/EMEVE ELIDE 2 FISIOMÁSZALAETA 3

EMEVE ELIDE 2 FISIOMÁSZALAETA 3

   Outra vitoria a domicilio do FISIOMÁSZALAETA que o mantén imbatido e nos postos de cabeza unha xornada máis.

VER + FOTOS

 O partido comezou ás 20:30, cun lixeiro atraso sobre o horario previsto, sendo dirixido polos colexiados Diego Soto, José Real e Domingo Rguez.,
e tivo unha duración de 02 h 10 m. O resultado foi de 2-3, con parciais
18-25; 23-25; 25-18; 25-22 y 8-15. Adestradores, local, José Valle e Fátima Valle, visitante, Jorge Barrero e José M. Sánchez.
   
  
EMEVE ÉLIDE:  1 Naika Rguez, 3
Paula Lorenzo, 4 Irene Yáñez, 5 Laura Vilasante, 7 Mª Fé Pena, 8 Nerea Novo, 9
Claudia Rozas, 10 Carmen Morales, 12 Carmen Carvajal, 14 Sara Folgueira, 16
Carmen Saa e 17 Mª José Garrido.

  
7 Inicial:  Irene, Laura, Morales,
Carvajal, Sara e Garrido.

  
FISIOMÁSZALAETA:  1 Patricia Santos,
2 Cristina G. Bermejo, 3 Sofía Hidalgo, 5 Macarena Corbo, 6 Irene Vázquez, 7
Andrea Rivas, 10 Sheyla Arias, 11 Patricia Suarez, 12 Margarita Echeverría, 14
Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noemí Sánchez.    

  
7 Inicial:  Cristina, Andrea,
Sheyla, Rocío, Sara, Sofía e Patri Suarez.
   Comeza o partido cun Zalaeta
moi centrado que inmediatamente realiza un parcial de 1-5, vantaxe que
logra administrar para impoñerse ao equipo local claramente e
distanciarse no marcador, 0-1. O segundo set é un calco do primeiro, as
visitantes cobran unha pequena diferenza que ao cabo se fai insalvable
para as lucenses que ceden un 0-2 na súa cancha.
   Así as cousas, parece que o partido se resolve pola vía rápida, cun FisiomásZalaeta
que saíu ao campo disposto a deixar as cousas claras e que está a
realizar o seu xogo, sen dúbidas e sen fisuras, e que en fronte ten un
equipo que parece que non está a dar a medida de si mesmo e que entrega
un set tras outro. Non obstante, o terceiro é o da esperada reacción
local, vendo que se lles escapaba a cabeza da clasificación no partido
de hoxe, poñense as pilas, e na cancha aparece o equipo de José Valle
que non pode permitirse un novo erro, dominan o marcador dende o comezo, e son capaces de administrar a súa vantaxe para dobregar as coruñesas e
poñer o 1-2 nun set no que o xogo do Zalaeta decaeu claramente.
   As visitantes xa tiñan un punto, e esperan a súa oportunidade para rematar o partido, mentres que o EMEVE aínda tiña en mente conseguir a vitoria, e para iso debía xogar mellor que o rival. O xogo do Zalaeta mellora pero non o suficiente para remontar unha vantaxe de 3 puntos que o EMEVE é capaz de manter ao longo do set e empatar para ir ao quinto e definitivo.
    De novo é a quenda das do Instituto, que no Tie-break volven mostrar a solidez do seu xogo e sen andarse polas ramas dominan ás de Lugo cun 8-15 que decanta o partido ao seu favor.
  
Era previsible un partido destas características entre estes dous
equipos, de  grande igualdade e de moita tensión, polo que se xogaban e
polo moito que se coñecen.
   Existe coincidencia acerca do sucedido na cancha, para Jorge Barrero, «nos dous primeiros sets non vimos ao EMEVE
que acostuma, circunstancia que puidemos aproveitar xa que nós
estabamos a realizar un bo xogo, moi ordenado e ben en defensa, con boa
labor das receptoras, e a continuación caémonos un pouco ante o pulo do
rival para recuperarnos no quinto para poder continuar imbatidos e sumar
os puntos que é do que se trata».
 
  «Chisco» Sánchez viu
«un partido moi igualado, que claramente tivo dúas partes, unha
primeira na que fomos superiores e puidemos aproveitar as oportunidades
que nos brindou o EMEVE, e unha segunda na que nos deixamos dominar para acabar gañando no Tie-break un partido que nos dá unha inxección de moral importante ao vencer nunha cancha complicada como é o Municipal de Lugo».

  Con este resultado, o FisiomásZalaeta colócase en terceira posición provisional do campionato, con 1 punto de vantaxe sobre o EMEVE e a 1 punto da cabeza, ocupada polo Grupo Covadonga, imbatido tamén despois da súa vitoria sobre o Leganés.com, e o Torrelavega, este cun partido xogado máis. 
   A máxima anotadora do encontro foi a lucense Sara Folgueira con 29 puntos, e por parte coruñesa, Sara Díaz anotou 20, 16 Patri Suarez e 14 Cristina

   A próxima xornada, de novo na Coruña ante as almerienses do Volley is Life Grupo 2008, o sábado días 2.
ETIQUETAS: