/SF2: FISIOMÁSZALAETA – AD LA CURTIDORA

SF2: FISIOMÁSZALAETA – AD LA CURTIDORA

   
VER FOTOS>
   Ás 18:00 horas do sábado comezaba no Barrio das Flores o encontro de SF2 entre os equipos FisiomásZalaeta e AD La Curtidora de Avilés, correspondente á terceira xornada. Dirixido polos colegiados Cordeiro, Liste e N. Mahía, tivo unha duración de 01h. 43m., e finalizou 3-1 con parciais: 25-14; 25-12; 22-25 e 25-16. Adestradores, local, J. Barrero e JM Sánchez, visitante, Aramendi e Berrio.

   FisiomásZalaeta: 1 Marta F., 2 Cristina, 3 Sofía (L), 5 Marta E. ©, 6 Nancy, 9 Olalla, 10 Sheila, 11 Patricia,13 Lydia, 14 Sara, 15 Rocío e 18 Noa (L).
   AD La Curtidora: 1 Llorens, 2 Franco, 3 Martínez S., 6 Serrano, 7 García A.(L), 8 Montejo, 9 Fernández, 11 Álvarez, 12 Busto, 13 Rei, 14 García P. e 16 Martínez MT.

   Importante vitoria a conseguida neste encontro, que se suma á boa racha de comezo de tempada. Esperábase outro partido, pero ao equipo visitante fíxolle efecto o factor campo, e realizou un comezo de partido floxo, no que o FisiomásZalaeta se impúxo claramente, cun bo ataque e ben no saque e cometendo poucos erros. 
    Parecía que as cousas íanlle rodadas ás locais, no primeiro e segundo sets, e iso motivou unha perda de concentración nas coruñesas, ao mesmo tempo que o AD La Curtidora reacciona e métese de cheo no partido, logrando, no terceiro parcial, os seus mellores números en ataque, e moi centradas, as visitantes cometen poucos erros e realizan unha boa defensa, o que lles permite poñerse por diante en todos os parciais do set e finalizar gañándoo. Ata aquí chegou o partido, co terceiro set como o mellor desenvolvido polas avilesinas, e no cuarto, o Zalaeta volve máis centrado para retomar de novo o mando do encontro, e defendendo ordenadamente organizan perfectamente o ataque conseguindo a vitoria no parcial e no partido.
   Por Zalaeta formaron como seis inicial: 1 Marta F., 2 Cristina, 6 Nancy, 11 Patricia, 13 Lydia, 15 Rocío e 3 Sofía (L).
   Para o equipo de Jorge Barrero, que ao longo do partido foi dando entrada todas a súa xogadoras, esta vitoria significa poñerse, provisionalmente, á fronte da CLASIFICACIÓN do seu grupo.
 Podemos destacar o completo partido realizado por Cristina e os puntos aportados por Patricia, 21, e Rocío, 19, 6 de saque.

laopinioncoruna.es:
https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=www.laopinioncoruna.es/deportes/2012/10/30/leyma-natura-liceo-zalaeta-pleno-victorias/659894.html

    RESULTADOS XAV CAMBADOS – CVI ZALAETA

VER FOTOS>

   O domingo día 28, realizamos a viaxe a Cambados sen novidade no autobús de Autos Cancela.
    Alí xogamos tres partidos, o primeiro deles foi o que enfrontou os equipos Cadetes, que comezou ás 16:00 e tivo unha duración de 01h. 05m. Dirixido polos colegiados Dominguez e Cordeiro, finalizou cun resultado de 0-3, con parciais: 11-25; 15-25 e 17-25. Adestradores, local, Leal e visitante D. Hermida.


     XAV Cambados: 8 Ventoso ©, 4 Baúlo, 10 Padín, 2 Abal A., 6 Martínez R., 7 Arinal, 1 Abal, 9 Martínez P., 13 Palacios e 5 González.
    CVI Zalaeta: 11 Paula L. ©, 9 Raquel, 18 Laura, 13 Nerea, 1 Irene, 3 Ana Mª, 14 Paula B., 5 Inés, 10 Carla, 7 Alba e 12 Sara.
   O equipo coruñés mostrouse claramente superior ao seu rival, como reflicte o marcador, estivo ben no saque e o acerto na recepción permitiulle elaborar un ataque eficiente. As locais foron de menos a mais, con algunha boa racha no saque, pero o seu ataque era fácilmente resolto polas de Zalaeta. O adestrador visitante, David Hermida, puxo en xogo a todas as xogadoras desprazadas,  e deste xeito consegue un conxunto que se vai axustando cada vez mellor. Esta vitoria permite ao Zalaeta continuar á fronte da CLASIFICACIÓN empatado  co VoleyOurense.

VER FOTOS>

   A continuación xogaron as xuvenís o partido correspondente á xornada nº 4, que foi dirixido polos colegiados Dominguez, Cordeiro e Moreira, cunha duración de 57m., finalizou con resultado 0-3, con parciais, 13-25; 8-25 e 19-25. Adestradores, local, Oubiña e visitante J. Barrero e A. García.
   XAV Cambados: 16 Buceta ©, 7 Bao, 6 Barreiro, 13 Corbacho, 10 Diz, 3 Prego, 14 Rodriguez, 5 Vidal, 1 Abal A o., 18 Abal An., 12 Padín e 4 Ventoso.
   FisiomásZalaeta: 8 Maca ©, 18 Paula M., 3 Sofía, 11 Rita, 2 Alba Q., 17 Susana, 6 Patricia, 7 Sara, 1 Marta e 15 Rivas.
   Partido de cor visitante, no que o FisiomásZalaeta non deu opción ás de Cambados, que tan só no terceiro set lograron inquietar ás coruñesas. O Zalaeta realizou un partido sen tensión, que souberon aproveitar para poñer en práctica diversas variantes no seu xogo. En saque estiveron regular, e por momentos faltas de concentración. Con esta vitoria, o equipo de J. Barrero, non perde comba na CLASIFICACIÓN, e continúa en 3ª posición empatado a puntos co 2º, Pinguela. Á fronte, EMEVE.

   
  Para finalizar a xornada, enfrontáronse os equipos de 2ª División A, nun partido que tivo unha duración de 01h. 05m, dirixido polos colegiados, Dominguez, Cordeiro e Moreira, finalizou cun resultado de 0-3, parciais, 17-25; 23-25 e 20-25. Adestradores, local, Oubiña e visitante, Asier García de Dios.

   XAV Cambados: 7 Oubiña M.©, 15 Oubiña R.,10 Barreiro M., 3 Charlín, 2 Cortegoso, 14 Gómez, 8 Lopez,9 Bao, 6 Barreiro, 16 Buceta, 4 Prego e 5 Vidal.
   CVI Zalaeta: 5 Cristal ©, 10 Paula M., 2 Susana B., 9 Rita, 14 Alba, 11 Susana S., 8 Patricia, 3 Sara e 15 Andrea.

   Partido que a pesar do resultado púidoselle complicar ao Zalaeta que comezou o primeiro set por baixo no marcador pero que foi capaz de levantalo xogando ben e con boas rachas de saque. No segundo parcial, as coruñesas perden concentración, cometen erros e resolven nos últimos puntos de modo moi axustado para chegar ao terceiro recuperando o seu xogo, e dando sensación de equipo, superan ás locais no que foi o mellor set do partido.
   Para este partido, o adestrador Asier García de Dios, non puido contar con todos os efectivos, xa que algunhas das súas xogadoras non puideron desprazarse, mentres que  Su Naveira continúa recuperándose da súa lesión.    Logo desta vitoria, o Zalaeta continúa en terceira posición nunha CLASIFICACIÓN que lidera o UDC.

ETIQUETAS: