Vitoria do Autos Cancela Zalaeta ante o CONAVI Xuvenil Teis no derbi celebrado esta tarde no Barrio das Flores, que lles serve ás locais para escalar un posto na clasificación e que poñía punto final á Liga Regular de SF2. Ás 18:00 horas comezaban todos os encontros desta xornada de clausura, na Coruña dirixido pola colexiada Aroa García tivo unha duración de 01 h 42 m e finalizou cun resultado de 3-1 con parciais 25-15; 25-27; 25-14 e 25-18.
AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Noemí Vázquez, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Marta Fraga, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
CONAVI XUVENIL TEIS: Tea Andric, Sabela Moreno, Aida Pérez, Lorena Cruz, Federica Farabegoli, Laura Martínez, Tania Boelle, Carla Figueroa, Alma Nuñez e Cristina Vázquez. Adestrador Celso Veloso.
Bo comezo de partido do Zalaeta que aos poucos vai cobrando vantaxe e supera en todos os parciais ao rival cunha boa porcentaxe en ataque e dominio do xogo na rede e controlando os erros propios para poñer o 1-0 no marcador.
No segundo set, a pesar do bo comezo das locais, decae o xogo do Zalaeta que permite ao Xuvenil remontar un set que comeza cun parcial de 8-1. Sen que as de Teis melloren ostensiblemente o xogo do primeiro set, o maior número de erros cometidos neste set polas coruñesas, 14, permiten ás xogadoras de Veloso empatar o partido.
No terceiro o Zalaeta reconduce o seu xogo, recorta erros e obtén a mellor porcentaxe de ataque do encontro cun 58% de eficiencia e imponse coa maior mahjong ways diferenza nun set do partido. No cuarto set e definitivo ao cabo, o Xuvenil tenta xogar a súa última baza, comeza por diante cun primeiro parcial de 6-8 pero as locais remontan e impóñense no set que lles dá o partido e os 3 puntos en xogo.
Bo partido das de Barrero que tan só picaron o segundo set, aínda que cometeron demasiados erros, 35 nos 4 sets, 10 de saque, lograron 58 puntos de ataque cun 44% de eficacia. Ben en recepción cun 50% e excelente bloqueo con 11 puntos.
Emma Ordoñez nesta ocasión máxima anotadora do encontro con 20 puntos, 4 ACES, seguida de Lidia Gudge con 17 puntos, 7 de bloqueo, 14 Marta Fraga, 12 Alba Quirós e 11 Andrea Rivas, 5 xogadoras superan os 10 puntos.
Pola súa banda o Xuvenil mostrouse pouco eficaz en ataque e aínda que cometeu poucos erros, non foi suficiente para lograr nada positivo no derbi. Federica Farabegoli máxima anotadora con 12 puntos,Tea Andric con 11 e Lorena Cruz con 10, 4 ACES.
Despedida de Liga Regular en casa con deposit 25 bonus 25 bebas ip vitoria ante a afección e no segundo derbi da tempada. Súmanse 3 valiosos puntos que serven para ascender ao 5º posto na clasificación con 39 puntos e 12 vitorias.
O Autos Cancela Zalaeta quere mostrar o seu agradecemento á afección sempre presente no Barrio apoyando ao seu equipo, apoio necesario e sen o cal sería complicado lograr nada positivo.
Moitas grazas a tod@s, co voso incondicional apoio esperamos poder seguir ofrecendo este incomparable espectáculo de Voleibol Feminino e lograr grandes resultados que leven ao voleibol coruñés todo o máis alto posible.
PARA VER AS FOTOS DO PARTIDO…PINCHA AQUÍ
PARA VER O VIDEO DO PARTIDO ….PINCHA AQUÍ