/FISIOMÁSZALAETA 3 UNIVERSIDAD DE VALLADOLID 1

FISIOMÁSZALAETA 3 UNIVERSIDAD DE VALLADOLID 1

  Importante vitoria do FisiomásZalaeta no Barrio das Flores ante o Universidad de Valladolid por 3-1.

   O sábado xogábase o partido de SF2 correspondente á 7ª Xornada no Barrio da Flores, que comezaba puntualmente ás 19:00 dirixido polo colexiado Pidal Otero, e que despois de 01h 35m finalizaba cun resultado de 3-1 con parciais 25-15; 25-21; 24-26 e 25-22.

FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Paula Castro, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Tania Cobps, Rocío Durán e Noa Sánchez.
Adestradores, J. Barrero, Sánchez Abruñedo e F. Cueto. 

UNIVERSIDAD DE VALLADOLID: Elena Rivera, Sonia Martín, Marta Olmedo, Paula Santamaría, Elisa Galán, M. Vitoria López, Ángela González, Sandra Palma, Raquel Palma, Marita López, Anaís Álvarez e Fátima Aguirre.
Adestradores, A. Hernández e J. González.

  O Zalaeta volve puntuar no Barrio, cancha talismán, nun momento no que os tres puntos eran necesarios para non quedar ancorado nos postos baixos da táboa. Despois dun refacho de catro partidos perdidos nos que o xogo desenvolvido facía concibir esperanzas, estas materializáronse ante o Valladolid, equipo que levaba un bo comezo de tempada con aspiracións a meterse na zona alta da táboa, esperanzas que se viron truncadas na súa visita a Coruña ante un equipo local que tivo un inicio irresistible, en 19 m. endosoulle un 25-15 que marcou o devir do encontro.
  As de Barrero non estaban dispostas a deixar escapar os puntos que necesitaban para aproximarse á zona tépeda da clasificación, e aínda que non lograron manter o ritmo inicial en todo o encontro, si mantiveron a presión sobre as vallisoletanas que no terceiro set lograron superar ao Zalaeta cun axustado marcador, pero que cederon no cuarto os tres puntos do partido.
  Os puntos de Raquel Palma, referencia ofensiva das do Universidad de Valladolid, foi o máis destacado das visitantes: 16 puntos, 14 de ataque, que ademais mantiveron a súa liña de cometer poucos erros, tan só 4 en saque ante 15 das locais.
  Por parte do FisiomásZalaeta, destacar os 22 puntos de Alba, 20 de ataque cun 40% de acerto. Séguenlle Cristina con 10 puntos , 3 Aces  e Andrea 10 puntos, 5 de bloqueo.
 …………………………………………………………………………………………………………

 Importante vitoria ante o Universidade de Valladolid,  que está a ser o equipo revelación deste curso. O partido presentouse moi serio desde o principio, un primeiro set onde non había intercambios de ataque nin xogadas longas, non por fallos, senón porque se acababan as xogadas na saída de K1 ó no primeiro K2. Un primeiro set, que se acabou rapidamente coa vitoria local, sempre por diante con clara vantaxe no marcador e dominando no xogo. O segundo set foi máis igualado, cun Valladolid máis centrado e que empezou a despregar as súas armas, aínda que  non era suficiente para as vallisoletanas, que sempre foron a remolque do equipo local. O terceiro set empezou de forma irregular pola nosa banda, custábanos máis a saída de K1, algo que sobre todo no primeiro set déranos a vida, o que se traducía tamén en menor ritmo desde a liña de saque, a pesar de todo chegamos a ter 2 pelotas para pechar 3-0 o marcador e levarnos aí xa os 3 puntos, pero aínda tivemos que ir ao cuarto set e sufrir un pouquiño xa que a pesar de ir todo o set por diante e cunha vantaxe de 5-6 puntos, chegado o 13-18 atascámonos e Valladolid empatou a 18 nunha fase de xogo non moi clara e con algunha acción polémica dos xuíces da contenda. Unha vez 18-18 o set foi distinto e palpábase a tensión, xa que non houbo vantaxe maior de 3 puntos desde entón a favor das locais.
  No que a estatística refírese, cun 34% de efectividade en ataque, este foi  un dos nosos mellores partidos da tempada neste aspecto e a única vez ata o momento que temos mellor dato en ataque que o rival, un Universidade de Valladolid caracterizado por regalar moi poucos puntos. 


F. Cueto.

 

ETIQUETAS: