/FISIOMÁSZALAETA, IMBATIDO NO BARRIO DAS FLORES.

FISIOMÁSZALAETA, IMBATIDO NO BARRIO DAS FLORES.

  Victoria do FisiomásZalaeta no derby de SF2 celebrado esta tarde no Barrio das Flores ante o Secreto Galaico xuvenil Teis por 3-1.

  Ás 19:00 comezaba o encontro, dirixido polos colexiados P.Pidal e JR Baña, que cunha duración de 01 h 26 m, finalizou cun resultado de 3-1 con parciais: 25-12; 21-25; 25-6 y 25-11. Adestradores, local J. Barreiro e JM Sánchez e visitante P. Miranda.

FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Irene Vázquez, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Tania cobos, Lydia Alonso, Rocío Durán e Noa Sánchez.

SEGREDO GALAICO XUVENIL TEIS: Lucía currás, Lorena Cruz, Alejandra Simón, Carolina Sabido, Rosana Conde, Natalia Fernández, Rebeca Hernández, Cristina Vázquez, Ania González, Xulia Larrán e Sofía Verez-Fraguela.

  Tres puntos suma o FisiomásZalaeta
no último partido de liga que xoga na casa, no Barrio das Flores,
convertido no seu feudo esta tempada, no que non houbo equipo capaz de
puntuar.
  Xogábase o derby galego da categoría, o que facía dificil o prognóstico, «esperamos un partido duro, complicado, dicíanos Jorge Barrero ao comezo do encontro, Teis recupera xogadoras e sempre pode ser un rival difícil«. E case foi así, o partido tivo dúas partes, no primeiro set o Zalaeta
saíu con intención de non se deixar sorprender e adiantouse no
marcador, e cun primeiro parcial de 8-2, converteuse en tarefa imposible
remontar para as de Teis. 1-0, pero as xogadoras de Miranda
querían disputar o partido e o segundo set foi o seu mellor parcial,
mantivéronse por diante con escasas diferenzas que non lograban aumentar, pero finalmente as viguesas souberon pechar o set ao
seu favor. A partir deste momento, o Xuvenil afrouxa e non é capaz de superar o bloqueo do Zalaeta (15 puntos de bloqueo) e a eficacia no ataque local decide os dous seguintes sets e con iso o partido.
  Moi bo partido e completo o xogado por Tania que con 18 puntos se converte na máxima artilleira do encontro (3 ACES e 1 bloqueo). Séguena Irene e Rocío con 14; Cristina (4 ACES e 2 Bloqueos) e Lydia (6 bloqueos) con 10 puntos. Por parte do Xuvenil, Alejandra Simón con 15 puntos foi a súa máxima anotadora.
  Finaliza a Liga na casa para o FisiomásZalaeta que realizou un grande campaña situándose en terceira posición da táboa do Grupo A,
e conseguindo un pleno de puntos na casa, onde convertendo o Barrio nun
fortín, fixo 27 puntos de 27 posibles sen permitir que ningún rival
fose capaz de puntuar na Coruña.

  Parabéns!!

  Último partido na casa desta
tempada 14-15, un partido no que a motivación de poder conseguir un
pleno de puntos e vitorias na casa contaxiara as xogadoras toda a
semana, animando moito máis os adestramentos. Achegábase un partido no
que nos iamos enfrontar a un equipo que viña con todas as súas xogadoras
dispoñibles, incluíndo a Alejandra Simón, internacional de voleibol praia, e no que nós seguimos coas baixas de Sara e Alba.
  Os
sets que gañamos onte creo que foron dos sets máis ordenados e serios
que realizamos durante a tempada, xogamos ben dende o punto 1 dende o
inicio e iso se reflicte no marcador, onde nestes tres sets chegamos ao
punto 8 polo menos cunha gran vantaxe, 8-2, 8-2 e 8-4. Esta orde
empezaba dende o saque, aínda que tivemos partidos moito mellores en
canto a números en saque, este premio viuse recompensado no bloqueo, xa
que obrigabamos a xogar á colocadora de Teis
co ataque que nos interesaba, montando con facilidade o bloqueo,
chegando así á chilindrada de 15 puntos de bloqueo, o noso mellor
rexistro en toda a tempada. En canto ao ataque é o primeiro partido da
tempada que as 3 xogadoras de punta, Rocío, Tania e Irene, acaban as tres con máis puntos que as centrais, que viña sendo o noso talón de Aquiles.
En definitiva, quitando o segundo set que entramos con máis velocidade
da necesaria, callamos un partido tranquilo pero no que soubemos xogar
correctamente contra as debilidades do rival. Agora esperamos pechar a
tempada como se merece na difícil cancha de Gijón.
 
Resumo de F. Cueto.
…………………………………………………………………………………………………

  Aproveitouse o desprazamento do Xuvenil de Teis a Coruña para xogar o mesmo día outros partidos de Liga Galega. Así o sábado pola mañá se xogaba o o Pavillón de Zalaeta o partido de xuvenís correspondente á xornada n.º 19, que dirixido polos colexiados Natalia Díaz e A. Suarez,
e cunha duración de 01 h 36 m, finalizaba cun resultado de 3-1 con
parciais: 25-18; 23-25; 25-16 y 25-21. Adestradores, local D. Hermida e visitante R. Hernández.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Susana Suarez, Paula Lema, Nerea Tabeayo, Noemí Vázquez, Ana Calvo, Raquel Rey, Lidia Gudge e Claudia Carreja.

IBERICAR TURBOTRACCIÓN XUVENIL TEIS
: Araújo, Rodríguez, Verez-Fraguela, Lois, Larrán, Liz, Figueroa, González, Dorribo, Moreno e Vázquez.

………………………………………………………………………………………………………………………………………………

  A continuación tamén xornada n.º 19 para a 2ª Div A que enfrontaba aos mesmos equipos. Dirixido polos colexiados Díaz e Suarez e cunha duración de 01 h 22 m, o partido finalizou cun resultado de 3-1 con parciais: 20-25; 25-10; 25-19 y 25-14.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Sara, Paula, Susana, Nerea, Noemí, Ana C., Raquel, Inés e Lidia G.

IBERICAR TURBOTRACCIÓN XUVENIL TEIS: Varela, Araújo, Martínez, Clemente, Silva, Rodríguez, Larrán, Lois e Verez-Fraguela.

 ……………………………………………………………………………………………………

   Para finalizar esta xornada, o equipo infantil recibe no Barrio das Flores ao Manuela Rial Mouzo, pola tarde a partir da 16:00 e como previo ao partido de SF2 en encontro correspondente á xornada n.º 19, que dirixido por JR Baña tivo unha duración de 52 m e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-18; 25-8 y 25-16. adestradores, local Cristina e visitante Larrañaga.

C.I ZALAETA: Claudia, Noelia, Ainhoa, Eva, Iria, Paula, Inés, Lucía e Alma.

MANUELA RIAL MOUZO: Ayala, Barreiro, Martínez, Gómez, Rei e Ríos.

………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

  O equipo Cadete C. I. Zalaeta A de Liga Zonal Grupo A, clasificouse para xogar a seguinte fase, na que competirá nunha liga a dobre volta no Grupo E, onde se enfrontará a EMEVE, Fisio Che Ben S. Sadurniño e Narón Volea.
  A primeira xornada celébrase hoxe domingo en San Sadurniño.
  Mais información.
 

ETIQUETAS: