
Estas vitorias dan paso a disputar os postos do 13 ó 16, cun primeiro enfrontamento contra VB Torrejón, o que tamén se lle vence por 2-0 en 59 m., pero sendo un partido moi axustado: 30-28 e 25-19, no que o Fisiomás Zalaeta non presentou a sua mellor cara. O derradeiro encontro ten lugar no polideportivo Sant Joan as 17:30 contra Volei Grau Castellón, cunha duración de 52m, co mesmo resultado de 2-0 (25-23 e 25-20), sendo este probablemente o mellor encontro disputado nesta 2ª fase, que foi o que deu a clasificación definitiva, o 13º lugar. Clasificación que non cumpre as espectativas dos adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto, que inicialmente esperaban meterse na loita polos 12 primeiros, pero que as vitorias incontestables en todos os partidos desta fase aproxima o equipo a seu sitio despois do mal partido contra Volei Murcia que marcou o presente campionato. Campionato que foi gañado por VB San Cugat, seguido de Aguere Caja Siete e Unicaja Almería, 4º posición para as vencedoras de 2011 Gran Canarias 2014, e un meritorio 6º posto para o EMEVE de Lugo.