/RESULTADOS DA XORNADA 11,12 E 13 XANEIRO

RESULTADOS DA XORNADA 11,12 E 13 XANEIRO

   Primeira vitoria do ano para o CV Zalaeta cadete, o venres 11 no Municipal de Lugo ante o EMEVE. Xogábase o partido aprazado correspondente á 12ª xornada que finalizou 1-3, con parciais 21-25; 25-20; 13-25 e 21-25. Cunha duración de 1h 45m, foi dirixido polo colegiado A. Bastos. Adestradores, local, Bouza e Bouza, visitante, Hermida.

   EMEVE: 2 Arias, 10 Mourelos (L), 9 Barrasa, 4 Rodriguez M., 18 Rodriguez S.,  8 Uriz, 16 Martínez, 6 Araujo, 15 Prol (I), 12 Fernández (I), 14 Vélez (I) e 3 Lorenzo (I).
   CV Zalaeta: 11 Paula L, 17 Ana Mª (L), 6 Lydia, 12 Sara, 13 Nerea, 7 Alba, 5 Inés, 14 Paula B., 9 Raquel, 18 Laura, e 10 Carla.

   Comezou o partido cos locais por diante no marcador véndose obrigadas a visitantes a remontar para facerse co primeiro set de forma axustada. Esta foi a tónica do encontro, o EMEVE superaba ao principio ao Zalaeta, aínda que únicamente puido facerse co 2º set. O primeiro partido logo da parada navideña custoulle ao equipo de David Hermida, que cometeu numerosos fallos en recepción e non estivo moi afortunado no saque aínda que logrou impoñerse no encontro, e con esta vitoria defende a segunda posición provisional na CLASIFICACIÓN.

 

 Sábado, 09:45, Monte Dás Moas, daba comezo o partido correspondente á terceira xornada da Liga zonal Infantil A Coruña-Ferrol, entre os equipos CV Zalaeta e As Mariñas Oleiros, que dirixido polo  colegiado A. Suarez, tivo unha duración de 54m., e finalizou cun resultado de 0-3, con parciais 21-25, 20-25 e 19-25. Adestradores, local, M. Martinez e visitante, Villanueva.

   CV Zalaeta: 13 Andrea, 8 Lisa, 5 Salam, 4 Bea, 6 Gonzalez, 3 Lucía, 9 Eva, 7 Cecilia e 15 Inés.
   As Mariñas Oleiros: 10 Basanta, 9 García, 3 Rouco, 7 Rodriguez, 8 Casullo, 4 Couceiro, 11 Fernández, 5 Pedreira, 3 Torres e 7 Senra.

   O resultado pode parecer engañoso, pois malia derrota o equipo de Manu vai tomando forma, e cada día desenvóse mellor na cancha e os resultado non tardarán en chegar. O partido foi entretido e moi disputado en todos os sets, cun resultado moi axustado. AQUÍ podedes ver os resultados e próximos encontros.

+ FOTOS

   Xornada nº 13 na Liga Galega Xuvenil que enfrontou no Pabellón do Instituto Zalaeta ao equipo titular co Calasancias Coruña, que non foi rival para o CV Zalaeta que venceu claramente por 3-0, con parciais 25-12; 25-21 e 25-6.
   O FisiomásZalaeta realizou o seu partido, xogando ben en todas as facetas do xogo, cun ataque que non puideron contrarestar as rivais, que xogaron ben e intentárono pero non puideron, e tan só no 2º set tutearon ás do Instituto aproximándose no marcador, 25-21. O terceiro set, coas locais de novo no partido, liquidouse pola vía rápida.

  Nova vitoria do equipo de Jorge Barrero, que o afianza na segunda posición da TÁBOA a espera do próximo enfrontamento co IES Ames a seguinte xornada.

 Pola tarde 2º derbi local entre o CV Zalaeta e Calasancias Coruña, neste caso, encontro de 2ª División A, que foi dirixido polos colegiados A. Suarez, Herrero e L Ares e tivo unha duración de 01h 56m. Adestradores, local, A. García de Dios, e visitante, Suarez. Vitoria visitante por 2-3, con parciais 25-22, 20-25, 25-13, 22-25 e 13-15.

   CV Zalaeta: 8 Patri, 18 Paula M., 7 Susana N., 14 Susana B., 5 Maca, 3 Sara, 10 Susana S., 1 Rita, 15 Andrea, 4 Alba e 6 Paula L.
  Calasancias: 6 Adán, 3 Piñeiro, 15 Guimarey, 13 Rumbo, 9 Díaz, 2 Rodriguez, 16 García N., 18 García l., 8 Cainzos, 7 Naveira, 10 Petrusi e 5 Cosntantini.

   Partido moi igualado o que presenciamos no Instituto entre o 2º e o 6º clasificados, no que no primeiro set, quizais o mellor do partido, o CV Zalaeta foi sempre por diante pero con moi pouca diferenza no marcador logrou impoñerse. Esta alternancia no luminoso foi o que marcou o encontro, ningún dos dous equipo cedía, e o Calasancias fíxose co segundo set, coas do Instituto tratando de remontar sen logralo. Recuperación espectacular das locais no terceiro set que se impoñen claramente por 25-13 e parecía que estaban dispostas a rematar ao rival cando este, de novo faise co cuarto set e forza o “tie-break”, no que se leva o partido e os puntos nun emocionante final: 13-15.
   Interesante encontro no que vimos a un Calasancias moi mellorado con respecto á primeira volta, con novas incorporaciones, que probablemente o póñan a outro nivel de competición para a parte final da liga. Realizou un partido moi completo, no que se notou a achega en ataque e no xogo na rede das novas xogadoras. O CV Zalaeta, en cambio, malia realizar un bo partido, estivo na súa liña, ben en ataque por todas as zonas e cunha boa defensa, quizais se viu afectado por algunha das baixas habidas para a xornada do sábado. Malia a derrota, o equipo de Asier García, deixou boas  sensacións, con bos momentos de xogo como o terceiro set, aínda que nalgúns momentos foi vítima dos seus erros.
   Logo deste partido, as locais perden a 2º posición na CLASIFICIACIÓN en beneficio do CV Ourense. A próxima xornada, contra CV Bruxas, no Municipal de Bertamirans.

   Para finalizar, hoxe domingo, xogouse último derbi CV Zalaeta-Calasancias Coruña, o correspondente á xornada 13 da Liga Galega Cadete. Dirixido pola colegiada N. Díaz, finalizou 3-1, con parciais 25-19; 25-15; 23-25 e 25-15. Adestradores local, D. Hermida, visitante, De Souza.

   CV Zalaeta: 11 Paula L.(C), 17 Ana Mª, 12 Sara, 18 Laura, 6 Lydia, 13 Nerea, 9 Raquel, 1 Irene, 5 Inés, 7 Alba, 10 Carla e 14 Paula B.
   Calasancias: 13 Romeu©, 1 Ucha, 7 Porta, 5 Nogueiras, 10 Picado, 8 Espiñeira, 11 Castro, 4 Pol, 15 Reverte (I), 9 Busto e 3 Respiño (I).

   Comeza o partido co equipo local por diante no marcador, ata que mediado o set prodúcese un empate a 16, para de novo despegarse aos poucos  o Zalaeta e lograr o 1-0 e, xa en segundo set, non permitir achegarse ao rival para establecer cómodamente o 2-0. O terceiro set é o da reacción do Calasancias, que non deixou en ningún momento de ir por diante das do Instituto e puxo o 2-1 no marcador, abrindo o partido e decidido a buscar o empate no cuarto xogo, pero o Zaleta non deixou pasar a súa oportunidade e impúxose de novo holgadamente.
   Ambos equipos xogaron de forma parecida, sobre todo á hora de cometer erros e con fallos na recepción e o saque. A diferenza, favorable ás locais, mais eficacia no xogo de ataque e mellores na rede. Ao equipo de David Hermida acompáñanlle os resultados aínda que o xogo desenvolvido non é do agrado do técnico, que con esta vitoria mantén ao equipo na segunda posición, provisionalmente empatado a puntos co primeiro.
   A próxima xornada, de novo derbi local, nesta ocasión contra o Liceo La Paz.  

 

ETIQUETAS: