/CUESTA PIEDRA SANTA CRUZ 3 FISIOMÁSZALAETA 2

CUESTA PIEDRA SANTA CRUZ 3 FISIOMÁSZALAETA 2

  As xogadoras do Instituto poñen contra as cordas ao Cuesta Piedra Santa Cruz e nun excelente partido puntúan no seu desprazamento ás Illa.
  Ás 17:00 hora local, comezaba o partido de SF2 correspondente á terceira xornada Grupo A, dirixido polo colexiado González Arencíbia que finalizou tras 02h 03m de xogo cun resultado de 3-2 con parciais: 23-25; 25-23; 28:30; 25-19 e 15-3.

CUESTA PIEDRA SANTA CRUZ: Dulce Gestoso, Marisa Fernández, Elena Santana, Wanda Banguero, Sofía Rizzetto, Irene Carazo, Alba Mendoza, Alicia Fernández, Lorena Martín, Sara González, Lara González e Sofía Tommino.
Adestrador, Alejandro Rodríguez.

FISIOMÁSZALAETA: Patri santos, Alba Quirós, Emma Lojo, Paula Lema, Teresa A. Oria, Tania Cobos, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez, e Noa Sánchez.
Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  Nun bo primeiro set as coruñesas impóñense as locais cometendo moi poucos erros, 3 en saque, e coa mellor eficacia en ataque do partido, cun acerto do 38% que supoñen 10 puntos e dan a sorpresa inicial ante un equipo que ten na eficacia da receptora Banguero a sua mellor arma. 
  No segundo set báixase a porcentaxe de ataque e coméntense máis erros e cédese o empate, para chegar ao terceiro, o set máis difícil do partido e no que se logra superar en ataque ao Cuesta Piedra e poñer o 1-2 no marcador nun final moi apertado.
  Non podían a insulares deixar escapar o encontro e no cuarto impóñense claramente ante un Zalaeta que comeza a dubidar e logran o empate para xogarse o partido no Tie Break, un quinto set no que as galegas desaparecen da cancha e ceden a maior diferenza do partido, 3-2 e reparto de puntos.
  Como cabía esperar, Wanda Banguero con 28 puntos e Marisa Fernández con 26 (7 Bloqueos), foron as máximas anotadoras do encontro. Por parte de Zalaeta, repartición na anotación, pero catro xogadoras alcanzan a barreira dos 10 puntos: Susana con 17, Tania con 15, Inés 13 e Alba 10.
  De novo unha porcentaxe de ataque por enriba do 30%, o 33% con 49 puntos dun total de 100, 44% de eficiencia en recepción e 13 puntos directos de saque, o mais destacable nas estatísticas.
  Unha vez máis a acertada dirección de Barrero logra formar unha escuadra na que o máis destacable é o sentimento de grupo e a implicación de todas as xogadoras no partido, realizando dous sets moi bos poñendo en serios apuros a un conxunto importante da categoría a domicilio, e nun comezo de tempada en plena rodaxe do equipo.
  Todo iso nunha xornada na que a sorprendente vitoria do Universidad de Valladolid que derrota a domicilio ao Madrid Chamberí,  o afiánza como líder do Grupo A seguido do Grupo Covadonga.

Terceira xornada desta tempada e un punto moi importante que sumamos.
Visitabamos un dos campos máis difíciles xa que nos enfrontabamos ao Cuesta Piedra, un equipo que o ano pasado buscou o ascenso sen fortuna e que este ano se reforzou para buscar ese obxectivo de novo. Ao contrario que nas 2 primeiras xornadas, entramos moi centradas no partido e este quizá foi o punto crave en poder rabuñar 1 punto no encontro. Un primeiro set no que cometemos moi poucos erros, sacamos moi ben e en contadas ocasións a colocadora do equipo tinerfeño tivo a pelota dentro de 3 metros en K1 para poder xogar, isto permitiunos xogar con moita comodidade e parar o seu xogo ofensivo a pesar de que o final de set foi apertado debido a unha boa serie de saque despois dunha rotación das locais .
No segundo set non empezamos igual de ben, quizá nos precipitamos un pouco nas saídas de recepción enviando numerosos balóns contra a rede en ataque, cando teriamos que xogar cun pouco máis de calma, a pesar de non empezar ben unha boa reacción no último terzo do partido permitiunos loitar ata o final. O terceiro set soubemos aproveitar moi ben as oportunidades que nos ofreceu unha desorde do equipo local ao principio de set, que  nos permitiu sacar vantaxe rapidamente, unha vantaxe que resultou crucial xa que a pesar de ter ido gañando de 7 puntos, as locais contaron con 2 pelotas de set, un set moi igualado que terminou cun erro de ataque dunha dos seus atacantes principais, Banguero.
No cuarto set, Tenerife realizou unha modificación, pasar á súa oposta ao centro, este cambio permitiulles pararnos o ataque e puntuar cunha mellor versión do seu ataque por 4. O quinto set foi un mal grolo pola nosa banda, en ningún momento fomos o equipo que pelexou durante as 2 horas anteriores na pista e non tivemos opción en ningún momento de levarnos o definitivo set.  



Fernando Cueto.

 Outros resultados, o equipo CV Zalaeta de Infantís de 1ª Div. Autonómica, tamén arrinca un punto do seu desprazamento a Cambados ao perder ante o equipo local por un axustado 3-2  con parciais: 18-25; 25-22; 10-25; 25-20 e 15-12. 

   En categoría cadete el partido de la primera jornada de 2ª Div Autonomica, VoleyOurense C V Zalaeta  0, 29-27; 26-24 y 25-8.

  1ª Div. Autounómica Senior, Caldaria VoleyOurenseAutos Cancela Zalaeta  1.

ETIQUETAS: