/CAMPIONATO GALEGO DE CADETES FEMININO.

CAMPIONATO GALEGO DE CADETES FEMININO.

   XUVENIL DE TEIS ROMPE OS PROGNÓSTICOS E PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO CADETE FEMININO.

 

XUVENIL TEIS

    Onte domingo celebrouse no Polideportivo San Fco. Javier da Coruña
a fase final do campionato Galego, no que se enfrontaban os catro
mellores da liga regular en dúas semifinais pola mañá e as finais pola
tarde.
   A primeira semifinal disputárona Xuvenil Teis e CVI Zalaeta. Impúxose o equipo de Teis
nun partido no que xa mostraba as súas credenciais para o campionato,
cun xogo serio e sen fisuras, non se deixaron levar pola tensión deste
tipo de torneos nos que pode pasar de todo. Xogaron un partido completo e gañaron claramente a un Zalaeta que non
se encontrou a gusto na cancha en ningún momento, que o intentou, púxose
por diante en todos os comezos de set para diluírse ao chegar ao
terceiro parcial e ceder o marcador. No segundo superou un 0-3 e
remontou 11-3, sen ser capaz de decidir. O equipo anfitrión tivo bos
momentos de xogo, pero os nervios bloqueáronas nalgúns momentos
facéndoos cometer moitos erros, que o Xuvenil soubo aproveitar e nun bo partido logrou o pase á final.
  A continuación xogábase a segunda semifinal entre o EMEVE e o VoleyOurense, no que o equipo das Burgas se desfixo sen complicacións do equipo de Lugo, cedendo un segundo set no que o EMEVE tratou de remontar o partido, conseguiu esta manga, pero non puido co pulo posterior do VoleyOurense.
   Pola tarde, as finais. En primeiro lugar xogaron EMEVE e CVI Zalaeta un encontro no que as herculinas
tampouco foron capaces de mostrar o seu potencial, continuaban
bloqueadas como pola mañá e cun xogo desganduxado cederon o terceiro
posto ao EMEVE que venceu claramente xogando e facendo o seu partido aproveitando os erros do adversario.

   Chegou o momento da final. Por un lado as de VoleyOurense presentábanse como favoritas, realizaran unha excelente fase regular, presentábanse imbatidas ante un Teis
que ao longo da tempada fora de menos a máis. Ambos os dous equipos
cumpriron co que se esperaba deles e ofrecéronnos un emocionante
partido, serio e no que as oportunidades estiveron repartidas.
   As de Rodolfo Lago,
un grupo moi cohesionado, foron capaces de romper os prognósticos en
catro sets con marcadores moi axustados, nos que os dous equipos xogaron
moi centrados, con poucos erros e excelentes momentos de xogo. Boas
defensas e recuperacións permitían xogadas elaboradas, nas que
probablemente decidiu a maior eficacia en ataque das do Xuvenil Teis.
A incerteza no resultado mantíñase, sobre todo nos dous últimos sets,
ata o último momento, a emoción foi a característica do partido dunha
gran final.
Resultados:

   Semifinais
          Xuvenil Teis   3     CVI Zalaeta   0      25-23; 25-17 y 25-20
          VoleyOurense 3   EMEVE   1             25-16; 17-25; 25-17 y 27-25
   Finais
          CVI Zalaeta   0     EMEVE   3             11-25; 11-25 y 20-25
          VoleyOurense 1  Xuvenil Teis   3      21-25; 25-22; 26-28 y 24-26.

    Parabén ás campioas, que con esta vitoria obteñen o pase ao Campionato de España de Clubs.

   Igualmente felicitamos o Burgas Volei que se proclamou campión galego cadete masculino, ao derrotar na final ao CV Dumbría na final celebrada en Corcubión.

FGVB


VER GALERÍA DE FOTOS 

ETIQUETAS: