/RESULTADOS DOS PARTIDOS DO FIN DE SEMANA

RESULTADOS DOS PARTIDOS DO FIN DE SEMANA

 
  Vitoria do Autos Cancela Zalaeta ante o CV Ribeira Sacra Monforte de
Liga Galega Xuvenil en partido xogado o sábado na Pinguela.
 
Ás 12:oo dió comezo o encontro correspondente á xornada nº 6 dirixido
polo colegiado J. Bouzas e cunha duración de 01h 50m finalizou cun
resultado de 1-3 con parciais: 28-26; 21-25; 18-25 e 19-25.
Adestradores, tola Manolo Martínez e visitante Jorge Barrero.
 

 
CV RIBEIRA SACRA: Alonso, Rodríguez E., Rodríguez M., López, Castañer, Blanco, Fernández, Donado, Gil, Patiño e Pestana.
 

 
AUTOS CANCELA ZALAETA: Susana Suarez, Paula Lema, Noemí Vázquez, Inés
Rivas, Alba Quirós, Ana Calvo, Raquel Rey, Nerea Tabeayo e Lidia Gudge.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………….

   Nesta ocasión foron as infantís as que dobraron a xornada ao xogar dous encontros, o venres en Teis e o sábado en Monforte.
  
En Teis xogábase partido correspondente á xornada nº 6, que dirixido
pola colegiada A. Dehesa, comezaba ás 19:00 no Municipal de Teis e
finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-21; 25-8 e 25-16.
Adestradores, local Rodolfo Lago e visitante Cristina G. Bermejo.

  
IBERCAR TURBOTRACCIÓN XUV. TEIS: Urrea, Fernández, Seara, Fontes, Marín
Nat., Gutierrez, López, Sánchez, Marín Cat., e González.

 
C. I. V. ZALAETA: Claudia Carreja, Eva Jáudenes, Inés Rúa, Daniela
Domínguez, Lucía Vendrell, Ainhoa Castro, Alba Mosquera, Celia Edreira,
Íria Pérez, Paula Rey e Noelia Carballal.

 

Un
encontro máis para o equipo do Instituto que suma experiencia na súa
escasa traxectoria nesta Liga Galega. Xogouse un partido con certa
desorde por parte do Zalaeta, «propio dun equipo que está axustándose,
comenta Cristina, malia o cal fixéronse os dous primeiros sets máis que
aceptables, fixéronse cousas boas, pero cometéronse bastantes erros
non forzados que significaban puntos para o rival».
 

  No terceiro set Teis
manifestou a súa superioridade e finalizou o partido malia a oposición
das coruñesas. 

 

  Tratábase dun fin de semana apertado, e logo de regresar de Teis pola
noite, tocaba madrugar ao día seguinte para viaxar de novo, nesta
ocasión en compañía das xuvenís, a Monforte para xogar o partido
aprazado da 2ª xornada que tiñamos pendente co CV Ribeira Sacra Monforte. Desprazáronse as mesmas xogadoras:

 
C. I. V. ZALAETA: Claudia Carreja, Eva Jáudenes, Inés Rúa, Daniela
Domínguez, Lucía Vendrell, Ainhoa Castro, Alba Mosquera, Celia Edreira,
Íria Pérez, Paula Rei e Noelia Carballal.

 
O encontro comezou ás 10:00, e as locais impuxéronse por 3-0 con parciais: 25-21; 25-15 e 25-11.
  
Bo partido das locais dirixidas pola ex xogadora Verónica Contreras, que
foron superiores ás coruñesas e impuxéronse, non sen dificultade, para
levarse uns puntos que lle serven para superar ao Zalaeta na
clasificación.
  
As xogadoras do Instituto tiveron bos momentos de xogo, pero unha vez
máis o erros propios non forzados xogáronlles unha mala pasada. Erros no
saque e unha recepción dubidosa por rachas non lles permitiu superar ao
rival ao que tiveron en ocasións a punto para levarse algún set.
 
Á contra, o equipo de Monforte mostrouse máis compacto e adaptado á
competición, e co seu saque conseguiu boas rachas de efectividad para
desarmar ás xogadoras de Cristina.

ETIQUETAS: