/SF2: FISIOMÁSZALAETA 1 CAEP SORIA 3

SF2: FISIOMÁSZALAETA 1 CAEP SORIA 3

    Non puido ser, non se puntuou nesta xornada no Barrio ante o CAEP.

  Partido correspondente á oitava xornada de Liga regular SF2, que se xogaba no Barrio das Flores, cun gran ambiente nas bancadas, a partir das 19:00 de hoxe sábado, e dirixido polos colexiados Folgar e Real, tiña unha duración de 01h 41m e finalizaba cun resultado de 1-3 con parciais. 22-25; 22-25, 25-22 e 15-25.

FISIOMÁSZALAETA:  Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Paula Castro, Andrea Rivas, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Rocío Durán, Susana Suarez e Noa Sánchez. Adestradores, Barrero, Sanchez Abruñedo e Cueto.

CAEP SORIA: Cristina Pérez, Anna Gima, Calíope García, Clara Barceló, Paola Martínez, Ana Escamilla, Paula Carpinteiro, Raquel Lázaro, Margalida Piza, Alejandra Olalla, Lucía Ballvé e Antía Vallecas. Adestradores, Serrato e Saenz.
  
  Presenciamos un bo partido, no que as xogadoras da permanente fixeron o que se esperaba delas, un xogo ordenado e de calidade, e con menos erros que o rival para levar a vitoria ante un cadro local que sempre foi por detrás no marcador e non confiou nas súas posibilidades.
  Un primeiro set no que o Zalaeta comeza cun parcial en contra de 1-5, marca o devir dun encontro no que ven abocadas a estar a remontar continuamente, e pesar de despregar un bo xogo son superadas no set, 0-1. No segundo tamén se ven forzadas as locais a loitar contra o marcador, as sorianas distáncianse e obrigan ao Zalaeta a remontar, e parecen que o logran, supéranse a elas mesmas e ao rival cun 22-20 pero iso foi todo, de novo ceden o set que lle aclara o camiño da vitoria ao CAEP.
  Chegamos ao terceiro, as coruñesas poñen máis interese, as diferenzas son menores e no terceiro parcial adiántanse e conseguen poñer o 1-2 no marcador.   Parece que estamos na liña adecuada pero o cuarto é totalmente das visitantes que non dan opción e impóñense claramente e vanse cos tres puntos.
  Para J. Barrero, «non fixemos un mal partido, realizamos un bo xogo en todo o encontro menos no cuarto, pero cometemos demasiados erros e imprecisións, máis que elas, faltounos garra e en ningún momento crémonos que lles podiamos gañar. As baixas habidas esta semana condicionáronnos e obrigaron a cambios tácticos de última hora que nos causaron dúbidas e non nos permitiron xogar ao nivel que o viñamos facendo».
  Menos erros que as coruñesas e unha boa actuación en bloqueo, deron ao CAEP a vitoria nun encontro en que superaron en todas as facetas ao FisiomásZalaeta, destacando Ana Escamilla, máxima anotadora do encontro con 18 puntos, 4 bloqueos, seguida de Paola Martínez con 15 puntos. Por parte do Zalaeta, Alba Quirós e Rocío Durán con 12 puntos seguidas de Andrea Rivas con 10 foron as máximas anotadoras.
  As baixas de Irene, Olalla e Sheila, foron clave nun partido no que se forzaron posicións non habituais de última hora que pasaron factura no rendemento do equipo.

……………………………………………………..

  Derrota ante CAEP Soria nun partido no que tivemos claramente as nosas opcións nos finais de set, pero que non soubemos pechar e materializar no luminoso. Tanto o primeiro como o segundo set, chegamos a ir no último tramo de 5 puntos por diante no marcador incluso remontando 8 puntos de desvantaxe no segundo set, pero fallos puntuais nosos neses momentos foron cruciais e déronlle a vitoria nos dous primeiros sets ás visitantes.     No terceiro set viuse unha pequena melloría no noso xogo, suficiente como para ir todo o set por diante no marcador e levarnos sen apuros o set. No cuarto set non fomos capaces de entrar no xogo rapidamente e escapáronse no marcador desde o principio as sorianas, pero nesta ocasión non houbo remontada pola nosa banda e foi o set que máis facilmente se adxudicaron.
 En resumo, foi un partido no que de conseguir imprimirlle un pouco máis o noso ritmo, conseguiríamos impoñernos en polo menos un dos dous primeiros sets e poderiamos ter puntuado.  

F. Cueto.

ETIQUETAS: