/INICIO DE LIGA DO FISIOMÁSZALAETA

INICIO DE LIGA DO FISIOMÁSZALAETA

  Segunda xornada de liga e estrea na competición e debú na casa do FisiomásZalaeta con vitoria ante o Planeta Palombina La Curtidora de Avilés por 3-1.

  Á hora prevista comezaba o encontro no Barrio das Flores dirixido polo colexiado Cordeiro Fervenza e finalizou despois de 01h 30m cun resultado de 3-1, con parciais, 25-22; 14-25; 25-16 e 25-14. Adestradores, local Jorge Barrero e Fernando Cueto e visitante, Daniel Berrio e David González.

FISIOMÁSZALAETA: Patri Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Paula Castro, Irene Vázquez, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Rocío Durán, Susana Suarez e Noa Sánchez.

PLANETA PALOMBINA LA CURTIDORA: Ana Mª Sánchez, Patricia Franco, Claudia Rodríguez, Sara Arias,  Clara Tomei, Gloria Santos, Alba Fernández, Carla Piélagos, Ángela Molina, Daniela Cortés, Cristina Imargues e Aroa Rodríguez.

 Primeira vitoria en liga ante o conxunto de Avilés, rival de referencia, que aposta pola canteira e presenta un equipo novo arroupado por algunha veterana como Imargues, e que a priori haberá de moverse na clasificación ao nivel do Zalaeta. Polo tanto vitoria importante para comezar con bo pé e puntuando en casa, conservando a imbatibilidade no Barrio que tan bos resultados ofreceu a tempada pasada.
  Entraron ben no partido a pupilas de J. Barrero, un primeiro parcial de 8-5 permitiulles ir por diante todo o set para poñer o 1-0. Pero o segundo foi o da reacción das rivais, que se marcaron un parcial de 10-1, ante a apatía das coruñesas, e puxeron o empate no marcador, 1-1. Ata aquí, a reacción visitante, pois o terceiro e cuarto foron do FisiomásZalaeta que dominou claramente o partido e impúxose indo de menos a máis en cada set sen dar opcións logrando cómodas diferenzas de puntos.
  De 130 ataques 42 resultaron punto, unha porcentaxe non moi alta, poucos erros e acerto no saque por parte das locais, que teñen o Alba Quirós a súa máxima anotadora con 22 puntos,  3 de bloqueo, seguida de Chey e Andrea con 8 puntos. Por parte de La Curtidora, destacar a actuación de Cristina Imargues, máxima anotadora do encontro,  con 23 puntos, 3 de bloqueo seguida de Patricia Franco con 14 puntos.
  Queda mencionar o debú da xuvenil Paula Castro no seu primeiro partido oficial de competición na categoría SF2.

   Primeiro partido da SF2 desta tempada que comezamos con bo pé. Rival directo ao que nos enfrontabamos hoxe no que a obxectivos deportivos refírese, un partido ao que quizá as xogadoras acudían con certas dubidas, pero que serviu para reforzarlles a moral e afianzalas na liña de traballo a seguir durante o curso. Desa serie de dúbidas que podían carrexar, nacen certas imprecisións, que a pesar de liquidar con vitoria o encontro, fixeron que o resultado non fose máis avultado. 
  No primeiro set desde o banco paseino francamente mal, un encontro no que ías por arriba e non sabías porque, xa que estaba falto de ritmo,  pero que afortunadamente caeu do noso lado, aquí naceu a clave do encontro que nos permite pasar o desfalecemento que sufrimos durante o segundo set. Empezamos cun parcial moi avultado en contra, 0-8 e non fomos capaces de darlles caza no marcador, a pesar de que en certos momentos do set parecía que arrincabamos, pero non foi así. Logo, terceiro e cuarto set, ambos moi parecidos, dominanos claramente de principio a fin.  
  Eses tipos sets ao longo da tempada deberemos ilos solucionando con máis solvencia, eliminando certas imprecisións en recuperacións de balóns fáciles que nos dá o equipo rival e en balóns de primeiro toque que quedan na rede. Destacar tamén o debut de Paula Castro connosco en SF2 e quédome coa esperanza de que esta vitoria axude a traballar máis e mellor nesta liga que vai ser moi moi competida. 


F. Cueto.

ETIQUETAS: