/FINAL DA PRETEMPORADA

FINAL DA PRETEMPORADA

 Despois dunha longa preparación, comezaron a mediados de agosto os adestramento, o pasado fin de semana concluíu a pretemporada coa disputa do Torneo Zalaeta no Barrio das Flores. Coa participación de catro equipos, todos eles militantes da SF2, dáse por concluída a posta a punto de cara ao inmediato comezo da competición.
Tere A. Oria, CV Zalaeta; Irene Yañez, EMEVE; Ania González, X. Teis; Alba Henández RGC Covadonga
   Xogáronse semifinais e finais, na rolda da mañá o primeiro enfrontamento foi coas lucenses do EMEVE, ás que se venceu por 3-0 nun partido disputado a pesar do que diga o marcador, logrando o pase á final que sería ante o Grupo que á súa vez derrotou ao Xuvenil por 3-1.
  Pola tarde o 3º e 4º posto xogárono o EMEVE e o Xuvenil Teis no que se impuxeron as lucenses cun resultado de 3-0 e parciais 25-16; 25-23 e 25-20.

Polo EMEVE xogaron: Yañez, Lorenzo, Villasante, Paradela, Fernández, Saa, Prol, González, Vázquez, Ojea e López. Adestradores F. Valle e Rodriguez.
 
Polo Xuvenil Teis xogaron: Larrán, gonzález, Araujo, Farabegoli, Figueroa, González, Martínez, Vázquez, Urrea e Pérez. Adestradores, C. Veloso e Hernández.
 

         Xuvenil Teis                                                      EMEVE             


  A continuación disputouse a final entre o equipo asturiano RGC Covadonga e o anfitrión CV Zalaeta, sendo un partido moi disputado no que ambos os equipos empregáronse a fondo e necesitaron cinco set para decidir o vencedor.
  O primeiro set levárono as de Barrero, ao límite, no que souberon finalizar e aguantar a presión dos puntos finais para impoñerse cun 28-26. Os dous seguinte foron para o Grupo claramente, e no cuarto set, seguramente o mellor do partido, impúxose o Zalaeta cun gran xogo logrando a maior diferenza do encontro e forzando o tie break.
  O quinto foi de novo, moi igualado, as visitantes parecían cobrar vantaxe na primeira parte para atopar unha maior resistencia na parte final, pero logrando impoñerse cun axustado 13-15.

  Cunha duración de 02h 02m o partido finalizou cun resultado de 2-3 con parciais 28-26; 22-25; 20-25; 25-12 e 13-15.

CV Zalaeta: Tere A. Oria, Sofía Hidalgo, Patri Santos, Alba Quirós, Enma Ordoñez, Paula Lema, Inés Rivas, Laura Vázquez, Tania Cobos, Elisa Álvarez, Andrea Rivas e Susana Suarez. Adestradores, J. Barrero e F. Cueto.
 
RGC Covadonga: Hernández, Rodríguez, Diéguez, Santos, Martín, Álvarez, Estévez, González, Martínez, Lorenzana e Sánchez. Adestradores, Pérez e Suarez. 
C V  Zalaeta                                                                   RGC Covadonga   
   Bo partido o disputado na final que pode ser un indicador do que nos espera esta tempada, un equipo ao que lle falta aínda moito percorrido con xogadoras novas que ás ordes do adestrador Jorge Barrero incorpóranse á categoría e que deron un bo nivel ante un conxunto como o asturiano, que a pesar de faltarlle ritmo de competición e ter algunha baixa, é dos equipos chamados a estar na parte alta da táboa.
  A destacar nas coruñesas a concentración e o saber dar a cara en todo momento aínda co marcador en contra, e como non, o bo ambiente e compenetración entre as xogadoras.
ETIQUETAS: