/RESULTADOS DA XORNADA DO 2 DE FEBREIRO

RESULTADOS DA XORNADA DO 2 DE FEBREIRO

O FISIOMÁSZALAETA FAISE CUNHA SUFRIDA VICTORIA NO BARRIO ANTE O VOLEY PLAYA MADRID E SUMA TRES PUNTOS.
VER + FOTOS

   Traballada vitoria do FisiomásZalaeta nun difícil e emocionante partido no que a pesar do resultado, 3-0, ambos os dous conxuntos tiveron as súas oportunidades.
   Ás 12:00 en punto comezaba o encontro correspondente a 14ª xornada de SF2 dirixido polos colexiados anxo Pinilla e Duarte Borrás e tivo unha duración de 01 h 17 m finalizando cun resultado de 3-0 con parciais 28-26; 25-22 y 27-25. Adestradores, local J. Barreiro e JM Sánchez e visitante F. Manso.

FISIOMÁSZALAETA: 1 Patricia Santos, 2 Cristina G. Bermejo, 3 Sofía Hidalgo, 6 Irene Vázquez, 7 Andrea Rivas, 10 Sheila Arias, 11 Patricia Suarez, 12 Marga Echevarría, 13 Lydia Alonso, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noa Sánchez.

VOLEY PLAYA MADRID: 2 Marina Saucedo, 3 Romina Balda, 4 Ruth Oliver, 7 Cristina García, 8 Patricia Varón, 10 Carmen Muñoz de Morales, 11 Vanesa Rubio e 17 Rocío Molina.
   Comeza o primeiro set co
Voley Playa
ao saque e non desaproveita a súa oportunidade o conxunto
madrileño para poñerse por diante no marcador non permitindo que o
equipo local poida elaborar comodamente o seu xogo, o que  fai dubidar o
equipo de Jorge Barrero neste comezo de partido dándolle vantaxe as visitantes. Non obstante o Zalaeta
non se dá por vencido e pouco a pouco recupérase e recorta diferenza,
tivo que salvar un parcial de 4-11, para adiantar por primeira vez ás
madrileñas 26-25 e levarse o set en un  grande e emocionante final: 28-26.
   Xa se encontraba mellor o Zalaeta
no segundo, e entraron mais tranquilas na cancha logrando mandar no
marcador dende o inicio, realizan o mellor xogo do partido, mellora a recepción e funciona ben
o ataque e realizan un gran traballo na rede o
que lles permite pechar o set a favor.
   2-0, parecía que o partido se complicaba para o VP, pero a pesar diso as de Madrid inténtano e de novo adiantan ao FisiomásZalaeta
nun comezo do set no que as do Instituto non mostran a súa mellor cara,
perde eficacia en ataque, mentres a gañan as rivais, e ten que remontar
na parte final do set para pechalo cun axustado 27-25.
   Bo partido o que presenciamos no Barrio, de resultado incerto en cada set, con emoción e igualdade que o Zalaeta soubo finalizar para conseguir a vitoria.
   «No primeiro set puxéronnolo difícil, dinos Jorge Barrero,
estiveron moi ben ao saque e conseguiron unha diferenza que por
momentos parecía insalvable, pero soubemos remontar e pechar o set moi
ben. O seguinte foi o mellor do partido, mellorou a recepción e con iso o
ataque, e no terceiro comezamos moi mal para solucionalo nun bo final.
O mellor, os puntos e o tesón para remontar os resultados adversos».

  Con 17 puntos Patricia Suarez convértese na máxima anotadora do encontro, seguida con 9 por Rocío, Sara e Cristina. Lydia, cinco puntos de bloqueo. Por parte do VP Madrid, Ruth Oliver con 16 puntos máxima anotadora madrileña.
   Con este resultado recupérase a cuarta praza ao superar por un punto ao Volley is Life á espera da seguinte xornada, dobre nesta ocasión para o Zalaeta, que recibirá o próximo fin de semana no Barrio, primeiro ao EMEVE de Lugo e a continuación ao CAEP Soria.
ETIQUETAS: