/RESULTADOS LIGAS GALEGAS 3ª XORNADA.

RESULTADOS LIGAS GALEGAS 3ª XORNADA.

Desprazamento a Noia do equipo infantil de 1ª Div Infantil que se salda con vitoria a domicilio.

  Primeira vitoria do equipo de Cristina G. Bermejo ante un rival directo, o Fisioterapia Cinesia Noia no Municipal  Alonso Rodríguez de Noia no partido correspondente á 3ª Xornada por 0-3 con parciais: 20-25; 20-25 e 22-25.
  Bo partido das do Instituto que mostraron o súa mellor cara no que vai de tempada e referendaron os bos momentos de xogo que se lles vía en partido anteriores, que lles serviu para impoñerse, non sen esforzo, nun partido moi axustado no seu primeiro encontro lonxe de Zalaeta.
  As claves dánolas a adestradora: «Fixeron un bo partido a pesar dos nervios iniciais ao disputar o primeiro partido fóra de casa, xogaron concentradas e fundamentalmente cometeron poucos erros».
  
  Polo CV Zalaeta desprazáronse: Alba Otero,
Alma Carballeira, Claudia Carreja, Eva Jáudenes, Icía Domínguez, Icía Álvarez,
Íria gonzález, Laura Alvedro, Lidia Mareque, Lucía Alonso, Marga Tábora y Paula
Torres.

 
 

  O resto de equipos desprazáronse a Pontevedra para xogar os seus respectivos compromisos cos equipos do CV Pontevedra.  

  Ás 17:30 comezaba o partido de 1ª Div Xuvenil entre o Autos Cancela Zalaeta e o Alianza Española de Seguros CVP, que dirixido por Natalia Díaz e cunha duración de 01h 35m , finalizou cun resultado de 2-3 con parciais: 25-15; 16-25; 23-25; 13-25 e 10-15. Partido a priori alcanzable para as do Instituto que finalmente deberon de resolver en tie break para facerse cos puntos en xogo non sen problema.
  Con este resultado o equipo de Tania mantense no grupo de cabeza á espera da seguinte xornada que xogará en casa. Foron convocadas as seguintes xogadoras: Raquel Rey, Paula Lema, Marina Albaiceta, Inés Rivas, Ana Calvo, Laura Vázquez, Ana Verao, Paula Rey, María Romero, Valentina Dorta, e Nerea Tabeayo.

  A continuación xogábase, entre os mesmos equipos o partido de 1ª Div Senior dirixido polos colexiados Díaz e Ferreiro tivo unha duración de 01h e finalizou cun 3-0 con parciais 25-14; 25-10 e 25-19.
  O equipo local impúxose claramente ás coruñesas e solucionou en tres rápidos sets o compromiso deixando os puntos en xogo en Pontevedra.
  Polo Autos Cancela Zalaeta xogaron: Amarelle, Lema, X. Rivas, R. Rey, I. Rivas, Calvo, Vázquez, Verao, Romreo,Dorta, Tabeayo e P. Rey.

 




ETIQUETAS: