/SF2: ZALAETA 3 RIVAS 0

SF2: ZALAETA 3 RIVAS 0

SF2
VER + FOTOS

  
Regresa a competición de Superliga ao Barrio das Flores co partido
correspondente á xornada nº 12 que enfrontou ao Zalaeta co equipo de
Rivas Vaciamadrid, encontro dirixido polos colegiados Martín Revilla e
J. Carlos Liste que cunha duración de 01h 11m finalizou cun resultado de
3-0 con parciais: 25-11; 25-12 e 25-16. Adestradores, local Jorge
Barrero e Sánchez Abruñedo e visitante Carlos López.

 
FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo,
Alba Quirós, Irene Lamas, Andrea Rivas, Shelia Arias, Teresa Álvarez,
Tania Cobos, Lydia Alonso, Rocío Durán e Noa Sánchez.
 
DUERO PROYEL RIVAS C. DEPORTE: Sara Gimeno, Marta villar, Nerea Collado,
Mª Doleores Miranda, Lucía Antón, Tamara Clemente, Andrea Maroto e Sara
Martín.
 Partido superado polo Zalaeta que se quedou cos puntos en xogo ante un
equipo en horas baixas e problemas de lesións no seu persoal. Non opuxo
unha gran resistencia o equipo madrileño nos sets iniciais, e aínda que
mellorou o seu xogo no terceiro non foi o suficiente para alterar o
desenvolvemento do encontro. Circunstancias estas que favoreceron a
movilidad do banquiño local, e o adestrador Jorge Barrero puxo en xogo a
todas as xogadoras dispoñibles. Para Chisco Sánchez, segundo
adestrador do Zalaeta, foi este «un partido fácil,
enfrontámosnos ao equipo do Grupo A con máis baixo
rendemento ata agora, e cando parece que podería render máis despois do
bo partido realizado a anterior xornada ante o CAEP, as lesións lastran a
súa proxección. Para nós, obxectivo cumprido, sumamos os puntos en xogo e
mantemos a posición na táboa».

 
Máxima anotadora do encontro, Lydia Alonso con 15 puntos e, atención, 5 puntos directos de saque, seguida de Alba con 9 puntos. Por parte visitante, Miranda con 7 puntos maxíma anotadora do Duero Proyel Rivas C. Deporte.

 
«Partido con bastantes diferenzas o vivido esta tarde no Barrio das
Flores no que nos enfrontabamos ao último clasificado, Rivas
Vaciamadrid. Un equipo o madrileño que xa viña con importantes baixas e
que no quecemento perdía á líbero para este encontro por unha
torcedura do nocello. Foi un encontro no que nos atopamos cun rival que
empezou máis nervioso do normal o cal facilitounos a vitoria nos dous
primeiros sets sen apuros, pero que no terceiro dió moita guerra e que
protagonizou grandes accións defensivas que nos dificultaban meter terra
polo medio no marcador, aínda así puidose repartir xogo coas menos
habituais, e a canteirana Patricia Santos non desaproveitou a súa
oportunidade para despregar a melloría que a acompaña este ano. Mañá ás
12 contra CAEP Soria será un partido moi diferente no que o xogo será
moi distinto debido ao estilo das xuvenís do centro de alto rendemento».

 
 
Resumo F. Cueto.
ETIQUETAS: