/RESULTADOS DA DERRADEIRA XORNADA DE LIGA

RESULTADOS DA DERRADEIRA XORNADA DE LIGA

VER + FOTOS

  O partido correspondente á xornada n.º 21 que pecha a Liga Galega Xuvenil, enfronta ao EMEVE co Autos Cancela Zalaeta, comeza ás 12:30 na Casa Do Deporte de Lugo dirixido polos colexiados J. Bouza e M. Fernández, e
cunha duración de 01 h 55 m finalizou cun resultado de 3-2 con
parciais. 18-25; 28-26; 9-25; 25-17 y 15-7. Adestradores, local J. Valle e visitante D. Hermida.

EMEVE: Folgueira, Mourelos, Rodríguez, Olalla, Martínez, Araujo, Rodríguez V., Prol, Fernández, Saa, Lorenzo e Barrasa.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Andrea Rivas, Paula Lema, Susana Suarez, Inés Rivas, Raquel Rey, Alba Quirós, Lydia ALonso, Nerea Tabeayo, Ana Calvo, Noemí Vázquez e Lidia Gudge.

  Longo e intenso partido o que nos ofreceron ambos os dous equipos, no que o Zalaeta
comezou realizando un bo primeiro set dominando o marcador. Un parcial
inicial de 0-5 marca o devir dun set no que as xogadoras de Hermida
comenten moi poucos erros e cun bo ataque dobregan o equipo lucense que
non se encontra a gusto e dispón de poucos argumentos para remontar. O
segundo set é parecido ao primeiro, as coruñesas adiántanse mantendo
unha curta pero substancial vantaxe de 2-3 puntos, parece que controlan o
xogo, pero o EMEVE non se dá por vencido
en ningún momento, prodúcense cambios, móvese o banco en busca dun
revulsivo e cando podería finalizar o set do lado visitante, as pupilas
de Valle neutralizan o xogo do rival e
remontan un 21-24 para finalizar 28-26. Prodúcese o empate no momento
clave, cando parecía estar todo a favor do Zalaeta
para levarse os puntos en xogo, as locais toman aire pero no seguinte
set caen de novo ante mellor xogo das coruñesas que se cobran a maior
diferenza do partido. 
 Parecía que estaba encarrilado pero no cuarto de
novo as lucenses toman o mando e empatan forzando o tie-break, e no quinto adiántanse dende o comezo e cun 15-7 pechan claramente o partido ao seu favor: 3-2.
  Finaliza a liga co VoleyOurense en primeira posición, o EMEVE en 2ª posición adianta ao Zalaeta que queda no terceiro posto e Teis en cuarto lugar.

………………………………………………………………………………………………………………………………………….

  O equipo de infantil de Liga Galega tivo un activo fin de semana, o venres se desprazou para xogar ante o EMEVE no Municipal de Lugo, ao que se impuxo por 2-3 nun bo partido das pupilas de Cristina
que mostraron a súa mellor cara neste final de tempada. Aguantaron e
remontaron moi ben un partido complicado a 5 sets. Os parciais foron:
24-26; 25-11; 21-25; 25-17 y 13-15.
  Desprazáronse as seguintes xogadoras: Claudia, Lucía, Paula, Inés, Íria, Noelia, Ainhoa e Eva.
  O sábado viaxábase a Noia para xogar ás 16:00 co Fisioterapia Cinesia Noia. O equipo do Instituto non se encontrou como o día anterior e perdeu por un 3-0 con parciais 25-14; 25-16 y 25-19.
 Con
este resultado finaliza a liga en 10ª posición con 7 vitorias, despois
de realizar unha competición en progresión, alcanzando o seu mellor
nivel nos últimos partidos, mostra do traballo realizado ao longo dos
adestramentos de toda a tempada.

……………………………………………………………………………………………………………………………………………..

VER + FOTOS

  Último partido de liga de 2ª Div A disputado esta mañá en Lugo ante o EMEVE, que dirixido polos colexiados FL Barrallo e J Yañez
tivo unha duración de 01 h 50 m e finalizou cun resultado de 2-3 con
parciais: 22-25; 24-26; 25-18; 25-22 y 9-15. Adestradores, local Rodriguez e Valle e visitante D. Hermida.

EMEVE: Cortegoso, Mourelos, Barrasa, Lorenzo, Yañez, Rodríguez M., Rodríguez C., Rodríguez I., Rodríguez MU. e Araujo.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Sara R. Amarelle, Paula Lema, Noemí Giudice, Inés Rivas, Ana Calvo, Nerea Tabeayo e Lidia Gudge.

  Un final de Liga que deixa ao VoleyOurense Campión de Liga despois dunha temporada moi regular, e con este campionato destacar que fai doblete ao gañar tamén en Xuvenís. CVP Pontevedra en segundo lugar e Zalaeta 3º.
 

 

.. Dobre desprazamento a Lugo na última xornada de liga.
  O partido de xuvenís adiantábase ao sábado para poder contar con Susana, xa que partía de viaxe pola tarde.
  Sen
nada que xogarnos, en canto á clasificación debido ao formato escollido pola FGVB  este ano para o campionato galego. O partido contra Emeve
tiña para nós un obxectivo completamente distinto. Na primeira volta,
cando había moito en xogo, dada a importancia de quedar primeiros
da liga regular (antes de que cambiase o regulamento), o partido na casa viviuse cunha intensidade moito maior. Alí conseguírase unha traballada vitoria ante un Emeve que presentaba a importante baixa da súa colocadora titular.
  Non obstante para este partido, non só contaba con toda o seu equipo habitual, ademais incorporaba dúas xogadoras (Alejandra e Olalla)
provenientes da concentración permanente coas que disputará o
campionato galego. Estás dúas xogadoras, sumadas ao equipo habitual do
equipo que vén de disputar a SFV, fan deste equipo un
claro candidato a loitar por todos os campionatos nos que participe.
  É
por iso que o noso obxectivo era sinxelo: saber se somos capaces de
competir contra un equipo deste nivel e continuar coa preparación do
campionato galego xuvenil. Hai que recordar que levamos soamente dúas
semanas realizando adestramentos conxuntos, unha vez finalizada a
tempada en SF2. Nestas tempo viñéronse traballando
aspectos que ata agora o equipo non puidera realizar ao ter 3 xogadoras
no primeiro equipo e ser esa a súa prioridade.

     Por iso este partido podíanos servir de moito.
  
O resultado 3:2 parecería
indicar unha grande igualdade entre ambos os dous equipos, non obstante
as conclusións para a min son variadas. No primeiro set, cos dous
equipos supostamente titulares en cancha, levamos en todo momento a
iniciativa. Tanto no xogo coma no marcador. Un saque ben traballado e
unha recepción confiada e segura permitíanos puntuar con facilidade e
forzar numerosos erros no ataque contrario. Isto fixo que nos levaremos o
set e a sensación de que eramos competitivas. O mal inicio do segundo
motivou ter que pedir un tempo morto ante o primeiro parcial en contra
1-5. As dúbidas en recepción xurdían e o que estabamos a facer ben no
set anterior, deixabamos de facelo ao principio deste. Non obstante
fomos capaces de darlle a volta e volver apertar o rival que se vía
obrigado a ter que buscar alternativas no banco xa que, a pesar dun baixón noso cara a metade de set que nos obrigou a pedir outro tempo
morto, chegamos ao final de set con vantaxe de dous puntos e balón para
pechar o set e poñernos 2:0. Desafortunadamente dous erros non forzados
pola nosa parte e non dispoñer de ningún tempo morto para romper o ritmo
do rival  posibilitaban que o equipo lucense
conseguise un set que tiña perdido.
  A partir de aí entramos nunha fase de irregularidade que fixo que nos levásemos o 3 set con moita facilidade ante un Emeve
que seguía tirando de banco ante os erros dos seus titulares e no 4 con
algo máis de igualdade e cunha melloría das lucenses na colocación e o
saque se producía o empate a 2 que levaba ao partido á sorte do 5º.
  Aquí
o equipo local empezou novamente con moita agresividade no saque e no
armado do ataque. Cunha renda de 5 puntos de inicio é moi cómodo
afrontar un set tan curto. Aínda que o equipo non se rendeu ata o último
punto, a confianza xa era a do inicio e nada se puido facer para evitar
a derrota.
  Varias lecturas para un só
partido: sensación de que se pode aspirar a todo. Sensación de que se
ten que madurar ante as situacións difíciles xa que calquera equipo nos
pode poñer en problemas, pois os fallos que cometemos son situacións
moitas veces non forzadas. E sobre todo, que o único segredo para lograr
o obxectivo é o esforzo, o traballo e o compromiso que se logre de aquí
ao 18 de Abril. Somos un equipo que empezou a súa tempada hai dúas
semanas e que ten pouco tempo para logralo.

   É dicir UN RETO.
  O equipo de 2ª Div
desprazábase baixo mínimos de xogadoras por diferentes ausencias. En
total desprazamos 8 efectivos para afrontar un partido no que tampouco
nos xogabamos nada para efectos clasificatorios unha vez asegurada a
terceira praza a gran distancia da cuarta e sen posibilidade de acceder á
segunda.
  Por iso mesmo o partido empezou con sen moita tensión. O Emeve
formaba o seis titular cun combinado de xogadoras novas e veteranas que
posibilitou que o primeiro set tivésemos controlado o marcador en todo
momento 22-25. No segundo a diferenza era maior ao noso favor ata que
entramos nunha focha de xogo facía o final do mesmo e que case nos custa
o empate., nun final apertado impuxémonos 24-26. Non obstante Emeve mellorou nos dous seguintes e pola nosa banda o cambio de posto de varias xogadoras propiciou que o partido se fose ao quinto.
  Seriedade  e bo xogo propiciou que nos llevasemos a vitoria final.
  Con este partido conclúe a liga de 2ª Div A e con ela a competición para as xogadoras sénior do grupo ( Sara Amarelle, Ana Fraga, Romina Riveiro e Noemi Giudice).
Tanto elas coma as sénior que viñeron adestrando sen ter ficha (
Cristal e Gemma) esperamos que poidan seguir formando parte do grupo e
aínda que agora nos centremos soamente no equipo xuvenil sigan axudando.
  Destacar que posiblemente fose o último partido oficial co club de Noemí Giudice, xogadora italiana que está na nosa cidade facendo un erasmus. Noemí formou parte do noso grupo dende que chegou a Coruña,
xa en pretempada. Dende aquí gustaríame agradecer o seu compromiso co
equipo e malia ter algún problema físico en forma de lesión, sempre
estivo disposta a botar unha man coma se levase no club toda a súa vida.
Aínda lle quedan uns cantos meses na nosa cidade, pero cando teña que
volver a Italia seguramente botarémola de menos. 
Grazas por todo Noe!!
David Hermida. 

ETIQUETAS: