/SF2: DUERO PROYEL RIVAS C.D. 0 FISIOMÁSZALAETA 3

SF2: DUERO PROYEL RIVAS C.D. 0 FISIOMÁSZALAETA 3

  O equipo coruñés imponse claramente no seu desprazamento a Rivas Vaciamadrid en 01 h 18 m ao equipo local, nun encontro que comezou ás 20:00 dirixido polo colexiado Pinilla Torres, por un 0-3 con parciais: 25-15; 25-14 y 25-14.

  DUERO PROYEL
RIVAS C.D.
: Gimeno, Dieguez, Sánchez, Collado, Garrido, Pérez, Miranda, Antón,
Poza, Clemente, Guerra, Martín, Cuesta e Rodríguez.

  FISIOMÁSZALAETA:
Patri Santos, Cristina G. Bermejo, Sofi Hidalgo, Alba Quirós, Irene Vázquez,
Andrea Fiel, Chey Arias, Tere Álvarez, Tania Cobos, Sara Díaz e Noa Sánchez.

  Partido cómodo para o Zalaeta que dominou o marcador dende o comezo sen dar opcións ao rival, con poucos erros das xogadoras de J. Barrero que estiveron ben ao saque e na súa liña na rede mantendo as súas estatísticas. As baixas de Rocío e de Lydia non foron un hándicap para o equipo, provocaron movementos de posicións, así Cristina pasou a xogar de central, posto na que realizou un excelente encontro con 12 puntos, 4 de bloqueo. Sara Díaz posiciónase como máxima anotadora con 13 puntos, empatada coa xogadora local Andrea Pérez, nun partido no que todas as xogadoras desprazadas interviñeron nas rotacións.
  Con esta terceira vitoria consecutiva, o FisiomásZalaeta
referenda o seu bo momento de forma que lle permite afrontar con
optimismo o duro fin de semana que lle espera para enfrontarse aos dous
equipos cos que comparte a cabeza da clasificación, na que se produce un
triplo empate a 9 puntos con Torrelavega en primeiro lugar seguido do Zalaeta e o CAEP.

«Terceira xornada de liga, ante A.D. Voleibol Rivas,
ata o momento o partido que mellor dominamos no que levamos de liga.
Encontrámonos ante un equipo xoven e con certas carencias que soubemos
aproveitar. Os tres sets, moi parecidos entre si, os dominamos de
principio a fin, sempre por diante no marcador, chegando aos tempos
técnicos con varios puntos de vantaxe. Esta diferenza permitiunos ir moi
cómodos ao saque, e aproveitar as carencias que Rivas tiña en recepción, dificultando moito as súas saídas de ataque, e recuperando con facilidade tanto en K-1 coma en K-2, a pesar das baixas de Rocío e de Lydia. Baixas que motivaron que Cristina ocupase a posición de central, solucionando a papeleta con grande eficacia e achegando 12 puntos.
As
xogadoras que entraron dende o banco tiveron a oportunidade de
demostrar o que están a traballar ao poder participar de minutos e
puntos, xa que noutros partidos non tiveron tanto volume de xogo.
Sumados
os puntos desta xornada, agora debemos centrarnos no próximo fin de
semana, no que temos dúas saídas moi difíciles ante dous equipos que
permanecen invictos aínda, tanto Caep Soria coma Torrelavega contan os seus partidos por vitorias e sumaron os 9 puntos disputados ata o momento».

Resumo de F. Cueto.

ETIQUETAS: