/FISIOMÁSZALAETA 0 CV TORRELAVEGA 3

FISIOMÁSZALAETA 0 CV TORRELAVEGA 3

     Nun bo partido o Zalaeta perde 0-3 ante un superior CV Torrelavega.

VER FOTOS

    
   Hoxe xogábase a partir das 19:00 un interesante partido no Barrio entre os equipos FisiomásZalaeta e CV Torrelavega, que dirixido polo colexiado Carlos A. Cordeiro, finalizou cun resultado de 3-0, con parciais 23-25; 17-25 y 23-25. Adestradores, local J. Barreiro e JM Sánchez, e visitante A. Río e E. Ferreira.

  FISIOMÁSZALAETA: 1 Patricia Santos, 2 Cristina García, 3 Sofía Fidalgo, 5 Macarena Corbo, 7 Andrea Rivas, 10 Sheyla Arias, 11 Patricia Suarez, 12 Margarita Echevarría, 13 Alba Quirós, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noemí Sánchez.

  Sete incial: Cristina, Andrea, Chey, Patri, Rocío, Sara e Sofi.

  CV TORRELAVEGA: 1 María Segovia, 3 Ana González,4 Alba Salazar, 6 Ángela Becerril, 7 Cristina Sanz, 8 Aroa Sánchez, 9 Noelia Neila, 10 Lidia Dacuiña, 12 Laura Soto, 15 Paula del Olmo e 18 Cristina Hermosa.

  Sete inicial: Segovia, González, Becerril, Sanz, Sánchez, Neila e Soto.
  
  Comeza o encontro cun Zalaeta entoado que se adianta no marcador, pon un parcial de 8-2, o equipo xoga decidido e domina nos primeiros compases un Torrelavega
que non se encontra na cancha e que debe remontar se quere facer algo
no partido. A reacción das cántabras non se fai esperar e remontan:
15-15, a partir de aquí adiántanse no marcador administrando unha
pequena diferenza dun ou dous puntos, e o equipo local, aínda que o
intenta, non é capaz de pechar o set e cede o 0-1.
  O segundo set é o peor das coruñesas, o Torrelavega
segue en refacho e domina claramente o xogo e o marcador, e ampliando a
súa vantaxe pouco a pouco, logra a maior diferenza do partido: 17-25.
  Xa no terceiro e último set, o xogo é mais igualado, as de Jorge Barrero queren mais partido e non deixan que o rival se distancie e no último parcial adiántanse no marcador, pero as de Torrelavega non deixan escapar o set e superan a Zalaeta nuns últimos puntos de infarto.

 
«Xogamos ben, pero contra un rival que xogou mellor, que estivo ben
en todas as facetas do xogo. Se tivésemos gañado o primeiro set
poderiamos ter visto outro partido, no segundo caémonos para
recuperarnos no terceiro, pero non foi suficiente»,
dinos Jorge Barrero.
 
  O FisiomásZalaeta fixo un bo partido, a incorporación de Patricia Suarez
despois da súa lesión, achegou ao equipo. Defendeuse ben e elaborou
ben o ataque, pero en fronte encontrouse cun rival que posiblemente teña
o mellor bloqueo da liga contra o que se estrelaron as xogadoras de Zalaeta,
e que ademais fixo un encontro moi completo defendendo todo o que lle
chegaba sen dar un balón por perdido. Presenciamos xogadas longas e
ataques elaborados e boas recepcións, un bo partido e moi igualado a
pesar do que poida parecer.
  Con este resultado, as posibilidades
de entrar na Copa Princesa esgótanse, e agora están pendentes do
resultado do partido entre o Voleibol Is Life G 2008 e o cvleganes.com.
ETIQUETAS: