VER FOTOS> |
VER FOTOS> |
Simultaneamente tiña lugar en Xixon o encontro correspondente a 1ª xornada de Liga da 1ª división Masculina entre o CID Jovellanos e Autos Cancela Zalaeta que se saldou cun resultado de 3-0 favorable o conxunto asturiano, e con parciais de 25-22; 25-16 e 25-8. O Zalaeta con un equipo prácticamente diferente o da tempada pasada está falto de partidos para lograr acoplarse mellor. Perderon un partido ante un rival non tan superior como poida parecer polo resultado, o Zalaeta mantívose no 1º set, 25-22 pero no 2º e 3º veuse claramente superado polo un rival ante o que se quedou sin recursos.
CLASIFICACIÓN
VER FOTOS> |
O domingo 30 no P. Sagrada Familia tivo lugar un dobre enfrontamento FISIOMAS ZALAETA – EMEVE LABORATORIOS NUPEL nas categorías Cadete e Xuvenil Feminino. As 11:00 comenzou o partido entre os equipos cadete que finalizou con victoria das lucenses por 2-3 con parciais: 15-25, 26-24, 18-25, 25-23 e 12-15, foi arbitrado polo colexiado A. Borras e tivo unha duración de 1h e 56m. Adestradores: local D. Hermida e visitante J. Valle.
CV Zalaeta: 16 Rivas A, 13 Ceba, 9 Rey, 15 Pardo, 17 Miluska, 1 Maneiro, 18 Villaverde, 4 Féliz, 17 Alonso, 8 Tabeayo, 11 Lema e 12 Rivas I.
EMEVE: 14 Folgueira, 17 Mourelos, 9 Uriz, 10 Rodriguez, 13 García, 11 Martinez S, 5 Martinez D, 4 Arias, 7 Saa e 6 Araujo.
O primeiro set, no que as do Instituto parecían esta ausentes, foi claramente do EMEVE. Pero a reacción do Zalaeta da man do seu adestrador David fixo que o partido resultara intenso e emocionante con un xogo moi equilibrado entre os dous coxuntos tanto en ataque como en defensa, con errores repartidos por igual, que tan so se decantou polas visitantes no «tie break» por 12-15. Boa sensación é a que nos deixa este equipo a pesares da derrota.
CLASIFICACIÓN
VER FOTOS> |
A continuación celebrouse o encontro de categoría xuvenil entre os equipos de F. Cueto e J. Valle que finalizou 0-3 con parciais 17-25; 19-25 e 19-25.Foi arbitrado polos colexiados Alberto Suarez e Antonio borrás e con unha duración de 1h e 1m.
FISIOMAS ZALAETA: 10 Macarena, 18 Paula M, 17 Patri, 11 Rita, 5 Jessy, 6 Amara, 13 Marta, 3 Sofi, 9 Lydia, 7 Paula L. e 15 Andrea.
EMEVE LAB. NUPEL: 9 Yañez, 7 Dominguez, 9 Rozas C, 3 Rozas B, 12 Carvajal, 1 Merino, 10 Pérez, 6 Bovio, 14 Folgueira, 17 Uriz, 13 García e 5 Arias.
Contundente resultado a favor do EMEVE que comenzou o partido con moita forza e en ningún momento deixou que as xogadoras de Zalaeta atoparan o seu lugar na cancha. O 2º set levounos a unha tímida reacción das locais pero non puideron cambiar o desenrolo do partido. Moi bon partido do EMEVE que demostra o seu potencial con un gran ataque en unha boa defensa na que se estrelaban os ataques das coruñesas. O Zalaeta debe de recuperar a confianza para poñerse o seu nivel, que non é o que parece indicar o resultado, e continuar nos postos altos da CLASIFICACIÓN.
Gentileza de TECNOSOS GALICIA