/METIDAS NAS FASES FINAIS DA COMPETICIÓN (e 2)

METIDAS NAS FASES FINAIS DA COMPETICIÓN (e 2)

 

  O equipo xuvenil do Club Instituto Voleibol Zalaeta encadrado na 1ª División da liga Autonómica cumpriu o seu obxectivo, clasificouse en 3ª posición con 13 vitorias de 18 partidos superando os inconvenientes das lesións inoportunas de metade de tempada. Esta clasificación dálle paso á Fase Final na que se enfronta ao Jealsa Boiro Voleibol co que obtén un resultado de 1-3 na Cachada, resultado que o pon ao bordo da seguinte rolda. No partido de volta as do Instituto de novo vencen ás de Boiro holgadamente no Pavillón do Instituto por 3-0, o que lles dá o pase para medirse ao Xuvenil de Teis na Fase Final do Campionato Galego, que disputarán tamén o CV Ribeira Sacra de Monforte e o EMEVE de Lugo.

  Con 13 vitorias o equipo senior de 1ª División Autonómica alcanza a 2ª posición na táboa da Liga Regular por detrás do CV Bruxas. Excelente resultado para un equipo que combina ás máis novas coas veteranas e que sofre fluctuaciones ao longo da campaña.

  Este resultado permítelle ao Club Instituto Voleibol Zalaeta pasar á seguinte Fase polo título na que se enfronta en primeiro lugar co CVP Alianza Española de Seguros SA ao que se impón por 0-3 a domicilio e polo mesmo resultado no Pavillón do Instituto e clasifícase para a final por título galego da categoria na que se enfrontará en primeiro lugar nun derby local, ao Calasancias Coruña nun lugar aínda por determinar no que a outra final xogarana CV Bruxas e A.D. Xiria Asesoría Cervantes.