/RESULTADOS DA XORNADA DO SÁBADO 8 DE FEBREIRO.

RESULTADOS DA XORNADA DO SÁBADO 8 DE FEBREIRO.

  O FisiomásZalaeta perde no quinto set no derby ante o EMEVE Élide nun partido igualado e con reparto de oportunidades.
VER + FOTOS
 

  Ás 19:00 comezaba no Municipal do Barrio da Flores o partido correspondente á 15º xornada de SF2 dirixido polos colexiados Carlos Cordeiro e José Real,
que cunha duración de 01 h 58 m, finalizou cun resultado de 2-3 con
parciais: 25-22; 17-25; 28-26; 13-25 y 16-18. Adestradores, local J. Barreiro e JM Sánchez, e visitante J. Valle e F. Valle.

FISIOMÁSZALAETA: 1 Patricia Santos, 2 Cristina G. Bermejo, 3 Sofía Hidalgo, 5 Macarena Corbo, 9 Olalla G. Taibo, 10 Sheyla Arias, 11 Patricia Suarez, 12 Marga Echevarría, 13 Lydia Alonso, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noa Sánchez.

EMEVE ÉLIDE: 1 María Rodríguez, 3 Paula Lorenzo, 5 Laura Villasante, 7 Mª Fe Pena, 8 Nerea Novo, 9 Claudia Rozas, 10 Carmen Morales, 12 Carmen Carvajal, 14 Sara Folgueira, 16 Carme Saa e 17 Mª José Garrido.
  Empeza o partido cos dous
equipos moi decididos e cun xogo moi igualado no que as visitantes
cobran unha pequena diferenza, que en ningún momento é decisiva, e que
manteñen ata o último cuarto, 20-21, a partir do que as coruñesas dan a
cara e remontan superando ao EMEVE poñendo o
1-0 no marcador. No segundo set continúa a igualdade, as diferenzas son
escasas ata que a partir do terceiro cuarto o conxunto de José Valle abre oco no marcador cun ataque máis eficaz que o seu rival, comete menos erros e pecha o set ao seu favor empatando o partido.
  A
alternancia no marcador é a tónica do encontro, e o terceiro set volve
ser das coruñesas, con eficacia no ataque e bo xogo na rede superan o
rival no set mais longo do partido, 30 m e 28-26, pero parece que o
esforzo pasa factura ás xogadoras de Jorge Barrero,
que chegan ao cuarto set con escaso fol e coa peor estatística de
ataque do partido só aguantan o primeiro cuarto para ceder con gran
diferenza o empate no marcador, que as levaría ao tie-break.
  Gran comezo do FisiomásZalaeta no quinto, cun parcial de 5-2 van decididas a gañar o partido, pero o EMEVE
non o deixaría escapar doadamente e recorta diferenzas, no que sería o
set máis igualado, prodúcese un empate: 15-15, paradigma do que foi o
derby galego e que se resolveu coa mínima diferenza finalmente a favor
do EMEVE: 16-18 nun final emocionante, no que o resultado o marcou a eficacia no saque lucense e a diferenza, escasa, de erros propios.
  Grande
partido o que presenciamos no Barrio, o mellor, probablemente, da
tempada, propio dun derby e con grande intensidade. Ambos os dous
equipos empregáronse a fondo, e loitaron non soamente pola
clasificación, senón por impoñerse a un rival ao que coñecen
perfectamente e co realizan partidos épicos e complicados.
  2-3,
prodúcese deste modo un empate técnico entre ambos os dous conxuntos co
mesmo resultado que no partido de ida, naquela ocasión a favor do cadro herculino.
  ¿Onde estivo a diferenza? «Posiblemente nos erros en recepción de Zalaeta, coméntanos «Chisco» Sánchez,
puideron marcar a escasa diferenza nun partido moi completo por parte
dos dous equipos, no que podemos destacar a eficacia no saque do EMEVE, e o bloqueo pola nosa banda».

  Bo
saque das lucenses con só 9 erros e 14 puntos por 14 erros e 8 puntos
das coruñesas; e gran bloqueo das locais, 16 puntos por 6 das
visitantes.
  Destacar a potencia anotadora de Patricia Suarez que con 24 puntos se converte na máxima anotadora do partido seguida de Sara Díaz con 14 e os cinco puntos de bloqueo de Cristina e 4 de Lydia.
  Por parte das visitantes, gran partido da veterana Mª José Garrido que con 20 puntos é a segunda anotadora do encontro e Sara Folgueira con 19 que xunto coa boa actuación de Laura Villasante se converten nas destacadas do cadro de José Valle.
  Sumar un punto permite conservar a cuarta praza na táboa seguido do CAEP que onte gañou o seu partido en Teis e hoxe desprázase á nosa cidade para xogar un encontro adiantado ás 12:00 no Barrio que servirá para aclarar a clasificación.

……………………………………


 Esta mañá xogábase o primeiro dos enfrontamentos co Voleibol Ourense. No Pavillón do Instituto Zalaeta
enfrontábanse os equipos de xuvenís en encontro correspondente á 16ª
xornada de liga regular. Ás 11:30 comezaba o partido dirixido polo
colexiado FL Barrallo,
e cunha duración de 02 h 06 m finalizaba cun resultado de 3-1 con
parciais: 23-25; 25-19; 25-23 y 25-22. Adestradores, local D. Hermida e T. Cobos, e visitante, Pérez.

FISIOMÁSZALAETA: 8 Patri, 12 Paula, 4 Elena, 15 Andrea, 10 Ana, 13 Nerea, 1 Susana, 9 Sara Amarelle, 11 Sara Armesto, 14 Raquel, 7 Inés e 2 Alba.

VOLEYOURENSE: 4 Dasilva, 11 Oliveira, 6 Giraldez I., 5 Ramón, 2 Giraldez G., 8 Alonso e 1 González.

 Dende o comezo do primeiro set
estaba claro que nada ía ser doado, igualdade no marcador ata que pouco
a pouco o xogo do equipo visitante vaise impoñendo no marcador ante a
impotencia das do Instituto, que cometen numerosos erros e caen vítimas
do efectivo saque ourensán. Na segunda manga melloran as coruñesas o seu
xogo, funciona o seu saque, o que dificulta a recepción do VoleyOurense
e sobre todo melloran a recepción e conseguintemente o ataque, que
xunto á superioridade na rede do Zalaeta, lle dá o empate, no partido, 1-1.
  No terceiro set volvemos ao principio, son as de Ourense
as que levan a iniciativa cun xogo serio e ordenado en defensa obteñen
unha diferenza importante, 17-23, e parecía que era unha vantaxe
insalvable, pero un bo refacho ao saque de Sara Amarelle, logra tirar do equipo e facer que non se dean por vencidas, e é cando comeza a funcionar o tándem Patri-Andrea, que cunha inspirada distribución de xogo e eficacia na rede, conseguen superar o rival e nun gran final resolven o set 25-23.
  Non
se rematara o partido, o cuarto é das locais que se adiantan no
marcador e cobran unha diferenza importante ata que a entrada ao saque Gladys Giráldez
no límite, cun 24-19 no marcador, fai recuperar intensidade ao xogo
visitante que a punto está de remontar, pero o excelente esforzo se
queda nun 25-22.
  Pode parecer doado á vista do
marcador, pero realmente trátase dun partido complicado, o VoleyOurense,
que se desprazaba cun equipo moi xusto pola ausencia dalgunhas das súas
xogadoras, mostrouse moi serio e ordenado en defensa e cun gran saque
como mellores armas, pero con pouca eficacia en ataque ante un FisiomásZalaeta
que é capaz de desenvolver un xogo moi bo en todas as súas facetas cun
equipo moi completo, no que destaca o seu ataque e xogo na rede.
  Vimos un interesante encontro entre dous equipos que participarán na Superliga Júnior 2014, que se celebrará na Coruña
esta semana a partir do xoves 13, e que serviu de test a ambos os dous
corpos técnicos ademais de para tratar de clarificar a clasificación da Liga Galega na que despois deste resultado, o FisiomásZalaeta marcha en segunda posición con 30 puntos, e o VoleyOurense en cuarta, 27 puntos e un partido menos.

  Próxima cita, SUPERLIGA JÚNIOR A CORUÑA 2014, días 13, 14, 15 e 16 de Febreiro na Coruña.
………………………………

 No Barrio comezaba ás 16:00 como previo ao encontro de SF2, o partido correspondente á xornada 16ª de 2ª Div. A entre os equipos Autos Cancela Zalaeta e Caldaria Voley Ourense, que dirixido polos colexiados José Real e Nuria Mahía, finalizou en 01 h 28 m cun resultado de 3-1 e parciais: 25-14; 25-17; 27-29 y 25-22. Adestradores, local Hermida e Cobos, e visitante Pérez.

AUTOS CANCELA ZALAETA: 18 Irene Vázquez, 6 Paula Lema, 2 Ana Mª Ceba, 6 Irene Villaverde, 9 Sara Amarelle, 5 Paula Bermudez, 3 Nerea Tabeayo, 8 Patricia Santos, 1 Susana Suarez, 4 Alba Quirós, 3 Andrea Rivas, e 7 Inés Rivas.

CALDARIA VOLEYOURENSE: 4 Dasilva, 5 Ramón, 6 Giraldez I., 2 Giraldez G., 11 Oliveira, 3 Alonso, 1 González, 8 Do Castelo e 7 García.

  Encontro entre o terceiro e
cuarto clasificado, cuxo resultado non ía alterar a clasificación, e o
aparente cansazo da xogadoras provocou un partido de non moita calidade
entre estes dous equipos cuxo nivel é superior ao mostrado no Barrio
esta tarde. A inciativa correspondeu en
todos os sets ás locais, que se adiantaron o o marcador, e leváronse o
primeiro set a pesar dos seus propios erros, fallaron ata 7 saques, pero
o rival tampouco fiaba moi fino.
  O espertar chegou en terceiro set, cando o Autos Cancela Zalaeta xa contaba o tempo e non os puntos para impoñerse ao Caldaria Voley Ourense,
e dominando o marcador mediado o set cun 12-8, vimos como as visitantes
se centraban e non se entregaba conseguindo impoñerse nun apertado e
bonito final de set por 27-29. Este resultado reavivou o xogo, e as de Ourense
aceleraron o ritmo, abrían o marcador do cuarto set e foi cando
presenciamos o mellor xogo do partido no que as locais tiveron que
remontar as diferenzas para poder gañar o set e o partido.
   Na próxima xornada, visita a Ourense, nesta ocasión para xogar contra o Dompa Xestión.

 

ETIQUETAS: