/ENTREVISTA CON SARA DÍAZ.

ENTREVISTA CON SARA DÍAZ.

     Nome, data e lugar de nacemento. Sara Díaz García, Monforte de Lemos, 1994.

         Profesión, traballo, estudios…
  Actual estudiante de 2º ano do dobre grao de Dereito y Administración e
Dirección de Empresas na UDC.
    
      Unha affección, un libro, unha película.
       Teño que confesar que son unha “friki” de Harry Potter, (sei o diálogo da primeira película casi enteiro), en canto a lectura, non teño moito tempo libre, pero sempre intento sacar un hoco para un libro de aventuras. Para desestresarme dou paseos ata esquecer as preocupacions. Os paseos, e ver series, é o que mais me relaxan.
  ¿Onde te iniciaches no voleibol? Traxetoria.
  Comencei xogando no equipo do colexio, alevín de 2º ano. Posteriormente pasei formar parte da canteira de AD A Pinguela, onde estiven ata o derradeiro ano de cadete, momento no que fun chamada para formarme no CAEP de Soria. Despois desta etapa, que durou dous anos, vin para Zalaeta.
  Posición na que xogas, ¿Sempre xogaches nesa posición? 
  Dende que empezei a xogar tiven duas posicions nas que fun rotando constantemente: oposta e receptora. 
  Un exemplo de deportista, referencia do volei ou do deporte en xeral.
  De pequena o meu referente era Noelia Sánchez, xogadora da canteira monfortina (A Pinguela) que grazas ao seu enorme sacrificio chegou o mais alto do voleibol español. Anos despois, Rafa Pascual tamén se converteu noutro exemplo a seguir, un grande deportista.
  O mellor recordo que teñas do volei, partido, torneo, equipo, título…

  Hei de dicir que non teño moi boa memoria, pero o volei
deixoume moi bos recordos. Entre eles está a primeira vez que oín o
himno nacional no meu debut coa selección española. Xunto a isto, as
concentracións e os campionatos de España coa galega tamén me deixan moi
bo sabor de boca.


  Dende o teu punto de vista, ¿que achegas ao equipo?
  Intento
achegar seguridade no ataque, sobre todo nos momentos nos que nos custa
cambiar (aínda que estou a medio camiño de ser un dos referentes). Fóra
do campo son o chisme do equipo, xa que as miñas compañeiras se adoitan
reir comigo (ou de min); e para o meu adestrador, ás veces son un pesadelo, que sei que tamén o agradece.

  ¿Que é o non se te dá tan ben, o que máis che custa?
  Ui… está moi difícil pero decídome pola defensa. As miñas compañeiras din que fago o “moonwalk” xa que en vez de ir a pola bóla retrocedo.

  Unha socia, cómplice na cancha.
  Sofia Hidalgo. Como xa a coñecía da galega cando cheguei a Zalaeta foi un grande apoio e axudoume a integrarme no equipo. Agora que vivimos xuntas é a que máis me coñece, e iso nótase no campo. Sempre
que nos miramos sabemos perfectamente o que necesita cada unha (xa sexan
ánimos, motivación, escarmento…)

  ¿Que é na túa opinión o mellor do equipo?
Tendo
en conta que o equipo o formamos xogadoras de diferentes idades, o bo
ambiente que temos é unha das cousas máis importantes. A nivel táctico o
bloqueo é un dos nosos fortes, xa que contamos con xogadoras de grande
altura.

  ¿Como ves a tempada que acaba de finalizar, estás
satisfeita co teu rendemento? 
  Creo que
poderiamos ter xogado a un mellor nivel do que o fixemos. Con isto non
quero dicir que non tivésemos partidos bos, pero a maioría deles
caracterizáronse pola nosa irregularidade. A nivel persoal considero que
non fixen unha mala tempada, pero como sempre todo é mellorable.
Fáltame moito por aprender, tanto a curto como a longo prazo.

  ¿Realmente paga a pena o esforzo que realizas e a dedicación a este deporte?
  Sen
dúbida ningunha este é un deporte que require moito sacrificio, pero a
recompensa final é moito maior. Non só a nivel persoal nin de
superación, senón por todo o que está detrás do deporte. Grazas ao
voleibol coñecín persoas que se converteron case en parte da miña
familia; polo tanto, imaxinar a miña vida sen este deporte non é unha
posibilidade.

  Ser muller e deportista…… 
  Todo
un orgullo. Parece mentira que a día de hoxe en pleno século XXI aínda
se estea a reivindicar o papel da muller no deporte. A un deportista
deberíaselle recoñecer polos seus logros e esforzo, independentemente do
sexo ao que pertenza.