O primeiro encontro foi o de cadetes, que dirixido pola colegiada Laura Lago, tivo unha duración de 01h 02m, e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-7; 26-24 e 25-13.
CV Zalaeta: 11 Paula L.(c), 17 Ana Mª(L), 6 Lydia, 1 Irene, 10 Carla, 7 Alba, 13 Nerea, 5 Inés, 14 Paula B., 9 Raquel e 18 Laura.
AD A Pinguela: 11 Cortiñas ©, 8 Rodriguez R (I), 18 Castañer (I),9 Rodriguez S.(I), 15 Guedella (I), 7 López (I) e 14 Vallecas (I).
Partido entre dous equipos aos que separa unha gran diferenza neste momento, que comezaron gañando as do Instituto e no que se impuxeron coa maior vantaxe do todo o partido a un equipo que presento varias xogadoras infantís nas súas filas. No segundo set, unha vez mais o CV Zalaeta parece que pillou unha pájara e perdeuse na cancha, permitindo que as visitantes xogasen a mellor manga do encontro e lograron presionar ao Zalaeta aínda que sen dominar o marcador para finalizar 26-24 no set de maior duración. De novo no terceiro set, recupéranse as locais e sen dar opción ao AD A Pinguela, vencen con 25-13.
O próximo partido, en Noia, contra Fisioterapia Cinesia Noia, o sábado 16.
+ FOTOS |
A continuación xogouse o partido de xuvenís, que dirixido polos colegiados M. Folgar, L. Lago e L. Lago, tivo unha duración de 59m e finalizou cun 3-0 con parciais 25-16; 25-18 e 25-19. Adestradores, local J. Barrero e visitante, M. Carbajal.
FisiomásZalaeta: 1 Marta F. ©, 18 Paula M. (L), 6 Patricia, 15 Andrea, 11 Rita, 12 Alba, 3 Sofía, 9 Sara A., 17 Susana, 14 Sara D., 10 Paula L. e 13 Lydia.
AD A Pinguela: 14 Bahamonde©, 13 López, 10 Vázquez, 3 Fernández Ou., 2 Mariño, 6 Fernández M., 9 Regueiro, 11 Camiño e 8 López (c).
Comezou o partido coas visitantes por diante no marcador ata que mediado o set as do Instituto remontaron o resultado e impuxéronse no set cunha cómoda vantaxe. O segundo set foi parecido ao primeiro, comezaron puntuando as de Monforte para impoñerse finalmente o FisiomásZalaeta no que probablemente foi o seu mellor set, así mesmo o terceiro set foi de AD A Pinguela, que a partir do terceiro parcial soubo aproveitar o baixón das coruñesas para iniciar unha remontada que por pouco non as leva a superar ao seu rival.
O mellor de Zalaeta, o ataque, e o peor a perda de concentración que provoca erros que se transforman en puntos para o contrario. Pola súa banda o Pinguela estivo ben en defensa, pero foron pouco eficientes en ataque e penalizan en bloqueo.