nico Santos

Para ver os videos dos partidos pincha aquí:  CONAVI XUVENIL TEIS  Vs  CV RIBEIRA SACRA

CLUB INSTITUTO ZALAETA VOLEIBOL  Vs  H.V. OLGA ACEÑA EMEVE