/CUESTA PIEDRA STA. CRUZ 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

CUESTA PIEDRA STA. CRUZ 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

 

Segunda xornada de competición de SF2 na que o Autos Cancela desprázase a Tenerife para enfrontarse ao Cuesta Piedra Sta. Cruz. O encontro comeza puntualmente ás 16:30 hora local no Municipal de Tenerife dirixido polo colexiado Pedro Melián, e finaliza cun resultado favorable ás visitantes por 1-3, con parciais 19-25; 20-25; 25-20 e 15-25 (79 -95).

CUESTA PIEDRA SANTA CRUZ Yolanda Amoedo, Dulce Gestoso, Sara González, Idaira Álvarez, María Perez, Lara González, Alba González, Alba Beira, Marlen Martín, Carlota Socas, Lorena Martín e María Gutiérrez.

Adestrador Juan Francisco Hernández.

AUTOSCANCELA ZALAETAPatri Santos, María Pedreira, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Tania Cobos, Lida Gudge, Inés Rivas e Susana Suarez.

Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

Bo comezo de partido das coruñesas que logran impoñerse no primeiro set, mostrando a súa intención de dar a sorpresa na cancha de Tenerife, onde a tempada pasada xa xogaran un gran partido. Unha alta eficiencia en recepción e unha boa porcentaxe de ataque, 12 puntos, adiantan ao conxunto de Barrero no marcador.

O segundo set, moi parecido ao primeiro, anótao tamén o Zalaeta, cun números semellantes ao anterior e cunha mellor na eficiencia no saque, conseguen 4 ACES. No terceiro báixase o rendemento e acúsase a remontada do equipo local que busca a súa oportunidade para meterse no partido e que comete moi poucos erros que lle serven para poñer o 1-2 no marcador e acariñar a posibilidade dun empate que lle permita puntuar na súa cancha.

Pero no cuarto e ao cabo o definitivo, as coruñesas volven tomar o mando do xogo, é o set no que menos fallos cometen e regresan á eficacia dos dous primeiros impoñéndose claramente ao Cuesta Piedra en ataque: 5-13 para finalizar o set 15-25, a maior diferenza do encontro.

Lorena Martín é a máxima anotadora do conxunto local con 12 puntos, seguida de Marlen Martín con 8. Por parte do Zalaeta Alba Quirós con 25 puntos, 22 ataques e 3 ACES, convértese na máxima anotadora de encontro, seguida de Emma Ordoñez con 11 puntos, 9 ataques e 2 bloqueos. Resaltar a boa actuación en recepción de Tania, 79% de 19 e  Paula 56% de 36.

Destacar a ausencia de Marta Fraga e Noa Sánchez que non se desprazaron debido a problemas laborais.

Excelente resultado para o equipo do Instituto que certifica un bo comezo de tempada con 6 puntos de 6 posibles que o sitúan entre os tres primeiros postos da táboa.

…………………………………………………….

Difícil desprazamento o que tiñamos esta segunda xornada, visitabamos Tenerife co que  iso supón, e máis para un equipo xoven. Enfrontabámonos ao terceiro clasificado do ano pasado que segue mantendo o bloque salvo unha atacante. 

  Entramos titubeantes  no encontro, errando moito no primeiro toque, balóns fáciles de defensa que non eramos capaces de contraatacar con facilidade, inercia que cambiamos a mediados de set, ao redor do punto 15 poñémonos por encima e con claridade terminámos levando o set. A medida que fomos sumando puntos en K2 e iamos collendo confianza fomos mellorando o xogo. Este feito demostrouse no segundo set, que empezamos con moita máis seguridade, obtendo xa unha vantaxe, no punto 8 obrigamos ao Cuesta Piedra a pedir o primeiro tempo técnico. Chegamos a ter 9 puntos de vantaxe, dándolle protagonismo as xogadoras mais novas  para obter rodaxe, sendo por iso polo que o set queda máis axustado. 

  No terceiro entramos mal, sen ritmo e sen pegada, moito fallo acumulado que lle dá vantaxe a Tenerife e que a pesar da nosa mellora final quedamos lonxe de poder disputar o set. No cuarto volvemos á boa dinámica e aproveitamos un moi mal inicio das locais para pechar os 3 puntos ao noso favor. En resumo non foi un partido brillante pero sí efectivo, tiñamos ben estudado ao rival e fixémoslle moito dano nos momentos de mellor xogo pola nosa banda. 

  Sumamos 6 puntos nos dous primeiros partidos que serán moi importantes para ter unha tempada tranquila nunha liga que se antolla moi igualada xa na segunda xornada.

Fernando Cueto.