/NOVA VICTORIA DO FISIOMÁSZALAETA EN SF2

NOVA VICTORIA DO FISIOMÁSZALAETA EN SF2

  O FISIOMÁSZALAETA imponse ao A.D. LA CURTIDORA por 3-0 no Barrio da Flores.

VER + FOTOS

  Nova
vitoria das coruñesas que volven sumar 3 puntos que lles permiten
situarse en terceira posición nun dobre empate a 15 puntos co CAEP.
  Regreso do conxunto do Instituto ao Barrio da Flores esta tarde para xogar o encontro n.º 7 do Grupo A, que dirixido polos colexiados Cordeiro e Barrallo tivo unha duración de 01 h 06 m e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-21; 25-10 y 26-24. Adestradores, local J. Barrero e visitante D. Berrio.

FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Irene Vázquez, Andrea Rivas, Sheyla Arias, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Lydia Alonso, Rocío Durán e Noa Sánchez.

A.D. A CURTIDORA: Ana M. Sánchez, Patricia Franco, Claudia, Rodríguez, Cristina Quintana, Gloria Santos, Jaqueline Crespo, Cristina Imargues, Alba Muñiz, Covadonga Busto e Cristina López.

  Partido rápido o disputado no
Barrio, que resultou máis igualado do que indica o resultado. Cun comezo
incerto, os primeiros puntos de ambos os dous conxuntos eran erros do
rival, a igualdade planea no marcador durante gran parte do set
alternándose a diferenza dun punto para cada equipo ata que no terceiro
cuarto o Zalaeta consegue despegarse o suficiente para poñer o 1-0.
  O segundo set foi diferente, grande nivel o mostrado polas xogadoras de J. Barrero en todas as facetas do xogo que non dan opción ao rival e se impoñen coa maior diferenza do encontro.
  O
terceiro e último set é unha copia do primeiro, igualdade no marcador, e
no terceiro parcial cando parece que as locais tiñan encarrilado o
resultado, un erro en ataque facilita cousas ás de Aviles que
remontan e poñen en apertos ao FisiomásZalaeta que nun final de infarto logra impoñerse 26-24.
  Bo partido da xuvenil Alba Quirós
que con 13 puntos, 52% de efectividade en ataque, foi a máxima
anotadora do encontro, seguida de Rocío con 10 puntos, nun partido no que o adestrador deu entrada a todalas xogadoras dispoñibles. Por parte de La Curtidora, Claudia Rodríguez foi a súa máxima anotadora con 8 puntos.



  «Quinta vitoria, e quince
puntos que sumamos nesta tempada, nunha xornada na que despois de dúas
derrotas consecutivas, se nos complicara un pouco o obxectivo máis a
curto prazo desta liga que é poder disputar a copa Princesa.
  O noso segundo partido da tempada na casa e era o mellor momento para darlle a volta á pequena focha que pasaramos ante Torrelavega e Alcobendas. En fronte tiñamos un equipo, o AD La Curtidora,
sabendo elas mesmas que as súas posibilidades pasaban por unha gran
defensa, un dos equipos pelexons da liga, que nos levantaron grandes
defensas por calquera sitio que lles atacásemos e con xogadoras
veteranas as cales sempre saben buscar os puntos débiles das máis novas
como é noso caso, o que se traduciu en que dos 3 sets só dominamos
claramente o segundo no que fomos capaces de impoñer o noso xogo, e onde
marcamos o ritmo do partido con moita claridade. Tanto no primeiro coma
no terceiro a pesar de ir por diante no marcador gran parte de ambos os
dous sets, non estabamos tan cómodos no campo como reflectía o
marcador, de tal maneira que no terceiro set o equipo asturiano chegou a
contar cunha pelota de set, un punto tolo que puido caer de calquera
lado pero nesta ocasión a sorte sorriunos e permitiunos levarnos os 3
puntos con ningún set en contra, algo que coa igualdade que hai pola
segunda praza pode ser crucial ao final da primeira volta».

Resumo F. Cueto. 
 

ETIQUETAS: