Desprazamento a Ourense, na mañá de hoxe sábado, para xogar o partido de 2ª División A ante o Dompa Gestión no Pavillón Dos remedios, que comezou ás 10:30 dirixido por Trillo González e Giráldez López. Cunha duración de 59 m, finalizou cun resultado de 0-3 e parciais: 11-25; 23-25 y 10-25. Adestradores, local Fernández e visitante Hermida.
DOMPA GESTIÓN: 14 Rivas, 1 Expósito, 7 Bodaño, 12 Fernández, 9 Chao, 3 Guitián, 5 González, 18 Ezquerro, 11 Rey, 4 Saco e 10 Lorenzo.
AUTOS CANCELA ZALAETA: 9 Sara Amarelle, 6 Paula Lema, 17 Ana Mª Ceba, 11 Elena Sardiña, 18 Alba Fernández, 1 Susana Suarez, 7 Inés Rivas, 4 Alba Quirós e 2 Nerea Tabeayo.
Partido de clara cor visitante. As do Autos Cancela Zalaeta
saíron dende o primeiro set a gañar e foron cobrando diferenza pouco a
pouco, obteñen un parcial 8-15 e pechan o set cunha gran diferenza, 0-1.
No segundo set prodúcese a reacción do Dompa que non deixa que o rival se distancie, mellora o seu xogo e o seu ataque causa efecto nas de Coruña, que non teñen o seu mellor momento, os empates sucédense punto a punto, pero as de D. Hermida
fan valer a súa maior experiencia e pechan o set nun apertado 23-25.
Neste momento rematouse o partido, facíase difícil para a de Ourense,
e ao non lograr o set anterior, cáense e ceden de novo o terceiro cunha
gran diferenza da mesma forma que o primeiro.

Impúxose a maior
veteranía das coruñesas que suman tres novos puntos que lles serven para
escalar, provisionalmente, un posto na clasificación, agora son
terceiras, á espera do que faga o VoleyOurense.
veteranía das coruñesas que suman tres novos puntos que lles serven para
escalar, provisionalmente, un posto na clasificación, agora son
terceiras, á espera do que faga o VoleyOurense.
…………………………..
VER + FOTOS |
Domingo pola mañá, ás 12:00, tocaba xogar no Restollal contra o CV Santiago, o partido correspondente á Liga Galega Xuvenil. Dirixido polos colexiados Sánchez Tallón e Lizuaín Puertas, tivo unha duración de 45 m e finalizou cun resultado de 0-3, con parciais: 4-25; 9-25 y 16-25. Adestradores, local Zas e visitante Cobos e Hermida.
CV SANTIAGO: 8 López, 6 Molinero, 10 Mohamed, 1 Pérez, 15 Alvite, 3 Nogareda, 12 Alvite e 2 Souto.
FISIOMÁSZALAETA: 8 Patri Santos, 2 Nerea Tebeayo, 6 Paula Lema, 4 Alba Quirós, 1 Susana Suarez, 15 Andrea Rivas e 3 Raquel Rey.
Partido de trámite para o Zalaeta que se impuxo doadamente no Restollal
a un equipo local que opuxo escasa resistencia a un dos conxuntos que
ocupan a cabeza da táboa. O primeiro e segundo set resolvéronse pola vía
rápida e cunha gran diferenza, nos que as coruñesas, máis ordenadas,
ben no saque e cun ataque moi eficaz pecharon os sets comodamente. O
terceiro foi diferente, as locais reaccionan, e cun bo saque sorprenden
ás do Instituto, ganduxan boas xogadas de ataque e logran poñerse por
diante nos inicios do set no que non lle perden a cara ao rival, pero o FisiomásZalaeta reacciona e non se deixa dominar e pecha favorablemente o set máis disputado do partido.
Nova vitoria que serve para sumar e encabezar, provisionalmente, a clasificiación.