Desprazamento a Soria, cidade onde o equipo foi recibido por unha copiosa nevada e baixas temperaturas na mañá de hoxe sábado, para enfrontarse ao CAEP a partir da 16:30, nun encontro que finalizou 1-3, con parciais: 22-25; 20-25; 25-20 e 23-25, e que dirixido polos colexiados J. Sotos e A. Romera, tivo unha duración de 01 h 36 m. Adestradores, J. Miguel Serrato e Begoña Sáez, visitante, Jorge Barrero e José M Sánchez.
CAEP SORIA: 1 M. Figueroa, 2 A. Grima, 3 J. Porras, 5 P. Martínez, 7 C. Canet, 8 L. Duarte, 9 A. Rodríguez, 10 M. Alcón, 11 V. Souto, 12 S. Lobato, 14 MA Gomila, e 17 R. Lázaro.
Sete inicial: Figueroa, Grima, Porras, Martínez, Duarte,Lobato e Gomila.
FISIOMÁSZALAETA: 1 Patricia Santos, 2 Cristina G. Vermello, 3 Sofía Fidalgo, 6 Paula Lema, 7 Andrea Rivas, 10 Sheyla Arias, 13 Alba Quirós, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noa Sánchez.
Sete Inicial: Cristina, Andrea, Alba, Chey, Rocío, Sara e Sofía.
Nova vitoria de FisiomásZalaeta ante o CAEP,
nun partido que non foi o mellor da tempada pero que lle valeu tres
puntos á coruñesas, que comezaron o primeiro set mais centradas e por
diante no marcador, cun parcial inicial de 8-2, superaron ás de Soria e puxeron o 1-0. O segundo set, similar ao anterior, mais igualado, o CAEP ponse por diante pero o Zalaeta mellora en defensa e no segundo parcial xa domina o marcador e gaña o set. Chega o terceiro set, e o Zalaeta cae de novo na sua habitual focha destas alturas do xogo e é incapaz de decidir o partido, cede o set cun 25-20.

No cuarto set o CAEP
comeza adiantándose cun parcial de 4-0, pero a boa defensa das do
Instituto facilita a remontada, que aproveitando os erros do adversario e
a súa maior experiencia, gañan o set e o partido cun axustado 23-25.

Destacar neste encontro, o bo debut na categoría da xuvenil Alba, que con Sheyla, foron as máximas anotadoras do FisiomásZalaeta con 15 puntos, seguidas de Sara e Rocío con 12. Por parte do CAEP, C. Canet con 17 puntos mellor anotadora do partido.
Con este resultado as coruñesas afiánzanse na cuarta praza dunha
clasificación na que xa non hai equipos invictos, despois da vitoria do Torrelavega sobre o Grupo, que o sitúa o primeiro na táboa.

FISIOMÁSZALAETA NA SUA CHEGADA A SORIA |
A próxima xornada, de novo lonxe do Barrio, partido ante o cvleganés.com a domicilio.
……………………………
ALEVINES CLUB VOLEY INSTITUTO ZALAETA |
A xornada comezou coa sesión sabatina,
no Pavillón do Instituto, de voleibol base, na que os equipos dos máis
pequenos xogaron dous partidos cos que continúan a súa preparación e
aprendizaxe. Comezaron ás 10:30 as alevíns, que se mediron nun interesante
partido ante o seu público, para dar paso a un disputado encontro de
infantís, no que todos os sets foron moi axustados.
As adestradoras foron Mery e Raquel, e arbitro, nesta ocasión, Pepe.
Pola tarde xogouse no Polideportivo do Barrio das Flores, o partido de Liga Galega de Juveniles correspondente á sexta xornada, que enfrontou a partir das 16:00, aos equipos FisiomásZalaeta e CV Santiago. Dirixido polo colexiado José L.
Ferreiro, tivo unha duración de 56 m, e finalizou cun resultado de 3-0,
con parciais: 25-7; 25-21 y 25-18. Adestradores, local, David Hermida, e visitante, Zas.

FISIOMÁSZALAETA: 9 Sara R. Amarelle, 18 Sara Armesto, 13 Nerea Tabeayo, 7 Inés Rivas, 10 Ana Calvo, 4 Elena Sardiña, 1 Susana Suarez e 14 Raquel Rey.
CV SANTIAGO: 8 López, 6 Molinero, 7 Lista, 14 Varela, 9 Mariño, 5 Neira, 3 Nogareda, 15 Alvite, 2 Soto, 12 Alvite t., 11 Caamaño e 10 Mohamed.
No primeiro set o Zalaeta
realizou un comezo moi serio, cobrou unha vantaxe inicial importante
ante un rival que non se encontraba na cancha e que non foi capaz de
reaccionar, e pechou o set coa maior diferenza do encontro. No segundo
prodúcese a reacción visitante, melloran o seu xogo en todas as facetas,
o que provoca un set moi igualado, no que de novo se impoñen as do
Instituto que sempre souberon conservar unha pequena diferenza, o que
lles daría o 2-0. No terceiro set, o FisiomásZalaeta xoga relaxado sabendo manter unha diferenza no marcador que se faría insalvable para o CV Santiago que cede ante a superioridade local o 3-0.
Partido entre dous equipos diferentes, o de Santiago recén chegado á categoría, fáltalle rodaxe e adaptación á Liga, ocupa os postos baixos da táboa, mentres que o Zalaeta,
aínda que con baixas nas súas filas na xornada de hoxe, con varias
xogadoras desprazadas co equipo de SF2, realizou un partido de trámite
para conseguir os puntos que lle permiten continuar no alto da
clasificación, provisionalmente cun triplo empate na cabeza.

Próxima xornada, desprazamento a Cambados para xogar xuvenís e 2ª división ante o XAV.