/RESULTADOS XORNADA DO 9 DE FEBREIRO

RESULTADOS XORNADA DO 9 DE FEBREIRO

 

 

   Sesión de mañá e tarde de voleibol no Instituto cun triplo enfrontamento CV Zalaeta e CV Pontevedra. O primeiro  encontro de Liga Galega Xuvenil comezou ás 11:00, sendo dirixido polos colegiados Lago, Lago e Liste e cunha duración de 43m finalizo 3-0, con parciais 25-3; 25-9 e 25-3. Adestradores, Barrero local  e Valcarcel, visitante.

   FisiomásZalaeta: 8 Maca ©, 18 Paula M., 6 Patri, 17 Susana, 15 Andrea, 11 Rita, 6 Sofía, 12 Alba, 1 Marta, 9 Sara e 13 Lydia.
   CV Pontevedra: 3 Sánchez-Agustino ©, 14 Pérez, 8 Gago, 10 Cancela, 4 Portugal, 13 Abalo, 5 González, 16 Varela, 6 Vázquez, 7 Vila e 18 Durán.

   Partido sen transcendencia no que o FisiomásZalaeta fixo valer a súa categoría e bo momento de forma no que se atopa,  encarando o tramo final da Liga, e desfíxose do seu rival con facilidade endosándolle un 3-0, marcando a diferenza que existe entre o décimo clasificado e o segundo. Nesta ocasión, e debido ao descanso doutras categorías,  o equipo local presento a xogadoras que habitualmente realizan a súa tempada co equipo de SF2.
   A próxima xornada será partido adiantado contra AD A Pinguela o luns 11 ás 18:00 no polideportivo da Sagrada Familia. CLASIFICACIÓN.
    O segundo partido comezou ás 12:00 entre os equipos cadetes de Liga Galega, e foi dirixido polo colegiado JC Liste, e cunha duración de 52m, finalizou cun resultado de 3-0 con parciais 25-2; 25-12 e 25-13.

   CV Zalaeta: 11 Paula L. ©, 17 Ana Mª (L), 10 Carla, 5 Inés, 7 Alba, 9 Raquel, 18 Laura, 13 Nerea, 14 Irene e 6 Lydia.
   CV Pontevedra: 6 Abal ©, 8 Carballal, 12 Gómez, 5 González, 16 Argibay, 7 Rei, 9 Abreu e 3 Solla.
  
   Partido rápido e fácil para as coruñesas que se impuxeron cunha ampla diferenza ás de Pontevedra nos tres sets, o primeiro en nove minutos. Os dous restantes, non foron tan rápidos, o CV Pontevedra intentouno e conseguiu mellorar o seu xogo e maquillar o resultado.
   O equipo de D. Hermida realizou un partido ordenado, ben en defensa e cun ataque ordenado tanto polas ás como polo centro, e con este resultado conserva a segunda praza e continúa empatado a puntos co primeiro clasificado o VoleyOurense.
   O próximo partido, xornada adiantada contra o AD A Pinguela o luns 11 ás 16:30 no Polideportivo da Sagrada Familia. CLASIFICACIÓN.

   Finalizamos co partido de Segunda División A, que dirixido polos colegiados JC Liste, L Lago, T. Cobos, tivo unha duración de 02h 08m e finalizo cun 2-3 e parciais: 22-25; 26-24; 24-26, 25-23 e 13-15. Adestradores, local Asier García de Dios, e visitante, Ramirez.

+ FOTOS

   CV Zalaeta: 7 Susana N.(C), 18 Paula M., 17 Paula R., 13 Marga, 8 Patri, 5 Maca, 10 Susana S., 3 Sara, 1 Rita, 15 Andrea, 4 Alba e 6 Paula L.
   Comercial Durán CVP: 5 Valcárcel ©, 17 Castro V., 18 Hernaiz, 14 Bicada, 3 Rodríguez, 1 Abeledo, 8 Pérez, 10 Castro L. e 12 Lores.

   Vitoria final para o Comercial Durán CVP nun partido emocionante e competido no que se pelaron, literalmente, todos os puntos e no que se apuraron todos os sets sen saber ata o final quen se faría co marcador.
   Non houbo un dominador claro, no primeiro set comezaron as locais por diante ata o segundo cuarto no que as de Pontevedra cobraron a diferenza dun punto que souberon estirar ata finalizar a manga cun marcador moi axustado ao seu favor. O segundo set foi, si cabe, aínda mais apertado, a alternancia no marcador era dun punto para cada equipo como máximo dous, e ao final nesta ocasión impúxose o Zalaeta, 26-24. No terceiro set, as coruñesas adiantáronse e cobraban vantaxe, parecía que a visitantes cedían pero era un espellismo, logran remontar e empatan a 23 e superan ás do Instituto co mesmo resultado que no anterior 24-26. Gozabamos nas gradas dun intenso partido de voleibol e comeza o cuarto coa mesma igualdade, pelexábanse os puntos uno a un coma se cada un fose unha final, de novo empate a 21 e logo a 23 para finalmente impoñerse o Zalaeta , 25-23 e forzar o Tie-break. Mencionar que neste set, nun lance desafortunado, a xogadora nº 14 do CVP Comercial Durán, cae lesionada e debe de retirarse. Desexámoslle un rápida recuperación.
   O desempate comeza coas de Pontevedra lanzadas  polo triunfo, logran un 8-4 na primeira metade, pero co cambio de campo, as locais céntranse e logran remontar, e cando parecía que se farían co partido, dous erros consecutivos danlle a vitoria ao rival.
   Triunfo moi traballado do Pontevedra que realizou o seu xogo e mantivo a tensión ao longo de todo o partido, estiveron ben en todas as facetas do xogo, en defensa e cun ataque variado por todas as zonas cometendo, quizais, menos erros que as coruñesas, e iso puido ser a clave
   Do equipo de Asier García esperábase algo mais polo feito de xogar en casa, continúa con algunha baixa, parece difícil contar co persoal ao completo nalgún partido. Fallos en recepción, nalgúns momentos restaron posibilidades e un ataque sen continuidade e con erros sobre todo polas ás condicionaron o resultado.
   Con esta derrota cede a segunda praza ao Comercial Durán CVP aínda que cos mesmos puntos. A próxima xornada, desprazamento a Noia para enfrontarse ao Fisioterapia Cinesia Noia, noutro encontro que tamén pode ter o seu reflexo na clasificación.

ETIQUETAS: