O próximo día 8 de Outubro terá lugar no Polideportivo Sagrada Familia oTorneo Cidade de A Coruña de Voleibol Feminino que significará un previo ó arranque da tempada 2011-2012 para as xogadoras de Jorge Barrero, no que se medirán cos equipos de Superliga 2 EMEVE, e Pinguela e ao Xuvenil de Teis de FEV. Despois de unha intensa preparación de cara o comezo da liga regular, o equipo de Zalaeta pretende dar a cara ante uns rivais de categoría superior para tratar de ver o seu rendemento ante o comenzo de liga FEV, que será na casa, ante o cvleganes.
Este ano o equipo preséntase con cambios, no que hai baixas e novas incorporacións. Esperamos que haxa unha boa conxunción para a obtención de bos resultados.
Moita sorte!
ETIQUETAS: