Desprazamento a Lugo para xogar no Municipal o partido correspondente á 9ª xornada de SF2 ante o EMEVE. O encontro comezaba puntualmente ás 18:00 dirixido polo colexiado Carlos Cordeiro e finalizaba cun resultado favorable ás locais de 3-0, con parciais. 25-16; 25-19 e 25-11.
EMEVE: Julia Paradela, Paula Lorenzo, Irene Yañez, Laura Vilasante, Uxía López, Ainara Burgo, Eliana González, Aitana Fernández, María Aguiar, Lucía Prol, Carmen Saa e Alba Pizarro.
Adestradores José Valle e Fátima Valle.
AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, María Pedreira, Alba Quirós, Paula Lema, Andrea Rivas, Caíope García, Laura Vázquez, Marta Fraga, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
Derrota sen paliativos do Zalaeta ante as lucenses nun encontro con moitos erros, probablemente o peor desta primeira volta. Nun primeiro set cuns números moi parecidos en ataque, o equipo de Valle logrou rendibilizar o seu mellor servizo e bloqueo axudado polos erros das coruñesas que lle deron o 1-0 cun marcador xa decidido no 20-15.
O segundo debería ser o da recuperación do Autos Cancela, comeza moi igualado con pequenas diferenzas ata que a partir do 18-14 as locais vanse distanciado sen permitir ás rivais achegarse, ás que de novo os erros impediron realizar nada positivo aínda logrando máis puntos en ataque que as lucenses.
E chegamos ao terceiro, no que o Zalaeta encaixa un 13-1 imposible de superar e converte o set no máis rápido e o de maior diferenza do encontro, eficacia en ataque do EMEVE, 18 puntos e aínda que o Zalaeta cometeu poucos erros, si foi romo en ataque, 2 puntos.
Lucía Prol de EMEVE foi a máxima anotadora do partido con 17 puntos, seguida por Aitana Fdez. con 10. por parte do Zalaeta, Alba máxima anotadora con 9 puntos seguida de Laura con 6 e Marta e Inés con 5.
Próximo partido no Barrio ante o RGC Covadonga o sábado 25 ás 19:00.