/FISIOMÁSZALAETA 1 FEEL VOLEY ALCOBENDAS 3

FISIOMÁSZALAETA 1 FEEL VOLEY ALCOBENDAS 3

Xogouse no Barrio da Flores o partido de SF2 correspondente á 7ª xornada entre o equipo local FisiomásZalaeta e o Feel Voley Alcobendas o sábado ás 19:00. Dirixido polos colexiados Sánchez e Liste tivo unha duración de 01h 35m e finalizou cun resultado de 1-3 con parciais: 20-25; 24-26; 26-24 e 22-25.

FISIOMÁSZALAETA: Patri Santos, Lidia Gudge, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Sara Díaz, Tere A. Oria, Tania Cobos, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.

FEEL VOLEY ALCOBENDAS: Adriana Alonso, Irene Cámara, Ana Corredoyra, Blanca Fenández Cuesta, Carolina Lería, Mar Calvo, Adriana Lería, Elsa Van Hulst, Celia Castillejos, Sofía Mansilla e Verónica Fernández.
Adestradora Paula Tirini.

  Partido moi igualado entre dous equipos que disputan a liga da metade da táboa para abaixo e no que se impuxo o cadro visitante cun marcador moi axustado.
  No primeiro set unha mellor recepción e maior eficacia no ataque das de Tirini facilitou o 0-1, para dar paso ao segundo no que as do Instituto adiántanse ao comezo do set e tratan de impoñerse, pero erros puntuais permitiron que o Alcobendas pechase o set ao seu favor. O terceiro foi o da reacción local, comezan outra vez adiantándose no marcador, controlaron os erros e con gran eficacia no saque, dominaron o final do set para poñer o 1-2 e ter opcións no partido. O cuarto, moi igualado desde o comezo, pequenas diferenzas para un ou outro equipo, 17 puntos de ataque para cada conxunto, a mellor media de ataque do partido, mellor ao saque Zalaeta e en bloqueo supéralle o Alcobendas, pero un parcial de 1-5 para as visitantes no último parcial, pecha o set e o partido ao seu favor.
  Bo partido por parte dos dous equipos, o Alcobendas superou ao Zalaeta en porcentaxe e puntos de ataque, 42-55 e tamén lixeiramente en bloqueo, 6-8.     Moi ben as locais ao saque, controlando os fallos lograron 12 Aces por 6 as madrileñas. O Zalaeta en conxunto non cometeu demasiados erros, pero non tiveron a temperanza necesaria para corrixir os fallos que lles permitisen remontar nos momentos craves de cada set e non foron capaces de pechar ao seu favor cando tiñan a ocasión. Falta de concentración e confianza.
Van Hulst con 21 puntos máxima anotadora do Alcobendas e do encontro seguida de Fenández Cuesta e Alonso con 14 cada unha. Por parte de Zalaeta, 18 puntos Alba seguida de Tania con 11 e Emma 10.
  Ausencia de Sheila e Sofía por motivos laborais, e a boa noticia é a incorporación e primeira convocatoria da tempada de Sara Díaz, a monfortina reaparece despois de superar unha complicada lesión que a mantivo apartada da cancha ano e medio. Esperamos que alcance o seu nivel para poder seguir contando coa súa inestimable achega ao equipo.

  
 Resultados das Ligas Galegas:

  1ª DIVISIÓN SENIOR
AD XIRIA ASESORIA CERVANTES  1    AUTOS CANCELA ZALAETA   3 
                            (25-13; 27-29; 13-25 e 9-25)

  1ª DIVISIÓN XUVENIL
CALASANCIAS CORUÑA  0    AUTOS CANCELA ZALAETA  3 
                                (14-25; 21-25 e 22-25)

  1ª DIVISIÓN INFANTIL
CV ZALAETA  3   XUVENIL TEIS  0    (25-19; 25-17 e 25-19)
CALASANCIAS CORUÑA  3  CV ZALAETA  0  (25-7; 25-15 e 25-20)

  2ª DIVISIÓN CADETE
CV MANIOTAS  0  CV ZALAETA  3    (12-25; 17-25 e 12-25)

 

ETIQUETAS: