/RESULTADOS LIGAS GALEGAS.

RESULTADOS LIGAS GALEGAS.

VER + FOTOS

  Dobre enfrontamento do C.I. Zalaeta co Jealsa Boiro Voleibol no Pavillón do Instituto.

  Ás 10:30 comezaba o partido de xuvenís, que dirixido polos colexiados José Real e Nerea García finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-14; 25-14 y 25-6. Adestradores, D. Hermida e Calo.

  C. I. Zalaeta: Susana Suarez, Paula Lema, Nerea Tabeayo, Noemí Vázquez, Inés Rivas, Raquel Rey, Sara Armesto, Ana Calvo, Ana Ceba e Lidia Gudge.

  Jealsa Boiro Voleibol: Bugallo, Outeiral, Galbán, Novóa, Veiga, Tubío, Segade, Outerial e Piñeiro.

Encontro contra o segundo
clasificado, que se presentaba no Instituto con todos os seus os
partidos gañados, o cal motivaba ao equipo de D. Hermida
a xogar un partido que podería dar vantaxe ao gañador á fronte da
clasificación.    Finalmente o control do partido correspondeu ao Zalaeta que superou comodamente ao Jealsa en 3 sets.
«O inicio de partido foi algo irregular pola nosa banda, di D. Hermida, o que fixo que ata a metade do primeiro set non nos fosemos no marcador grazas a un bo refacho de saque e máis acerto en recepción. A
partir de aí melloramos algo o xogo e sobre todo a efectividade do
saque e resolvemos os sets seguintes con menos dificultades e dando
entrada a todas as xogadoras dispoñibles».

  Victoria que serve ao equipo do instituto para encabezar en solitario a clasificación seguido dun triplo empate: Ourense, Boiro e A Pinguela.

………………………………………………………………………………………………………….

 
VER + FOTOS

 A continuación xogábase o encontro de 2ª Div A entre os mesmos clubs, que cunha duración de 01 h 36 m, finalizou con vitoria local por 3-1 con parciais: 25-19; 25-16; 23-25 y 25-19. Adestradores, Hermida e Iglesias.


  Autos Cancela Zalaeta: Sara R. Amarelle, Elena Sardiña, Paula Lema, Lidia Gudge, Susana Suarez, Nerea Tabeayo, Noemí Vázquez, Inés Rivas, Raquel Rey, Ana Calvo, Noemí Giudice, e Ana Fraga.

Jealsa Boiro Voleibol: Díaz M., Rial, Calvo, Fernández, Martínez, Díaz N., Sampedro, González, Triñanes, Novoa, Galbán e Rivas.

 O partido de segunda prevíase máis igualado. O equipo de Boiro é un equipo máis experimentado na categoría, que finalizou el ano pasado gañando case todos os partidos da segunda volta.

  A formulación do partido, para o adestrador, «era aproveitar un rival que a priori que nos ía poñer
dificultades, para poder probar cousas co equipo xuvenil e tamén que
as xogadoras séniors tivesen minutos importantes. Así pois fomos
repartindo os sets para que todas as xogadoras tivesen minutos, facendo
que cada parcial o comezase un sexteto diferente, mesmo facendo que
algunha xogadora xogase en diferentes posicións e con sistemas de xogo
distintos. Isto ás veces fai que sexa difícil lograr unha regularidade
no xogo, pero nesta ocasión todas estiveron bastante acertadas e o
equipo cumpriu perfectamente».

  El primeiro set foi igualado ata que o Zalaeta controlou mellor o saque e conseguiu frear os seus ataques polas ás, xogando o equipo xuvenil integramente.
No segundo, con outro sexteto diferente, controlouse o xogo dende el
principio e as locais distanciáronse rapidamente no marcador.
  O terceiro, novamente con máis cambios, foi o máis igualado e o Jealsa Boiro Voleibol estivo máis acertado, sobre todo ao final, e conseguiu pechar o set moi axustado ao seu favor.
  Finalmente no cuarto, de novo con outro seis distinto, «saímos coa intención de levarnos os tres puntos en xogo, di Hermida, centradas dende o principo,
conseguimos abrir oco cun bo saque e control na rede. Boa actitude
defensiva, aspecto no que teremos que seguir traballando para poder
aspirar a obxectivos maiores».

 

 ………………………………………………………………………………………………………….

 En partido correspondente á 4ª xornada da Liga Galega Infantil, o C.I Zalaeta
enfrontouse nun dos derbys locais ao líder da clasificación o Liceo La
Paz
, nun partido que finalizou con vitoria local por 3-0 con parciais:
25-1; 25-12 y 25-5.
  Polo C. I. Zalaeta xogaron Claudia, Lucía, Noelia, Iria, Eva, Celia, Alba, e Paula. Ausencias de Ainhoa e Daniela.
  Partido
de trámite para o Liceo que á fronte da clasificación está a mostrarse
intratable, con catro vitorias de catro partidos e cuns grandes números.
Empatado a puntos co XAV Cambados, ambos os dous equipos marcan a diferenza na categoría, solucionarán as súas diferenzas o próximo fin de semana.
  Con pouca rodaxe na categoría, o Zalaeta enfrontaba o duelo co líder con nervios e unhas baixas que recortaban as súas posiblidades.
A pesar do resultado, cúmprese o obxectivo, ampliamos a experiencian, un partido máis cun
enfrontamento con, posiblemente, o mellor equipo da categoría e cun
segundo set que deixou un bo sabor de boca.

  «Notei as miñas xogadoras un pouco nerviosas nesta primeira visita ao Liceo, cóntanos Cristina,
o que lles axudou a cometer fallos e imprecisións, en particular en
saque, ante un líder moi centrado e confiado. Agora quédanos seguir
adestrando e aprendendo para mellorar».

…………………………………………………………………………………………………………

  Os equipos de Cadetes de Liga Zonal Grupo A, desprazáronse para xogar os seus respectivos partidos correspondentes á 2ª xornada.
  O Cadete C.I Zalaeta A enfrontouse ao CV Narón Volea ás 10:00 no P. A Gándara, nun encontro dirixido polo colexiado FL Barrallo e que finalizou con vitoria local por 3-0 con parciais: 25-17; 25-14 y 25-17.

  CV NARÓN VOLEA: Armada, Lago, Almeida, Pico, Romeiro, García, Cal, Requena e Sedes.

  C. I. ZALAETA: Andrea, Salam, Cata, Bea, Mariña, Candela, Natalia, Lucía, Inés, Paula C. e Paula R.

  Derrota do Zalaeta
ante un equipo que a priori podía parecer alcanzable, pero que
cuestións tácticas levaron a unha formulación cuxa posta en práctica
puido minguar as posibilidades de xogo do cadro do Instituto por falta
de adaptación a un novo esquema.
  Pepe
explícanos, tratase dun partido moi complicado para as nosas xogadoras,
«a posta en práctica dun novo esquema de xogo que implica cambios de
postos e de roles no equipo, provocou erros e falta de concentración nas
xogadoras. Pode resultar aburrido para os espectadores, pero é de
transcendencia para o corpo técnico que busca cambios na táctica do
xogo».

 ………………………………………………………………………………………………………….


  Desprazamento a Padrón do equipo cadete C. I. Zalaeta B
para enfrontarse ao equipo local no seu partido da segunda xornada de
liga. Vitoria do CV Padrón por 3-0 con parciais: 25-19, 26-24 y 27-25.

  Por C. I. Zalaeta xogaron:  Blanca Orro (capitá), María Orro (libre), Natalia Arriaza, Isabela Ecarri, Mariña Rivas, Alejandra Rivera, Xoana González, Sara Souza, Silvia Couce, Nerea Castiñeira, Iria Perez e Claudia Carreja.

  As
coruñesas perderon un partido moi igualado, falto de decisión nos
momentos importantes, non souberon pechar os sets favorablemente cando
houbo ocasión. Fixéronse cousas ben como por exemplo o saque, pero aínda
que se lograba unha diferenza de 5-0, a perda de concentración permitía
remontar o rival. Un partido enchido de altibaixos.
  Mery
dinos que «Temos que traballar máis en recepción e defensa, xa que
faltou comunicación entre as xogadoras. En xeral estou contenta co
equipo, aínda que sei que poden dar máis no campo. Hai moitas xogadoras novas,
que se teñen que integrar, pero creo que con esforzo e traballo iremos
mellorando».
    

ETIQUETAS: