SF2:     RGC Covadonga 2 FisiomásZalaeta 3

Patricia e Nancy

   Disputouse a sexta xornada de SF2, cun enfrontamento entre RGC Covadonga e FisiomásZalaeta no Braulio García de Xixón, con resultado favorable ao equipo coruñés por 2-3, con parciais 25-22; 23-25; 22-25; 25-16 e 12-15. Encontro dirixido polos colegiados R. Martín e C. Rodriguez que tivo unha duración de 01h 56m. Adestradores, local, J. Castro e S. Pérez, e visitante, J. Barrero e JM Sánchez.


   RGC Covadonga: 1 Covadonga, 2 M. Rodriguez (L), 3 C. Rodriguez, 4 Cristina I., 6 Paula, 7 Ángela (L)9 Alba, 10 Cristina L., 13 Ángela, 14 Cristina C., 15 Beatriz e 17 Vitoria.
   FisiomásZalaeta: 1 Marta F., 2 Cristina, 3 Sofía (L), 5 Marta E. ©, 6 Nancy, 9 Olalla, 10 Sheila, 11 Patricia, 13 Lydia, 14 Sara e 18 Noa (L).

   Excelente  resultado no desprazamento a Xixón ante un rival directo na loita pola clasificación do grupo A de SF2, que vén confirmar o bo momento de forma do FisiomásZalaeta neste comezo da Liga regular, e pon de manifesto as súas aspiracións de cara á clasificación para o Play off polo título.
   O equipo herculino viaxou coas baixas de Rocío por lesión e de Laura por motivos laborais, ás que se uniu nos prolegómenos a baixa de Sofía. Malia iso o rendemento das xogadoras de Jorge Barrero estivo a gran nivel: 
  «Xogamos un gran partido, quizais o mellor da tempada, e niso tamén influíu que nos atopamos cun gran rival que nos esixiu dar o mellor para poder superalo. O Grupo é un equipo veterano moi conjuntado, cun gran bloque cunha moi boa defensa, ante o que realizamos fundamentalmente un gran traballo de bloqueo na rede”.

  No primeiro set o FisiomásZalaeta realizou un bo xogo malia ir detrás no marcador, e acabou cedendo ante as locais, o segundo, foi similar ao primeiro, pero coa diferenza de que o resultado ao final invertiuse, e tan axustado como o anterior, foron as visitantes as mellores no marcador empatando o partido. O terceiro set, con poucos erros por parte do Zalaeta, por diante en todos os parciais, doblegaron ás gijonesas cun xogo moi completo sen fisuras. No cuarto, chegou o baixón, impuxéronse claramente as do Grupo con poucos erros e un xogo moi efectivo obtiveron a maior diferenza do encontro, 25-16,  e xa parecía que tiñan na súa man o resultado final cando no “Tie Break” apareceu de novo o mellor Zalaeta, e sen dar opción ás rivais, por diante en todos os parciais, fixéronse coa vitoria final: 12-15.
   Este resultado é importante para as aspiracións do FisiomásZalaeta, pero tamén vén referendar o bo momento de forma e a calidade do voleibol que practica este equipo.
   Debemos de destacar a actuación da xogadora internacional Patricia Suarez que con importante achega de 26 puntos realizou, sen dúbida, o seu mellor partido da tempada, e tamén destacamos o rendemento da colocadora Cristina, 11 puntos, e a central Nancy, 12.
   Con este resultado, o equipo coruñés sitúase en segundo lugar da táboa de forma provisional, xa que a próxima semana tócalle descansar.   


Recibimos a visita do Fisioterapia Cinesia Noia,  no Pabellón do Instituto para xogar os partidos correspondentes á xornada nº 7 de Liga Galega.
    As primeiras en comezar foron as Cadetes nun partido que deu comezo ás 16:00 do sábado, sendo dirixido pola colegiada Laura Lago e que cunha duración de 01h 24m, finalizou cun resultado de 3-1 con parciais 25-12; 25-10; 25-27 e 25-10.

   CV Zalaeta: 11 Paula L. ©, 12 Sara A., 14 Paula B., 17 Ana Mª, 7 Laura, 9 Raquel, 5 Inés, 10 Carla, 1 Irene, 19 Andrea (I) e 4 Salam (I).
   Fisioterapia Cinesia Noia: 10 Canabal, 2 Oviedo, 3 Rodriguez, 5 Serna, 11 Castro, 9 Blanco R., 7 Blanco M. e 1 Beceiro.

   Encontro que debería resolverse sen complicaciones para as locais que se enfrontaban a un equipo moi ordenado pero inferior e ante o que impuxeron o seu xogo a un bo nivel cun bo ataque que resultaba difícil de defender para as visitantes. O equipo de Noia intentábao pero o seu momento non chegou ata o terceiro parcial, no que a mellora do seu xogo e a perda de concentración das do Instituto, fíxolles impoñerse cun apertado 25-27. Con todo, este set non puxo en perigo o resultado do partido, no cuarto a coruñesas volveron á cancha con intención de sentenciar: 25-10. Resultado que permite ás pupilas de David Hermida continuar á fronte da clasificación.
   Nesta ocasión contamos coa baixa por lesión de Nerea, á que lle desexamos unha pronta recuperación.
   Próximo partido, ante o Voleibol Dumbría en casa.

   
   A continuación xogaron os equipos de xuvenís, nun partido de 51m de duración, dirixido polos colegiados JC Liste e N. Díaz que finalizou cun resultado de 25-9, 25-4 e 25-9.
   FisiomásZalaeta: 8 Maca ©, 18 Paula M., 6 Patricia, 1 Rita, 9 Sara, 2 Alba, 17 Susana, 10 Paula L. e 15 Andrea.
   Fisioterapia Cinesia Noia: 4 Vidal ©, 8 Castro, 4 Canle, 6 Seijas, 7 Martinez, 3 Oviedo R., 5 Trillo, 2 López, 10 Canabal ©, 1 Beceiro © e 2 Oviedo H ©.
   Partido sen complicaciones para as locais, que se impuxeron con claridade a un equipo co que hai unha gran diferenza, que en ningún momento foi capaz de parar o ataque do Zalaeta.
   O conxunto do Instituto, esta vez dirixido por Asier García de Dios, con este resultado continúa na cabeza da clasificación.
    Proximo partido na casa contra IES San Martiño Dompa Gestión.

   Para finalizar a xornada, presenciamos un interesante e disputado partido entre os equipos de segunda División A.  O encontro dirixido por Juan Carlos Liste e Natalia Díaz tivo unha duración de 01h 38m e finalizou cun resultado de 3-1 e parciais 25-23; 25-18; 24-26 e 25-14.
   CV Zalaeta: 11 Cristal©,  13 Paula R. (L), 18 Paula M. (L), 14 Marga, 9 Sara D., 12 Maca (J), 15 Andrea (J), 3 Patri (J), 1 Rita (J), 3 Sara R. (J), 4 Alba (J) e 10 Susana (J).
   Fisioterapia Cinesia Noia: 3 Paz ©, 17 Castro, 9 Lojo, 4 Gonzalez, 11 Lorenzo, 5 Trillo (J), 7 Martinez (J), 2 Oviedo ( C ) e 15 Vázquez.
   Partido intenso o que ofreceron aos espectadores ambos equipos que loitaron decididamente pola vitoria. O CV Zalaeta viña de perder o seu anterior encontro e buscaba un triunfo que lle permitise continuar nos postos altos da clasificación para non perder opción ante os equipos de cabeza, mentres as de Noia pretendían continuar a súa boa racha e apurar as súas posibilidades na táboa.
   Comezaron o partido por diante as locais, pero con moi escasa marxe, as diferenzas nunca chegaron a ser importantes para facerse co set as do Instituto. No segundo set, o Zalaeta incrementou o seu ritmo e no último parcial impúxose con diferenza, para xogar un terceiro set en que parecía que a vitoria estaba ao alcance da man, pero a reacción do Fisioterapia Cinesia Noia doblegóu ás do Instituto e conseguiu alargar o encontro. No cuarto e definitivo set, o Zalaleta saíu decidido a facerse co partido e os puntos logrando a maior diferenza:25-14.
   O equipo de Asier García de Dios, que onte contou con todos os seus efectivos, realizou un encontro, moi completo, no que o ataque foi a súa mellor arma, resultándolle moi difícil de defender ás visitantes, que á vez  estrelaban unha e outra vez os seus ataques no excelente xogo de rede do CV Zalaeta. O equipo de Noia, realizou un xogo moi ordenado, e en ningún momento se déron por vencidas, realizando unha boa distribución para o seu ataque pero sen poder impoñerse en ningún momento. Froito do seu veteranía e o seu saber estar na cancha foron capaces de superar ao rival no terceiro set, o que non fixo senón espolear ás xogadoras do Zalaeta para finalizar o partido coa maior diferenza no cuarto set.
   A próxima xornada, en casa contra o Dompa Xestión.
ETIQUETAS: