/RESULTADOS CAMPIONATO DE ESPAÑA

RESULTADOS CAMPIONATO DE ESPAÑA

   Deu comenzo as 09:00 h. desta mañá o torneo para o Fisiomás Zalaeta, cun enfrontamento co equipo favorito para alzarse co triunfo no presente campionato, o Gran Canaria 2014. O encontro, que tivo unha duración de 01h 37m, finalizou cun resultado de 3-1, favorable as canarias, con parciais 21-25, 25-12, 25-21 e 25-12.

   Gran Canaria 2014: 5 Nsungimina (c), 1 Guerra (L), 2 Muñoz, 4 Solana, 8 Valle, 9 Barrasa, 13 Alduán, 14 Lozano, 16 Manzano, 17 Korff e 18 Becares.
   Fisiomás Zalaeta: 10 Maca (C), 18 Paula M. (L), 7 Marta, 5 Jessy, 9 Antía, 11 Rita, 3 Sofi, 1 Amara, 6 Patri, 2 Lydia e 4 Paula L.
   Gran comenzo de partido para o Zalaeta que se fixo co primeiro set desplegando un gran xogo que sorprendeu as vixentes campionas do torneo do 2011, de modo que parecía que se ía producir a sorpresa xa ó comenzo da primeira rolda. Non foi así, xa que o Gran Canaria recuperouse no 2º set  e impúxose con claridade ás coruñesas, que continuaron con un bon nivel, logrando poñer en apuros ás rivais no 3º parcial  pero sin poder coa superioridade canaria que realizaron un gran 4º set para rematar o partido.
   Xa pola tarde tiña lugar o 2º encontro de grupo, nesta ocasión contra o Volei Murcia, que tivo unha duración de 02h 38m, e finalizou cun resultado favorable as murcianas por 2-3, con parciais 25-19, 20-25, 18-25, 25-21 e 14-16.
   Fisiomás Zalaeta: 10 Maca (C), 18 Paula M. (L), 7 Marta, 5 Jessy, 9 Antía, 11 Rita, 3 Sofi, 1 Amara, 6 Patri, 2 Lydia e 4 Paula L. 
   Volei Murcia:  2 Del Nero (C), 8 Perales (L), 7 Tripiana, 13 Ruiz, 10 Valera, 11 Cánovas, 9 Palazón, 6 García Calvo, 14 Martinez, 5 De Las Heras e 4 Cano.

   Este era un partido que estaba ó alcance da man das do instituto, pero que non foron capaces de manter o nivel que mostraron pola maña contra G. Canarias, e ante un Volei Murcia que se empregou a fondo, tiveron moitas dúbidas, e ainda que comenzaron gañando, cederon os 2º e 3º parciais para recuperarse no 4º e caer no «tie-break» cando ían por diante, e con moitos erros non lograron rematar o partido. Mañá día 3 partido contra A.D. Almendralejo as 11:00.
  

ETIQUETAS: