www.facebook.com/juan.c.rios.5 |
Partido correspondente á cuarta xornada de SF2, que se xogaba no Municipal de Tenerife ás 18:00 horas na península, dirixido pola colexiada Noelia Navarro e que cunha duración de 01h 49m finalizou con vitoria local por 3-1, con parciais: 25-27; 25-21; 26-24 e 25-12. Adestradores, local Lolo Cabrera e visitante Jorge Barrero.
CUESTA PIEDRA TENERIFE: Mónica López, Dulce Gestoso, Wanda Banguero, Lorena Martín, Violeta Amoedo, Irene Carrazo, Mihaela Chavdarova, Alicia Fernández, Carlota Martorell, Isadora Cabrera, Carla Hernández e Mª Isabel Fernández.
FISIOMÁSZALAETA: Patrica Santos, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Irene Vázquez, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias e Tania Cobos.
Complicado presentábase o partido para as coruñesas, e complicado resultou tamén para as locais que se atoparon cun equipo que ía a por todas e comezou mandando no marcador nun primeiro set moi axustado no que as de Barrero remontaron na parte final para poñer o 0-1. Cederon o segundo, sempre por baixo no marcador, para rexurdir na parte final de terceiro set, probablemente o mellor das do Instituto, no que apertaron en busca do triunfo aínda que un par de fallos entregou o 2-1 ás canarias. No cuarto o Zalaeta acusou o cansazo e un parcial de 8-1 foi demasiado para superar e cederon a maior diferenza do encontro, 25-12.
«Seguramente este partido e o xogado a semana pasada en Torrelavega, dinos Jorge Barrero, puidesen ser a priori, os máis complicados do calendario por enfrontarnos a estes equipos e ser o comezo do campionato no que o rendemento aínda non é o óptimo. De todos os xeitos estou contento co xogo despregado e a actitude mostrada sobre todo neste desprazamento ao que viñemos cun nº de xogadoras reducido e con problemas de última hora. En ambos comezamos moi ben, concentradas e con decisión, dispostos a levarnos os puntos aínda que finalmente non se puido concretar, sen dúbida acusamos o desprazamento.»
Ao desprazamento dunha expedición reducida por diversas causa, sumóuselle a indisposición durante a viaxe da líbero Noa Sánchez, que non puido nin estar presente no banco, ausencia que houbo de suplirse con pundonor e esforzo por parte do resto de xogadoras.
A internacional Marisa Fernández con 23 puntos foi a máxima anotadora do encontro, seguida de W. Banguero con 22. Polas galegas, Alba Quirós con 17 e Andrea Rivas con 15 puntos foron as máximas anotadoras.
Bo xogo despregado, pero falta de puntos que deixa o equipo na parte baixa da táboa á espera da remontada que pode producirse a próxima xornada ante o EMEVE no Barrio das Flores.
……………………………………..
Resultados Ligas Galegas.
Cuarta xornada tamén a disputada nas Ligas Galegas que arroxan estes resultados para os equipos do CV Zalaeta que xogaron os seus partidos en casa, en tres categorías ante o CV San Martiño.
1ª Div Senior:
AUTOS CANCELA ZALAETA 3
DOMPA GESTIÓN 0 (25-22; 25-23 e 25-16)
DOMPA GESTIÓN 0 (25-22; 25-23 e 25-16)
1ª Div Xuvenil:
AUTOS CANCELA ZALAETA 3
DOMPA GESTIÓN 0 (25-9; 26-24 e 25-17)
DOMPA GESTIÓN 0 (25-9; 26-24 e 25-17)
2ª Div Cadete:
CV ZALAETA 3 DOMPA GESTIÓN
1 (25-16; 25-11; 15-25 e 25-23)
1 (25-16; 25-11; 15-25 e 25-23)