/SF2: C.V. TORREJÓN 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 2

SF2: C.V. TORREJÓN 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 2

 

Partido correspondente á 6ª xornada de Liga Regular de SF2 que enfrontaba no Municipal J. Antonio Paraiso ao equipo titular da cancha, CV Torrejón co Autos Cancela Zalaeta, dirixido polo colexiado Vicente Barranco, finalizou cun resultado de 3-3 (15-25; 25-15; 25-15; 17-25 e 15-8).

 

C.V. TORREJÓN: Raquel Virumbrales, Belén Morante, Eugenia Sageras, Laura Benito, Denia Bravo, Lucía Llorente, Patricia Hernández, María Paz, Yasmina Omeragic, Claudia Santiesteban e Flavia D´Amato.

Adestrador, Canales de la  Hoz.

 

AUTOS CANCELA ZALAETA Patri Santos, María Pedreira, Alba Quirós, Paula Lema Andrea Rivas, Laura Vázquez, Marta Fraga, Lida Gudge, Inés Rivas e Susana Bermudez.

Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.

Bo comezo de partido das xogadoras de Barrero que se impuxeron pola vía rápida ás locais con boa eficacia no ataque e solvencia en recepción, a cargo de Paula Lema, sorprendendo ao Torrejón que cometeu máis erros que o Zalaeta. Parecía un partido fácil, pero a reacción das rivais non se fixo esperar, e  o segundo set foi á inversa que o primeiro, eficacia en ataque do Torrejón e poucos erros, soamente 2, e baixón das coruñesas que sitúan o marcador en 1-1.

No terceiro continúa o recital local que se impoñen no set coa maior diferenza do partido, 25-12, o peor set das do Instituto que comenten 12 erros, por 4 as madrileñas.

Dous sets moi fáciles que lles poñen o partido na man ás de Canles, pero no cuarto acusan o esforzo e o Zalaeta non pode deixar escapar a opción de puntuar e mesmo gañar o partido. Regrésase ao nivel do primeiro set e con eficacia no saque, 5 ACES, as galegas rendibilizan os 16 erros cometido polas rivais e empatan o partido. Suman un punto e a opción de gañar o tie-break e levar 2 puntos.

Pero non puido ser, no quinto o dominio foi local desde o incio e finalizaron cun 15-8, reparto de puntos, 1 para o Zalaeta, que lle serve para momentáneamente seguir ocupando a mesma posición na táboa.

Máxima anotadora do encontro, Denia Bravo do Torrejón con 16 puntos (5 bloqueos e 5 ACES) seguida de Claudia Santiesteban con 15.

Por parte do Autos Cancela Zalaeta, 14 puntos Susana Suarez e con 13 Alba Quirós e Marta Fraga. Apuntar a ausencia por diferentes causas do as xogadoras coruñesas Tania Cobos, Emma Ordoñez, Nóa Sánchez  e Calíope García.

Terceira derrota da campaña, esta vez ante un rival con aspiracións parecidas ás nosas. Non foi un bo partido o realizado en terras madrileñas, pero polo menos regresamos con 1 punto, que para o nivel mostrado en Torrejón é unha boa colleita.

Tivemos a fortuna de fronte ao comezo do partido, unha mala entrada no partido das locais, serviunos o primeiro set en bandexa a consta de moitas imprecisións á hora de atacar, a recepción funcionáballes pero non definían, o que aos poucos nos permitiu ir afastándonos no marcador.

O segundo e terceiro set foi nosa peor versión do sábado, algo descentradas no campo e acusando en certa medida as baixas que levamos arrastrando 3 xornadas, que permitisen cambiar o aire ás que estaban presentes no campo. Moito erro da nosa parte e inocencia á hora do saque e o ataque fixeron que Torrejón recuperase a confianza e marcase os tempos do partido.

O cuarto foi totalmente ao revés, decidimos arriscar un pouco máis en saque e aí está o resultado, un baixón espectacular en recepción das madrileñas, ponnos o set en bandexa e conseguimos puntuar. No quinto volvemos á tónica negativa do encontro e non opuxemos resistencia a un rival máis constante.

A pesar de xogar o quinto set, ningún foi disputado, nin ningún equipo levo algo máis por mérito senón por demerito do rival.

Con este partido sumamos 10 puntos e encaramos unha saída importantísima a Valladolid o próximo fin de semana para as aspiracións na competición regular.

Fernando Cueto.