/FISIOMÁSZALAETA 0 UNIVERSIDADE DE VALLADOLID 3

FISIOMÁSZALAETA 0 UNIVERSIDADE DE VALLADOLID 3

  Ás 19:00 comezaba no Barrio das Flores en encontro de SF2 correspondente á 9ª xornada, que dirixido polos colexiados  Aroa García e Alberto Suarez tivo unha duración de 01h 07m e finalizou cun resultado de 0-3, con parciais: 22-25; 19-25 e 16-25.

FISIOMÁSZALAETAPatri Santos, Lida Gudge, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Laura Vázquez, Tere A. Oria, Tania Cobos, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. 
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto. 
 
UNIVERSIDAD DE VALLADOLIDMaría Cobos, Sonia Martín, Aída Illerías, Elisa Galán, M. Vitoria López, Raquel Palma, Marita López, Anaís Álvarez de Granada, Patricia Barrio, Rebeca García e Jimena Tamayo.
Adestrador Alvaro Hernández. 

 Comeza o partido cun primeiro set de xogo moi igualado, ningún equipo déixase dominar e as diferenzas son moi escasas ata que se produce un empate a 17 puntos  a partir do cal sucesivos ataques do Valladolid marcan a diferenza e fanse cun set no que o Zaleta cometeu máis erros que o seu adversario.  O segundo é moi parecido ao anterior, domina o UVA coas locais a remolque con escasas diferenzas ata o punto 18 no que as do Instituto atáscanse e ceden unha vez máis ante a eficacia do ataque rival nos puntos finais.
Chegamos ao terceiro, podería ser a ocasión das coruñesas para remontar o partido, comézase ben, igualado pero sen adiantar no marcador ás xogadoras de Hernández e aos poucos pérdese forza e a partir do segundo parcial o UVA distánciase camiño da vitoria.
Unha vitoria que para as visitantes é importante, sérvelles para situarse na cabeza da táboa a un punto do Grupo Covadonga que tamén gañou o seu partido no desprazamento ás illas ante o Tenerife, mentres o Zalaeta continúa na mesma posición empatado co Xuvenil á espera do segundo derby autonómico da tempada que enfrontará a estes dous equipos na próxima xornada no Municipal de Teis.
  Alba Quirós con 16 puntos, 13 ataques e 3 ACES, máxima anotadora do encontro, seguida de Emma Ordoñez con 8 puntos. Por arte do UVA, Raquel Palma con 15 puntos máxima anotadora das valisoletanas.
  Demasiados erros cometeron as locais, 28 puntos de erro para o seu opoñente, dos cales 15 foron de saque, o cal lastra en demasía as posibilidades do equipo, sendo esta a clave do partido. En ataque obtívose unha porcentaxe aceptable do 32% con 31 puntos e en saque, pesar dos erros lográronse 7 ACES, e un 24% de acerto en recepción.


https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=youtu.be/62vi_I5DFx8


Novena xornada na que nos visitaba a Universidade de Valladolid, un equipo cun par de reforzos moi interesantes respecto da tempada anterior. A oposta do ano pasado pasa a ser a colocadora, co que gañan uns centímetros en bloqueo 2 que lles vén moi ben ao seu xogo e unha receptora que a pesar de non xogar estes últimos anos,  segue conservando a calidade que a levo a xogar en Superliga hai anos.
Un partido serio pola nosa banda, no que nos vimos superados pola contundencia en ataque de Valladolid, sobre todo polas ás, no primeiro set entramos moi centradas, de feito o xogo nos 2 primeiros sets estivo moito mellor desde o meu punto de vista que a semana pasada en Torrelavega, con mala recepción custábanos máis pechar ataques xa que os seus centrais movíanse ben na rede e iso dificultábanos moito pechar puntos, pero a cousa cambiaba con boa recepción xa que os bos números das nosas 2 mozas centrais facía dubidar ás súas para moverse na rede.
No segundo set conseguimos mitigar en gran parte o dano que nos facían co ataque, pasando dun 46% no primeiro set a un 37% da súa efectividade en ataque, o equipo valisoletano necesitou 10 ataques máis no segundo set para conseguir os mesmos puntos de ataque que no primeiro, dato que puidemos chegar a mellorar se conseguísemos algún dos puntos longos que se disputaron nesta segunda manga que caeron case na súa totalidade a favor do equipo Castelán. No terceiro set foi o único no que non demos un nivel parecido aos anteriores, a loita polo partido fíxosenos quizá algo longa e non conseguimos engancharnos ao set xa desde un principio. Persoalmente quédome coa parte positiva que foi o xogo e o cambio de táctica no segundo set, por contra unha vez máis os fallos en saque lastráronnos moito e non conseguimos a continuidade que nos permitise pelexar por puntuar. 



Fernando Cueto.

Resultados dos partidos de Liga Galega xogados onte:

  1ª DIVISIÓN INFANTIL
CI ZALAETA   0  EMEVE  3       18-25; 23-25 e 14-25.

  2ª DIVISIÓN CADETE
CI ZALAETA   3  FISIOTERAPIA CINESIA NOIA  1 

YouTube:    https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=youtu.be/EfqZFryn8K4

ETIQUETAS: