o partido tivo unha duración de 02 h 01 m, e finalizou cun resultado de
3-2, con parciais, 19-25; 25-23; 25-23 y 15-9. Adestradores, local Ramirez e visitante D. Hermida.
CVP COMERCIAL DURÁN: 5 Valcárcel, 18 Hernaiz, 3 Rodríguez, 1 Abeledo, 10 Castro, 11 Besada, 12 Lores, 13 Lariño e 6 Abal.
AUTOS CANCELA ZALAETA: 18 Patricia, 16 Paula, 12 Ana Mª, 11 Ana Calvo, 14 Alba F., 4 Alba Q., 6 Irene, 1 Susana, 7 Inés, 9 Sara e 3 Andrea.
Comezaron o partido as coruñesas moi centradas e con bo xogo sorprenderon o Pontevedra
que deseguida se viu superado no marcador e non lle quedou outra que
ceder o set, 0-1. O segundo leva o mesmo rumbo que o anterior, o Zalaeta
aperta e parece que vai pola vía rápida, pero a oportunidade das locais
chega cun marcador adverso de 15-23 cando as do Instituto perden a
concentración e permiten unha remontada cun parcial de 10-0, empate no
marcador 1-1. Chegamos ao terceiro e estas alturas o Pontevedra xa cría nas súas posibilidades, é un set igualado no que o Zalaeta
chega ao final cunha pequena vantaxe de dous puntos que non é capaz de
dosificar e non decide o final do set que perde co mesmo resultado que o
anterior.
No cuarto set as herculinas
recuperan o seu xogo, volven á liña de inicio do encontro e gañan
comodamente o set dominando o marcador dende o comezo. Parecía que de
novo controlaban o partido, e nos imos ao quinto que empeza coas de D. Hermida por diante, pero que chegado o punto 6 se bloquean outra vez, e o Pontevedra que estaba vivo, non llelo pensa dúas veces e se impón claramente no tie break por 15-9.
O Autos Cancela Zalaeta
tivo un xogo intermitente, momentos moi bos, con boa distribución e
ataque eficiente e boa defensa que alternaba con perdas de concentración
e un baixo nivel de xogo. O Comercial Durán
foi mais regular en todas as facetas do xogo, por momentos fixo o que
lle deixaban, aproveitando as súas ocasións sen decaer en ningún
momento.
Para David Hermida,
adestrador das coruñesas, a clave estivo nas intermitencias do seu equipo,
«cando estamos centradas xogamos ben, funciona ben o ataque e o equipo,
pero se perdemos concentración desaparecemos da cancha. De todos os
xeitos este é un partido curioso, xa que perdemos despois de facer máis
puntos que o adversario: 99-105».
………………………………………………….
A continuación xogouse o partido de xuvenís entre o CV Pontevedra Comercial Durán e o FisiomásZalaeta, dirixido tamén por Olea e Cordeiro, e cunha duración de 50 m., finalizou cun resultado de 0-3, con parciais, 7-25; 14-25 y 12-25. Adestradores, local Valcárcel e visitante Hermida.
CV PONTEVEDRA COMERCIAL DURÁN: 6 Abal, 11 Portugal, 18 Vila, 10 Cancela, 13 Lariño, 2 Varela, 7 Rei, 8 Gago, 17 Barreiro, 1 Moledo e 3 Solla.
FISIOMÁSZALAETA: 8 Patricia, 9 Sara, 7 Inés, 16 Paula, 10 Ana, 6 Alba F., 2 Alba Q., 1 Susana, 15 Andrea, 14 Raquel e 13 Nerea.
Encontro sen complicacións para o Zalaeta
ante un rival que ocupa os postos baixos da táboa e co que xogou moi
centrado sen dar lugar á sorpresa. O marcador reflicte a diferenza entre
ambos os dous conxuntos, o equipo de Hermida
mostrouse moi superior en todas a facetas do xogo logrando unha vitoria
pola vía rápida que lle vale para seguir sumando puntos e non perder o
tren da parte alta da clasificación.