/SF2: FISIOMASZALAETA 2 RGC COVADONGA 3

SF2: FISIOMASZALAETA 2 RGC COVADONGA 3

  O FisiomásZalaeta rabuña un punto ante o líder do Grupo A nun excelente partido no Barrio das Flores, despois de lograr o empate a dous sets nun encontro no que finalmente cedeu un 2-3 ao RGC Covadonga.
 


  Ás 19:00 comezaba o partido dirixido polos colexiados J. Olea e JC Liste, que tería unha duración de 01h 51m e que finalizou cun resultado de 2-3 con parciais 22-25; 26-24; 20-25; 25-17 e 6-15. 

FISIOMÁSZALAETAPatri Santos, Lida Gudje, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Laura Vázquez,  Noemí Vázquez, Tania cobos, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

RGC COVADONGAMiriam Diéguez, Cristina Álvarez, Cecilia González, Paula Sánchez, Marta Rodríguez, Gloria Santos, Andrea Lorenzana, Mariña Branco, Cristina Imargues, Thalia Estevez, Mª Teresa Martínez e María Martín.
Adestradores Saúl Pérez, Suarez e Castro.

  Bo partido o disputado onte no Barrio das Flores por parte de ambos os equipos, moi igualado no que as pupilas de Barrero confirman a súa recuperación a pesar de ceder no quinto set un partido que se decidiu no último momento.
  Comezaron as locais por baixo no marcador pero moi metidas no partido, no punto 9 adiantaban ás do Grupo, ata o terceiro parcial no que o rival logra unha renda de dous puntos que fai valer ao final do set para poñer o 0-1.
  No segundo set é inicialmente  Xixón quen domina o marcador, pero con escasas diferenzas ante un Zalaeta que non cede, a maior diferenza prodúcese cun 17-23 que parecía que deixaba claro o resultado, pero un excelente refacho do as do Instituto, cun parcial de 6-0 pon o empate no marcador a 23 e as locais convencidas das súas posibilidades apuran o final do set e empatan o partido superando claramente ao Covadonga.
  Chegamos ao terceiro no que o xogo do Zalaeta decae, baixa o ritmo de ataque e sufrimos os efectos do saque asturiano que fai 7 ACES no set para poñer o 1-2 no marcador e meternos no cuarto, no que de novo volverán verse as mellores prestacións das coruñesas, boa eficacia en ataque e en recepción, que unido aos poucos erros cometidos, soamente 5, danlles a vitoria no set e empatan o partido.
  O tie break comeza moi igualado, ata que no punto 6-6 o Zalaeta bloquéase e sofre un parcial que pon o marcador en 6-15, que lle dá a vitoria ao RGC Covadonga e supón unha repartición de puntos.
  Bo partido das de Barrero, para quen «estivemos faltos de continuidade en diversas fases do partido, un partido que podiamos ter a alcance da man, despregamos un bo xogo e demostramos que somos capaces de decidir en momentos difíciles ante un bo equipo como é o Grupo, aínda que hoxe posiblemente botase de menos a súa colocadora titular».
  Gran partido de Alba Quirós que liderou o ataque do equipo con nada menos que 27 puntos, 25 de ataque, cun 48% de eficacia, 1 bloqueo e 1 ACE que a converten na máxima realizadora do partido, seguida de Tania Cobos con 16 puntos de ataque, 38% de eficacia.
  Polo equipo asturiano, destacar a Miriam Diéguez con 26 puntos seguida de Cecilia González con 14. Este resultado deixa ao Grupo en segunda posición da táboa e ao Zalaeta sérvelle para seguir sumando para a importante xornada do próximo fin de semana no que se desprazará para enfrontarse a REDPISO CV Torrejón.

O partido en youtubehttps://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=youtu.be/es1hUnjdULk
                                                                   ………………………

Primeiro partido da segunda volta, tocábanos o campión da primeira volta, o Grupo Covadonga de Xixón. Viña o líder ao Barrio coa baixa da súa colocadora, algo que notou en gran parte o conxunto asturiano.
Empezamos o primeiro set cun estilo moi parecido ao da semana pasada contra Chamberí, un saque brando que lle permitía xogar ao Grupo por onde máis dano fai, as súas centrais, custounos este primeiro set adaptarnos ao seu xogo e ser capaces de facerlles fronte, aínda así estabamos a ter moi bos números en ataque con Alba e Tania moi acertadas na parcela ofensiva. O segundo set ía polo mesmo camiño que o primeiro, cunha máxima desvantaxe do set no punto 17-23 a favor das visitantes, con todo eramos capaces de obter un balón co saque para poder xogar en K2 e así foi, 7 balóns de contraataque e un bloqueo consecutivos deunos un set que tiñamos moi perdido.
A partir do terceiro soubemos sacarlles algo mellor e empezamos a conterlles os seus ataques de primeiros tempos, que tentaban de forma moi continuada mesmo con pelotas separadas da rede, o hándicap nesta fase do partido, foi non poder contraatacar eses balóns xa que nos obrigaba a pasar balón fácil ao campo contrario e elas volvían ter a oportunidade de tentar de novo primeiros tempos. O cuarto set foi o máis sinxelo pola nosa banda, logramos poñernos diante no primeiro terzo, o que unido a unha fase mala no seu xogo permitiunos escaparnos. O Grupo fallaba principalmente en ataque que é un dos seus puntos fortes e fixémonos co set con moita facilidade. O quinto set empezamos ben pero cometendo un dos erros máis frecuentes ao longo do partido, darlles o cambio co noso fallo de saque, un equipo que estaba a sufrir para recuperar o saque estabamos a darlle a vida con erros desde os 9 metros. 

Fernando Cueto.

 RESULTADOS LIGAS GALEGAS:


    1ª DIVISIÓN SENIOR
    AUTOS CANCELA ZALAETA  3   MAXI PEDROSO S. SADURNIÑO  0
                                         25-14; 25-11 e 25-19

                               youtube:  https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=youtu.be/BwimNEjb_zE  
  1ª DIVISIÓN INFANTIL
CI ZALAETA  3  RIBEIRA SACRA  3   (25-18; 2-25; 14-25 e 7-25).


  1ª DIVISIÓN XUVENIL
 AUTOS CANCELA ZALAETA  3  RIBEIRA SACRA  0  (25-12; 25-16 e25-9)

                                     
 2ª DIVISIÓN CADETE
CI ZALAETA  3  RIBEIRA SACRA  2   (25-22; 13-25; 13-25; 25-16 e 15-12)

ETIQUETAS: