/RESULTADOS DESPRAZAMENTO A OURENSE

RESULTADOS DESPRAZAMENTO A OURENSE

VER + FOTOS
   Encontro de Liga de Xuvenís adiantado, correspondente á quinta xornada, o que se xogou hoxe no Ferro Couselo de Ourense, que finalizou cun resultado de 0-3 con parciais: 21-25; 23-25 y 24-26. Dirixido polos colexiados Cordeiro Fervenza e Salgado Ivanich, tivo unha duración de 01 h 13 m. Adestradores, local, Pérez, e visitante, D. Hermida.
    VOLEYOURENSE:  9 Outeiriño,, 12 Oliveira, 6 Giraldez I., 11
Dasilva,, 15 Carrera, 5 Ramón, 7 García, 10 Dieguez, 2 Giraldez G., 13 Estamuci
e 1 González.

   
FISIOMÁSZALAETA: 8 Patri Santos, 2 Elena Sardiña, 15 Andrea rivas, 4
Alba Quirós, 1 Susana Suarez, 9 Sara R. Amarelle, 10 Ana Calvo, 13 Nerea
Tabeayo, 14 Raquel Rey e 7 Inés Rivas.
    Partido moi axustado como quedou plasmado no resultado, que non resultou nada doado para as coruñesas a pesar do 0-3.
    No primeiro set o FisiomásZalaeta comezou por diante no marcador, cobrando unha pequena diferenza que fixo valer para poñer o 0-1. No segundo o VoleyOurense incia
con vantaxe o set, pero non é capaz de mantela e de forma moi apertada
imponse o equipo visitante. O terceiro e último é o máis emocionante, as
locais non daban o partido por perdido en ningún momento, e cun xogo en
progresión apertan ao rival pero non deciden nos últimos puntos e
perden o encontro.
     Presenciamos o partido esperado, competido e
con moita igualdade entre dous equipos chamados a ocupar as primeiras
prazas da clasificación. O equipo de David Hermida foi de máis a menos, pero demostrou que sabe finalizar, estivo moi ben en ataque, superando claramente as de Ourense, e con boas prestacións en defensa, e no último set, o bloqueo foi decisivo para decidir en desvantaxe.
    O VoleyOurense non o puxo nada doado, é un equipo que sabe defender, aínda que en ataque afrouxou fronte ao Zalaeta, pero a diferenza estivo na capacidade de decidir e pechar os sets.
   
Con este resultado o equipo do Instituto ponse á fronte da
clasificación de modo provisional e cun partido máis, e á espera do
resultado do partido de mañá ante o Jealsa Boiro Voleibol.

……………………………

   A continuación xogouse o partido de 2ª División A, tamén adiantado, correspondente á quinta xornada. Comezou ás 13:00 e dirixido polos colexiados Cordeiro e Salgado, tivo unha duración de 01 h 03 m, finalizou cun resultado de 3-0, con parciais, 25-19; 25-21 y 25-18. Adestradores, local Pérez e visitante, Hermida.
   

   CALDARIA VOLEYOURENSE:  9 Outeiriño, 12 Oliveira, 13 Méndez, 16 del
Castillo, 2 Giraldez G., 10 Dieguez, 5 Ramón, 11 Dasilva, 6 Giraldez I., 1 González
e 15 García.

   AUTOS CANCELA ZALAETA:  3 Patri Santos,
18 Paula Martínez, 8 Tania cobos, 15 Paula Bermudez, 2 Elena Sardiña, 1 Susana
Suarez, 9 Sara R. Amarelle, 4 Nerea Tabeayo, 7 Inés Rivas, 11 Ana Calvo e 12
Ana Mª Ceba.

   
   Comezaba o primeiro set as xogadoras do Autos Cancela Zalaeta
confiadas e sen moita tensión, aínda que se poñían por diante no
marcador, víronse superadas polas rivais máis metidas no partido e cun
xogo máis efectivo. O segundo foi o mellor set do partido, as coruñesas
saíron dispostas a gañar e melloraron as súas prestacións, pero en
fronte, o Caldaria VoleyOurense tamén ía a máis e cobraron vantaxe dende o inicio do set que foron mantendo a pesar da presión do Zalaeta na parte final do set. No terceiro, as de Ourense non estaban dispostas a deixar escapar os puntos, apertaron e con menos erros que as rivais gañaron o set e o partido.
 
O problema das do Instituto estivo na falta de concentración que lles
fixo cometer demasiados erros e non chegaron a estar dentro do partido
indo a remolque das de Ourense que con menos fallos e boa defensa, aproveitaron as ocasións que se lles ofrecían.

  Mañá contra o Jealsa Boiro Voleibol ás 16:00 no Barrio, unha boa ocasión para recuperar e alcanzar o nivel que realmente ten o equipo.

ETIQUETAS: