/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 cvleganes.com 1

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 cvleganes.com 1

 

  Nova vitoria do Autos Cancela Zalaeta no Barrio que se impuxo ao cvleganes. com, equipo que viña ao mando da clasificación do Grupo A, e que con este resultado vese relegado á 3ª posición, nunha táboa na que os seis primeiros postos están nunha marxe de 4 puntos.

  Puntualmente, ás 19:00, comezaba o encontro correspondente á xornada nº 17 no Barrio , dirixido polo colexiado Pedro Pidal que despois de 01 h 30 m finalizou cun resultado de 3-1 con parciais 25-20; 25-15; 13-25 e 25-21 (88-81).

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, María Pedreira, Claudia Mariño, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Lida Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

cvleganes. com: Alejandra Díaz, Olivia Isidro, Claudia Díaz, Lorena Rubiera, Noelia Fontán, Alejandra Salleras, Andrea Moroto, Natalia Rodríguez, María Curto, Laura Almazán, Isabel Ferrera, Ana Martín e Nada Essayadi. Adestradora Marta Ballesteros.

  Nun primeiro set que comezaba igualado con escasas diferenzas para o Zalaeta nos dous primeiros parciais, é a partir do 19-20 cando as locais deciden o set cun 6-0 que tomba ás visitantes e pon o 1-0 no marcador.

  No segundo as locais distáncianse desde o inicio, nun set no que cometen moi poucos erros, 2 por 11 as madrileñas, e logran a súa mellor porcentaxe en ataque do encontro, 2-0 no marcador que xa supón 1 punto para as de Barrero.

  Non había marxe para a reacción do rival, e o terceiro é claramente do equipo de Ballesteros que trata de buscar a súa oportunidade e que non se lle escape o partido.   Prodúcese o baixón das do Instituto que son amplamente superadas polo rival e cometen o maior nº de erros do partido nun set, 11. Parecía que o Leganés poderíalle dar a volta ao partido, pero o Zalaeta recupera o seu ritmo e de novo a eficacia en recepción e en ataque danlle a vitoria no set e no partido ás coruñesas.

  De novo na senda da vitoria, súmanse 3 novos puntos que volven meter ao Autos Cancela Zalaeta en loita polos postos de cabeza do Grupo A. Continúa na 4ª posición con 35 puntos, pero nunha clasificación moi axustada ao mando do Extremadura Arroyo que perdeu en Xixón, aínda que puntuou, empatado con CV Torrelavega con 37 puntos, 3º Leganés con 36.

  Bo partido do Zalaeta cun 50% de eficacia en recepción e 52 puntos de ataque, aínda que nalgún momento os erros puidesen pasarlle factura.

  Unha vez máis Emma Ordoñez máxima anotadora con 18 puntos, 17 ataques, 1 ACE, seguida de Laura Vázquez con 14 puntos, 12 ataques e 2 ACES e Lidia Gudge con 12 puntos, 8 ataques, 1 ACE e 3 bloqueos.

   Polo cvleganes. com, Ana Martín con 12 puntos e Lorena Rubiera con 10 puntos, as mellores anotadoras.

   Próximo partido, lonxe de casa, o domingo en Soria ante o CAEP.