/SF2: NOVA VITORIA DO FISIOMASZALALETA

SF2: NOVA VITORIA DO FISIOMASZALALETA

    SF2

    Vitoria do FisiomásZalaeta no Barrio das Flores que sirve para seguir sumando de tres en tres.

VER + FOTOS

  Hoxe xogábase a xornada n.º 15 de SF2, na que se enfrontaban o FisiomásZalaeta e o Feel Volley Alcobendas en partido que comezaba ás 19:00 no Barrio das Flores dirixido polos colexiados Carlos A. Cordeiro e Duarte Borrás, e que finalizou cun resultado de 3-0 con parciais 25-21; 25-21 y 25-18. Adestradores, local Jorge Barrero e Sánchez Abruñedo e visitante Paula Tirini e Sánchez Terrón.

  FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Tere Álvarez, Tania Cobos, Lydia Alonso, Rocío Durán e Noa Sánchez.

  FEEL VOLLEY ALCOBENDAS: Andrea de Aranzadi, Ana Corredoyra, Blanca Fdez. Cuesta, Blanca Liseras, Carolina Lería, Mar Calvo, Elsa Van Hulst, Sacha Byous e Kristina Lavrisha.

  Partido de trámite para o
equipo local que se encontrou cun rival que non estivo á altura do
partido de ida, que se presentou sen a súa colocadora habitual, a
veterana Mayra Vázquez, e que quizais puido acusar a súa ausencia.
  Un Zalaeta
que non estivo ao nivel doutros partidos, fixo o xusto para gañar,
adaptouse ao nivel de contrario e non se deixou dominar, finalizando con
autoridade os sets ao seu favor.
  Os tres sets foron parecidos, as locais adiántanse no marcador, só pasan a puros no segundo, sen permitir que o Feel Volley se lles achegue finalizan claramente logrando unha merecida vitoria.
  Ben en ataque, as xogadoras de Barrero executaron moi ben o saque, no que obtiveron 11 puntos directos, tendo en Alba Quirós a súa máxima anotadora con 13 puntos, 12 de ataque cun 43% de eficacia, seguida de Cristina con 9 puntos e Lydia e Chey con 7 cada unha, Chey 3 aces. Por parte de Alcobendas, Elsa Van Hulst foi a súa máxima anotadora con 13 puntos.
  Próximo partido, visita a Aviles para xogar con La Curtidora.
 
 «Décimo quinta xornada de Superliga 2 a disputada hoxe pola tarde no Barrio das Flores ante Feel Volley Alcobendas,
gañamos un partido que seguramente non xogásemos ao nivel que
deberiamos pero no que nos puidemos aproveitar dos erros puntuais e os
malos inicios de set das madrileñas. A pesar de non alcanzar neste
encontro o nivel mostrado en xornadas anteriores, estivemos sempre por
diante no marcador e soamente nos vimos en apertos no segundo set onde
nos chegaron a empatar a 18 puntos pero que no momento final de set
soubemos apertar. Con esta vitoria sumamos 12 esta tempada, e 36
puntos, o que fai que sigamos a unha vitoria dos equipos que encabezan a
liga e continuar así o noso bo refacho na casa, de onde aínda non se
escapou ningún punto. Agora esperamos poder desenvolver unha boa semana
de adestramentos para poder gañar en Aviles cun mellor nivel de xogo o
que nos dará máis confianza para poder encarar os últimos exames deste
curso.»

Resumo de F. Cueto.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………


LIGAS GALEGAS

  O domingo recibimos a visita do CV Ribeira Sacra de Monforte,
que presentou no Pavillón do Instituto primeiro, ao equipo de Liga Galega Xuvenil para xogar o partido correspondente á xornada n.º 17, que
dirixido pola colexiada Natalia Díaz tivo unha duración de 01 h 05 m e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-15; 25-16 y 25-16. Adestradores, local D. Hermida e visitante M. López.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Susana, Paula, Alba, Nerea, Ana C., Noemí, Inés, Raquel e Lidia G.

CV RIBEIRA SACRA
: Rodríguez, Rodríguez R., Donado, Patiño, Pestaña, Fernández, Gil, Castañer, López e Blanco.

  Resultou un partido doado para
as locais, que dominaron o marcador ante un rival ben organizado e que
realizou un bo partido. O ataque e o saque das xogadoras de D. Hermida dobregaron ás de Monforte,
un equipo moi novo, en formación que compite na Liga Galega en busca de
experiencia, e que malia iso ocupa a quinta praza, o que dá unha idea
do rendemento do conxunto de M. López.
  Nova vitoria do Zalaeta que lle permite continuar á fronte da clasificación nunha xornada na que o Ourense e o EMEVE tamén gañaron os seus partidos, premendo a cabeza da táboa.
  A próxima xornada, desprazamento a Ourense para enfrontarse ao 2º clasificado en busca de aclarar as primeiras posicións.

 
 A continuación xogouse o
partido de Liga Galega Infantil aprazado no seu día entre os
mesmos equipos, e dirixido pola colexiada N. Díaz, o encontro finalizou cun resultado de 2-3 con parciais: 25-21; 25-17; 23-25; 17-25 y 12-15. Adestradoras, local Andrea e Cristina e visitante Verónica Contreras.
 
C. I. ZALAETA: Claudia, Noelia, Ainhoa, Alba, Íria, Paula, Lucía R., Inés, Marga, Lucía V., Andrea A. e Alma.

CV RIBEIRA SACRA: Rodríguez V., López, Vidal, Bussieres, Gallardo, Calvo, Outeiro, Rodríguez R., Camino, Cascallana, Pérez e González.

  Bo partido o que nos ofreceron
ambos os dous equipos, xogo moi igualado e os dous conxuntos empeñados
en xogar ben e realizando xogadas de tres toques.    Emoción e alternancia
no marcador, con oportunidades para ambos os dous contendentes, foron a
constante ao longo de todo o partido.
  Comezou moi ben o equipo do Instituto, dominaban o xogo e o marcador e aínda que Monforte insistía, o Zalaeta
sabe pechar o set ao seu favor, 1-0. O segundo igual que o anterior,
dominio local que con bo xogo consegue unha maior diferenza que no
primeiro. 
  Todo parecía encarrilado, xogamos o terceiro co mesmo guión,
as locais por diante controlando o set ata que nos últimos puntos uns
erros non provocados do Zalaeta producen un efecto non desexado, nervios, o Ribeira Sacra se mete no partido e leva o set: 2-1. Cuarto set, empeza moi igualado ata que o Zalaeta perde fol vítima da falta de experiencia dun equipo novel e cede o empate para xogálo todo no tie
break; e comezan o quinto moi enchufadas, adiantándose claramente no
cambio de campo, pero de novo os nervios impídenlles pechar o set e o
partido, finalizan 2-3. 
  Victoria traballada a de Monforte, que aproveitou a súa oportunidade sen pensalo e se leva os puntos en xogo.
……………………………………

  O equipo Infantil A xugou o seu partido de Liga correspondente á xornada n.º 17, o venres na cancha do Instituto ante o Xuvenil de Teis. Ás 20:00 comezaba o partido dirixido polo colexiado FL Barrallo, e cunha duración de 01 h 16 m finalizaba cun resultado de 0-3, con parciais: 21-25; 11-25 y 18-25. Adestradores, local Cristina e Andrea e visitante Rodolfo Lago.

C.I ZALAETA:  Claudia, Inés, Lucía V., Paula, Noelia, Ìria, Celia, Eva, Alba e Lucía R.
XUVENIL TEIS: Urrea, Sánchez, Marín C., González, Fernández, Gutierrez, Seara, López, Domínguez, Marín N. e Fuentes.

…………………………………

 Partido do equipo Infantil B, o sábado en Monte dás Moas, ás 10:30 contra Narón Volea. Resultado: 2-0 (25-13, 25-16) favorable ás visitantes.

 Polo C.I. Zalaeta xogaron: Icía, Rosalía, Lola, Lucía, Marga, Laura, Ana, María, Andrea, Vero e Sara. Adestradora, Andrea Rivas.

  A
pesar da contundencia do resultado, nótase a melloría día a día das
nenas.    Todas xogaron e puideron demostrar que o traballo dos
adestramentos comeza a dar os seus froitos. Unha vez máis, e como non
pode ser doutra forma, a experiencia e un maior acerto no saque das
rivais marcou o devir do partido, e aínda que pouco a pouco van
conseguindo facer xogadas a tres toques, ou pequenos refachos de saque,
aínda nos queda moito por aprender e mellorar.
Despois de que o
partido se pechase en dous sets, puidemos xogar un terceiro amigable,
para dar cancha e minutos ás que xogaran menos.

  ¿Que che pareceu o partido? preguntámoslle a capitá, Icía: «Eu creo que non xogamos de
todo ben, xa que non pedimos balóns, e non entraron moitos saques.
Teriámolo feito mellor se falásemos máis. O que máis me gustou do
partido foi que case gañamos un set. O que menos os saques e que non
falabamos. «

CADETES

  O equipo de Cadetes B de Liga Zonal Grupo A xogou o venres no Pavillón do Instituto ante o Xiria Volei.  Partido dirixido polo colexiado FL Barrallo
que con 01 h 52 m de duración finalizou cun resultado de 3-2, con
parciais: 21-25; 18-25; 25-18; 25-12 y 15-13. Adestradores, local Mery e Pepe, e visitante Mariño.

C: I: ZALAETA: Orro B., Orro M., Souza, Ecarri, González, Rivera, Rúa, Carreja, Vendrell, Pérez, Carballal e Rei.

XIRIA VOLEI: Cobías, Martínez, Aladin, Bastou, Branco, Fernández, Queijo, Ramos e Verdes.

  O sábado o C.I. Zalaeta A desprazouse a Boiro para xogar o partido correspondente a xornada nº 13 ante o C.V.A.B., e que finalizou cun resultado de 2-3, con parciais: 18-25; 25-18; 25-20; 21-25 e 11-15.

ETIQUETAS: