/FINALIZANDO A TEMPADA

FINALIZANDO A TEMPADA

  Van finalizando as competicións da presente tempada, así a Primeira División Feminina realizou a última fase, o Campionato Galego da categoría. 
Laura, Sara, Inés, Emma, Lídia, Elisa, Tania, Ahinoa, Julia, Paula, Raquel, Alejandra, Paula e Noe.
  No torneo, que se celebrou en Carballo organizado polo XiriaVolei no Pavillón Vila de Noia o pasado domingo, o equipo Autos Cancela Zalaeta proclamouse subcampión despois de vencer en semifinais ao CV Bruxas e pasar á final para enfrontarse ao Caldaria VoleiOurense, que finalmente alzouse co título de Campióas Galegas, despois dun disputado partido, que finalizou cun resultado de 3-2 e no que as coruñesas remontaron un 2-0 para caer no quinto set: 25-23; 25-23; 15-25; 17-25 e 15-10.
A segunda final xogaronna o equipo anfitrión, AD Xiria Asesoría Cervantes e CV Bruxas, con triunfo para as de Santiago por 3-1, 24-26; 24-26; 25-21 e 21-25.
  O resto de equipos en competicións autonómicas, o conxunto infantil CV Zalaeta de 1ª Div., quedou fóra da loita polo título despois de caer co EMEVE 3-1 na 2ª Fase
  Sextas na fase regular, as coruñesas cederon unha axustada vitoria ante as lucenses que lles impide pasar á final, pero conservan a categoría, obxectivo fundamental, e continúan un ano máis na 1ª División Autonómica. 
  Pola súa banda, o equipo Cadete de 2ª Div., atópase nas semifinais da Fase  de Ascenso. Obtivo unha vitoria importante no seu enfrontamento co Dompa Xestión, ao que derrotou pola domicilio por 1-3, e agora verase as caras co  IES de Ames o próximo día 6 na cancha do Instituto Zalaeta.
  E mentres tanto, as máis pequenas continúan a súa competición en Monte dás Moas, a competición de Deporte en Idade Escolar Xogade, continuará durante o mes de Maio, e nos partidos do pasado sábado, o Zalaeta A impúxose ao Liceo A por un resultado de 2-1, con parciais 15-12; 11-15 e 15-12. E nun segundo partido ao Xiria por 3-0.
ETIQUETAS: