/FISIOMÁSZALAETA PERDE 3-1 NO DESPLAZAMENTO A SORIA

FISIOMÁSZALAETA PERDE 3-1 NO DESPLAZAMENTO A SORIA


  Nun encontro complicado para as coruñesas, o equipo soriano curta ao boa serie do Zalaeta ao impoñerse no encontro de onte sábado no Municipal de los Pajaritos.

  Ás 17:00 comezaba o encontro de SF2 no Municipal de Soria dirixido polo colexiado Carlos Portugal e finalizaba cun resultado de 3-1 con parciais:  25-23; 25-17; 23-25 e 25-10.

CAEP SORIA: Berta Alocen, Jimena Fernández,  Guadalupe Rosell, María Rodríguez, Aina Pons, Calíope García, Raquel Lázaro, Lucrecia Castellano, Margalida Piza, Sol Guidarelli, Lucía Ballvé e Antía Vallecas.
Adestrador Pascual Saurín.

FISIOMÁSZALAETA: Patri Santos, Lida Gudge, Emma Ordoñez, Paula Lema, Tere A. Oria, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
  Comeza o partido cun primeiro set moi igualado no que o Zalaeta só supera ao CAEP en recepción e ambos os equipos cometen o mesmo nº de erros, pero a eficacia do ataque soriano decide o set que se pecha cun axustado marcador.
 No segundo set, ambos os equipos melloran a súa porcentaxe de ataque, pero as coruñesas aumenta a súa nº de erros mentres o rival diminúe, o que marca a diferenza e Soria afástase no marcador. Agora, no terceiro,  esperábase a reacción das galegas, corrixen erros e superan en todo ao rival para gañar o set e ter a oportunidade de darlle a volta ao resultado, pero co 2-1, as xogadoras de Saurín non están dispostas a deixar que se lles escapen os puntos na súa cancha e no cuarto aceleran e non dan opción ao Zalaeta, ao que superan en todo  e logran a maior diferenza do partido para deixar os tres puntos nos Pajaritos.
  Alba Quirós de novo máxima anotadora do encontro con 21 puntos, 16 ataques, 4 bloqueos e 1 ACE seguida de Emma Ordoñez con 10 puntos de ataque. Por parte do CAEP, a monfortina Antía Vallecas  con 15 puntos seguida de Lucrecia Castellanos con 13, e a coruñesa Jimena Fdez. con 9 puntos 4 bloqueos.

Partido de altibaixos o xogado o sábado en Soria. Un inicio incerto de set privounos da opción de coller vantaxe na primeira manga do partido. Aínda que a distancia no marcador non era moita a favor da selección júnior, non eramos capaces de coller o ritmo necesario para poder plantar cara no partido, a pesar diso chegamos ao 20-20 no final do set, pero un par de fallos nosos en saque déronlles a vantaxe suficiente ás locais.
No segundo set CAEP mellorou o seu xogo e foi capaz de dominar o set desde o inicio e levou esta segunda manga sen complicacións. O terceiro foi moi parecido ao primeiro pero cunha melloría pola nosa banda no tramo final de set, aproveitando os seus baixons no xogo que  foron suficientes  para adxudicarnos o set.
No cuarto, un bo inicio de xogo que non se viu reflectido no marcador, foi unha laxa que non fomos capaces de superar, Soria fixo gala dos seus centímetros e dominounos en bloqueo neste set e a partir de aí empeorou o noso xogo. Isto fixo que xa non fósemos capaces de entrar no set.
Con este resultado a vitoria de Teis en Torrejón permítenos seguir fora do descenso unha xornada máis. A permanencia pasa na súa maior parte polo próximo fin de semana e os 2 encontros que restan na casa, polo que ao final será unha pelexa encarnizada ata a última xornada.

 
F. Cueto

 RESULTADOS LIGAS GALEGAS, XORNADA Nº 14

   1ª DIVISIÓN INFANTIL
CI ZALAETA  0  CALASANCIAS CORUÑA   3  (12-25; 13-25 e 15-25)

   1ª DIVISIÓN SENIOR
AUTOSCANCELA ZALAETA  1  AD XIRIA ASESORIA CERVANTES   3  (24-26; 19-25; 25-19 e 21-25)

  2ª DIVISIÓN CADETE
CI ZALAETA  3  VOLEIBOL MANIOTAS 0 (25-7; 25-9 e 25-10)

  1ª DIVISIÓN XUVENIL
AUTOS CANCELA ZALAETA 3  CALASANCIAS CORUÑA  1  (25-18; 25-20; 18-25 e 27-25)

ETIQUETAS: