/FINALIZA O CEXF 2016 DE ALCOBENDAS

FINALIZA O CEXF 2016 DE ALCOBENDAS

  O sábado continuamos xogando no mesmo escenario, no excelente complexo deportivo Municipal José Caballero de Alcobendas, no Pavillón Amaya Valdemoro.
   Despois da decepción do día anterior no que o triplo empate déixanos en terceira posición por diferenza de puntos, pasamos a loitar polos postos 21 ao 24 e en primeiro lugar cruzámonos co Xátiva Voleibol a partir das 13:00.
  Bo comezo de partido para as do CV Zaleta que se impoñen claramente no primeiro set, parecía que se encarrilaba o encontro desde o principio, pero de maneira inexplicable, o equipo  vénse abaixo cando o Xátiva reacciona no segundo set e adiántase no marcador, cobrando cada vez unha maior diferenza que resulta imposible remontar, cédese este set e tamén o seguinte para tratar de recuperar no cuarto, no que a melloría do xogo coruñés foi finalmente un espellismo e perde o partido cun resultado de 1-3 con parciais: 25-21; 15-25; 12-25 e 20-25.
  Finalizamos a competición esta tarde, enfrontámonos de novo ao Salesianos Guadalaxara ás 20:00. Equipo coñecido, xa lle gañabamos na primeira rolda e co pechamos a competición nun partido longo no que ao Zalaeta cústalle atoparse na cancha.

  Dous bos primeiros sets, o primeiro axustado, pero no segundo as do Instituto cobran unha diferenza substancial, fan pensar nunha rápida vitoria, pero non é así. As de Guadalaxara plántanse, queren xogar o partido, e as coruñesas afúndense, de novo aparece a cara escura do campionato e ceden dous sets seguidos cunha diferenza importante. Prodúcese o empate e imos ao quinto, as de Salesianos divírtense na pista, xogan as súas bazas, pero o CV Zalaeta quere despedirse cunha vitoria aínda que sexa no último momento e espertan para xogar o tie break no que comezan cun parcial de 5-0, 8-3 ao cambio de campo.   Non hai cor, o Zalaeta fai o seu xogo, o do comezo do partido, domina o marcador e finaliza gañando o set e o partido por 3-0 con parciais 25-23; 25-11; 15-; 14-25 e 15-7, deste xeito despedímonos do campionato cunha vitoria.

  Un campionato que finaliza o domingo cando se xogan as finais, que enfrontan ás 10:00, polo terceiro e cuarto posto ao IBSA CV CCO7 Las Palmas co SANCHO REEBOK VOLEY JUN de Granada que finaliza cun resultado de 0-3 favorable ás andaluzas con parciais 11-25; 19-25 e 22-25.
  Ás 12:00 comezaba a gran final, un clásico nestes campionatos, entre o equipo organizador PROFESSIONAL ANSWER ALCOBENDAS e o CVB BARÇA

  Gran partido o que presenciamos no Antela Parada de Alcobendas, como corresponde unha final, moi igualado a pesar do que diga o resultado, no que as catalás se impuxeron cun partido moi completo no que foron superiores ao rival en bloqueo e en xogo na rede apoiadas nunha gran defensa, o que lles valeu o título cun resultado de 0-3 con parciais de 22-25; 23-25 e 20-25.

PARA VER FOTOS DE JULIO VÁZQUEZ: VARIAS    CONTRA UCAM     TORRELAVEGA  
 XATIVA E GUADALAXARA

ETIQUETAS: