/RESULTADOS DO FIN DE SEMANA

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA

  Os resultados dos partidos do fin de semana foron os seguintes:
  O CV Zalaeta de infantís crúzase na fase final co VoleyOurense, co que xogou a primeira volta no Paco Paz o pasado sábado, nun partido que se saldou cun resultado favorable ás coruñesas de 1-3 con parciais 16-25; 14-25; 25-21 e 21-25.
  Bo partido das xogadoras de Cristina que agora xogaran o segundo partido na casa o próximo fin de semana, coa importante vantaxe da vitoria en Ourense para poder manter a categoría.
  Coa adestradora Cristina desprazáronse Claudia, Icia A., Sara, Lida, Paula, Alba, Alma, Iria, Icia D. e Andrea.  

 O equipo CV Zalaeta cadete medíase co Calasancias Coruña na Fase de Ascenso correspondente a 1ª Div, pero a sorte non foi favorable para o conxunto do Instituto, que neste primeiro enfrontamento cedeu un 0-3 con parciais 15-25; 16-25 e 14-25.
O partido de volta será na cancha de Calasancias, polo que a remontada será complicada para poder loitar polo ascenso de categoría.

ETIQUETAS: