/RESULTADOS LIGAS GALEGAS

RESULTADOS LIGAS GALEGAS

1ª Div Infantil

  Onte venres xogábase no Pavillón de Zalaeta o partido correspondente á 6ª xornada da liga de 1ª Div Infantil entre o equipo local CV Zalaeta e As Mariñas Oleiros, que dirixido pola colexiada Lago Rivas tivo unha duración de 02h 10m e finalizou cun resultado de 2-3 con parciais 20-25; 25-23; 19-25; 25-20 e 14-16.
 CV Zalaeta: Caludia, Marga, Alba, Paula, Laura, Lida, Íria, Lucía, Alma, Icía, Andrea e Icía. Adestradora Cristina.
 As Mariñas Oleiros: Sánchez, Vilariño, Pisos, Santabata, López, Castro, Collazo e Rodríguez. Adestrador Fernández.

  Bo partido o que xogaron ambos os equipos na cancha do Instituto, con alternancia no marcador que fixo as delicias de numeroso público que se citou nas bancadas para seguir un emocionante encontro.
  Adiantáronse as visitantes no primeiro set mostrando máis seguridade e menos erros, pero as de Cristina reaccionaron para empatar no segundo. Esa foi a tónica do partido, xogo moi parecido para chegar a un 2-2 que necesitaba dun tie break para decidir quen levaba os puntos.
  O quinto foi o máis emocionante, ningún equipo se distanciaba, se un cobraba unha diferenza, a reacción do rival non lle deixaba irse, a tensión trasládase ás bancadas, que animan sen parar ata que finalmente de forma axustada impóñense as de Oleiros cun marcador de 14-16.
  Bo xogo, con xogadas elaboradas en tres toques, boa organización nos dous bandos e moita continuidade. Mostraron bo nivel a estas alturas da tempada e aínda con capacidade de mellora.
  Para Cristina, «Foi un bo partido, longo, mais de dúas horas, indubidablemente cometéronse fallos pero tamén acertos e despregouse un bo xogo. O resultado foi o que menos me gustou, pero a actitude do equipo deixoume satisfeita». 
 


  Mañá domingo día 15, toca xogar fora. O resto de equipos do CV Zalaeta teñen despramento.
  Cadetes de 2ª Div e Xuvenís de 1ª Div visitaran a Pinguela de Monforte de Lemos para enfrentarse ao equipo local o CV Ribeira Sacra.
  O Autos Cancela Zalaeta de 1ª Div. Senior, viaxa a Carballo para disputar o encontro da 6ª xornada ante o AD Xiria Asesoría Cervantes.

ETIQUETAS: