/VICTORIA DO FISIOMÁSZALAETA ANTE O CAEP SORIA

VICTORIA DO FISIOMÁSZALAETA ANTE O CAEP SORIA

  Victoria do FisiomásZalaeta sobre o CAEP Soria onte sábado en Los Pajaritos por 1-3, con parciais: 25-18; 23-25; 17-25 y 20-25. O encontro dirixido polo colexiado Guijarro Hernández tivo unha duración de 01 h 36 m. Adestradores, local José Miguel Serrato e visitante Jorge Barrero.

   CAEP SORIA: Cristina Pérez, Anna Grima, Andrea Martínez, Clara Barceló, Paola Martínez, Emma Ordoñez, Ana Escamilla, Raquel Lázaro, Mireia Alcón, Alejandra Olalla, Lucía Ballvé e Nuria Carmona.

  FISIOMÁSZALAETA: Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Irene Vázquez, Andrea Rivas, Sheila Arias, Teresa Vázquez, Tania Cobos, Lydia Alonso, Sara Díaz, Rocío Durán e Noa Sánchez.

  As
coruñesas suman os tres primeiros puntos en xogo deste fin de semana
para desfacer o triplo empate na cabeza da táboa ao seu favor, relegando
o equipo da Concentración Permanente á terceira praza.
  Nun partido cuxo inicio foi das locais, nun primeiro set no que as de Barrero
non se encontraron na cancha en ningún momento e se deixaron dominar
por un equipo que fixo moito dano co saque. A reacción aínda tardou en
producirse, e o incio do segundo set continuaba sendo favorable ás xogadoras de Serrato que aguantaron ata o terceiro parcial no que o Zalaeta
logrou empatar o partido e superar ao rival para poñer o 1-1 no
marcador, e partir dese momento dominaron o marcador ata o final para
conseguir os puntos en xogo que lle valen a segunda posición da
clasificación á marxe doutros resultados.
  Bo partido das do
Instituto, que salvo o comezo do encontro, realizaron un xogo en liña
ascendente, e destaca o feito de que catro das súas xogadoras estiveron
por enriba dos dez puntos: Sara, 18, Andrea 17 (4 de bloqueo), Lydia 12 (suma 2 de bloqueo) e Chey con 11; e a oposta Alba con 9 puntos.
  Bo resultado que confirma ao FisiomásZalaeta en segunda posición empatado a puntos co Torrelavega que onte gañou tamén o seu partido endosándolle un 3-0 ao Duero Proyel Rivas en La Habana Vieja, que lle serven para manter unha diferencia coa coruñesas que se solucionará esta mañá no encontro adiantado entre estes dous equipos.

 «Primeiros 3 dos 6 puntos que
temos en xogo este fin de semana trepidante, no que acabamos de enfrontarnos
ás terceiras clasificadas e invictas ata o día de hoxe. Un xoven Caep Soria, ao que logramos dobregar con máis traballo do esperado.
  Un partido no que fixemos un primeiro set que foi o peor da tempada
ata hoxe, chegamos moi descentradas ao inicio do encontro e o Caep
logrou dominarnos con moita facilidade co saque, o que impedía as nosas
accións ofensivas, facilitando moito o K1 das sorianas. Tampouco
estivemos moi acertados en defensa, o que nos viña dando moitos puntos
ata o día de hoxe.
  No segundo e despois dun mal inicio de set,
chegando 8-4 por debaixo no marcador ao primeiro tempo técnico, logramos
sobrepoñernos e chegar cun punto de desvantaxe ao segundo tempo
técnico, 16-15. A partir de aquí as cousas cambiaron no partido,
poñeriámonos por diante por primeira vez con 18-19 no
marcador, o que nos permitía ir ao saque con máis confianza, e facer
baixar a intensidade destes ás locais, anotándonos o segundo set.
  O
terceiro foi o máis sinxelo de todos, onde máis cómodas estivemos no
campo e nunca vimos perigar este set, o segundo do partido, que nos
aseguraba sumar un punto. No cuarto set aproveitamos un inicio moi
forte, logrando unha vantaxe de 6 puntos ao primeiro tempo técnico,
vantaxe que soubemos administrar ata o final do partido anotándonos
estes importantes 3 puntos, e provocando a primeira derrota do cadro
soriano».


Resumo de F. Cueto.

ETIQUETAS: